Deportes
O colectivo Os Correcamiños 4x4, de Foz, organiza a décimo novena edición da Rota Montes da Mariña para vehículos todoterreo. Haberá actividades desde o venres 1 ata o domingo 3 de novembro.
Para o venres están programadas estas actividades: recepción de participantes, verificación de documentacións e entrega de dorsais, briefing de benvida con unha pinchada e proxección do vídeo da ruta.
O sábado desenvolverase a ruta turística Montes da Mariña, duns 100 quilómetros con múltiples especiais de diferente dificultade, todas elas vixiadas pola organización e alternativa segura. Haberá café de campaña, comida (picnic) para os participantes e habilitarase un punto do percorrido en caso de previsión de mal tempo. E rematará a xornada cunha cea de grupo.
E o domingo no circuíto Os Correcamiños 4x4 haberá probas de...
leer másEn vista do interese por participar nesta actividade, o Concello de Barreiros modifica as bases das Escolas Deportivas Municipais para que a rapazada de 13 e 14 anos tamén se poida anotar en skate. O inicio da actividade está previsto para o xoves 7 de novembro e impartirase todos os xoves de 16:00 a 17:15 horas no pavillón do CEIP San Miguel de Reinante.
“As persoas interesadas podedes inscribirvos nas oficinas do Concello, onde se vos facilitará a folla de inscrición ou tamén través da sede electrónica municipal ata cubrir as prazas”, explica o Concello de Barreiros.
Ribadeo acollerá a vindeira fin de semana o Norteo, o I Torneo de Baloncesto Interautonómico de Veteranas, que organizan as Federacións Galega e Asturiana de Baloncesto e coa colaboración do Concello de Ribadeo e CB Ribadeo.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “os vindeiros 26 e 27 de outubro Ribadeo vivirá en primeira persoa a estrea dunha cita na que xogadoras veteranas, chegadas de Asturias e da propia Galicia, abrirán a temporada desfrutando do deporte, da confraternización e amosando os valores do baloncesto máis alá da pista”.
E sinalou que “cinco equipos galegos e tres asturianos protagonizarán dúas xornadas ben completas, cun total de 12 encontros repartidos entre o pavillón polideportivo e o pavillón de deportes. Os encontros terán lugar o sábado 26 en horario de mañá (11:00 e...
leer másSegundo informan desde o Concello ata o 30 de xuño o horario de inverno do ximnasio municipal será o seguinte: luns, mércores e venres de 10 a 13 horas; e de luns a venres de 18 a 22 horas.
O ximnasio municipal está situado na Avenida Deputación, 3 (fronte ao pavillón polideportivo municipal).
O colectivo cultural Ollomao, de Barreiros, anuncia que o día 10 de novembro, domingo, disputarase a sexta edición da Carreira Ao Son do Masma, a última do Circuíto +Kms Barreiros. As actividades empezarán ás 10:30 horas co inicio dunha andaina, ás 11:00 empezarán as carreiras dos nen@s e ás 12 do mediodía será a saída da carreira de absolut@s.
“Xa descansados do inigualable VIII Trail Monte Comado, agora toca rematar cunha carreira máis tranquila nun entorno relaxado como é Río Masma ao seu paso por Celeiro de Mariñaos”, explica Ollomao.
As inscricións están abertas en www....
leer másO club de billarda Troitas Bravas, da Pontenova, organiza a décimo terceira edición do Aberto do Ferro este domingo, día 20 de outubro, desde as 11 da mañá no Campo da Mina.
“Lembrade que este vindeiro domingo día 20 , volta a Liga Nacional de Billarda á Pontenova. Agardámosvos no Campo da Mina para disputar o XIII Aberto do Ferro . Se queredes formar parte desta tolemia indíxena non faltedes á cita. Se queredes participar tedes que estar alí antes das 11:00 horas. Atrévete a probar!”, anuncia o club Troitas Bravas.
A Unión Deportiva Folgueiro, do Vicedo, estreará o novo campo Boavista con dous partidos de fútbol, churrascada, música a cargo dun DJ e sorteos este sábado, 19 de outubro.
“Despois de case un ano, este sábado 19 estreamos o novo campo de Boavista cos partidos dos nosos dous equipos: en categoría sénior ás 16:00 horas contra o Celta Barreiros; e en categoría xuvenil contra o Burela SD ás 18.30 horas. E despois disto haberá churrascada e música para todos os asistentes”, anuncia a UD Folgueiro.
A sétima edición da Marcha Xoviética de bicicletas todoterreo celebrarase este domingo, 20 de outubro, en Xove.
A organización corre a cargo do Club Ciclista Komando Xoviético, que explica que é unha proba deportiva “para todos os públicos e amantes do ciclismo de montaña. Trátase dunha marcha non competitiva, apta para todos os niveis”.
A entrega de dorsais e bolsa de corredor será o día da proba de 8:30 a 9:15 horas no Pavillón do Concello de Xove. A saída da proba será ás 9:30 horas, a ruta é de aproximadamente 37 quilómetros e 1.200 metros de desnivel acumulado.
As inscricións fanse a través da páxina web https://fgalegaciclismo.es/ e o prazo remata este mércores, 16 de outubro.
O Concello de Trabada presenta a última das rutas programadas este ano coa colaboración da asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso. O día 10 de novembro, domingo, chega a quenda da Ruta da Fraga da Becerreira, un percorrido de seis quilómetros de dificultade media-baixa.
A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello e ó finalizar a ruta haberá comida para tódolos asistentes. As prazas son limitadas e as inscricións pode facerse ata o 5 de novembro no teléfono do Concello: 982.135.011.
Desde xuño ata novembro realizáronse as cinco rutas de sendeirismo coas que se conta no concello de Trabada: Ruta da Subida ó Picato, Ruta da Fraga da Vilapena, Ruta do Vento, Ruta do Monte Roxal-Teixido e Ruta Fraga da Becerreira.
“Quero agradecer a receptividade e a alta participación nas...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de rutas polo Baixo Miño para os días 26 e 27 de outubro, sábado e domingo.
O sábado sairán do Cantón de Vilanova de Lourenzá ás 06:30 horas e percorrerán desde Lamas de Mouro ata Castro Laboreiro, en Melgaço (Portugal), cunha distancia de 7,3 quilómetros e dificultade media.
E o domingo farán a ruta de Tui a Caldelas de Tui, con 7,4 quilómetros e dificultade baixa.
Os prezos son de 140 euros para os socios do colectivo organizador e de 165 euros para os quen non son. “Inclúen desprazamento ida e volta en autobús, xantar de mediodía do sábado e o domingo, cea do sábado, almorzo do domingo pola mañá e pernoita da noite do sábado para o domingo. Faremos unha parada para almorzar na viaxe de ida (esa comida non se...
leer más