Deportes
Este domingo, día 24 de novembro, o concello de Barreiros acollerá no campo de fútbol de As Valgas (San Miguel de Reinante) o Campionato Comarcal da Mariña de Campo a Través para as categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete.
A proba está organizada pola Agrupación Deportiva da Mariña no marco do programa Xogade, da Xunta de Galicia, e conta coa colaboración do Concello de Barreiros, Protección Civil de Barreiros, Eroski Barreiros e Iberia Club de Fútbol.
O pavillón polideportivo da rúa Alfredo Deaño, de Ribadeo, acolle este domingo, 24 de novembro, desde as 11 da mañá dúas xornadas da Liga Regular Prebenxamín de hóckey liña.
Na cita participarán equipos chegados da Coruña, de Lugo e de Ourense. No pavillón mediranse os Rollers, os Tiburóns, os Lóstregos, Meigas e Brigantiums e os Trasnos, de Ribadeo.
O evento está organizado polo Club de Hockey Isla Pancha coa colaboración do Concello de Ribadeo, a Federación Galega de Patinaxe, Deporte Galego e Xunta de Galicia.
Este domingo, 17 de novembro, terá lugar a III Marcha de BTT organizada pola Asociación Deportiva Augas Santas de Barreiros.
Trátase dunha proba deportiva non competitiva de bicicleta de montaña que discorre por pistas e sendeiros na contorna do concello de Barreiros. A ruta pasará por puntos moi fermosos como son a fraga do Santo Estevo do Ermo, o xacemento de A Roda e subirá aos cumios de Penabor e Comado.
A saída darase ás 9:30 horas desde a pista de Pádel en San Miguel de Reinante e as e os participantes deberán cubrir unha distancia de 34 km e 1.100 metros de desnivel positivo. Segundo sinalan desde a asociación organizadora, “Ao non ser unha proba competitiva, haberá variantes ben sinalizadas nos puntos de maior dificultade para que todo o mundo poida gozar da xornada sen verse limitado pola súa destreza ou...
leer másAta o 26 de decembro estará aberta a inscrición para participar na XXXIV San Silvestre de Ribadeo, que foi presentada polo alcalde, Dani Vega, pola concelleira de Seguridade, Montse Seijo, polo concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e polo técnico de Deportes, Iván Rodríguez.
O edil ribadense contou que “hoxe ábrense as inscricións para participar na trixésimo cuarta San Silvestre, que terá lugar en Ribadeo o último día do ano. As persoas que queiran participar poden anotarse ata o 26 de decembro en www.championchipnorte.com”.
Silvent explicou que “a saída da mini San Silvestre, para nenas e nenos menores de 4 anos, terá lugar ás cinco menos vinte da tarde; a saída para os pícaros de 4 a 7 anos será ás cinco menos cuarto. A milla para rapazas e rapaces de...
leer másRibadeo acollerá o vindeiro domingo, 17 de novembro, a 2ª Preparatoria Cros A Mariña. A proba está organizada por Xogade e pola Xunta de Galicia, que contan coa colaboración de Deporte Galego, Gadis, Clun, Club Atletismo Ribadeo e Concello.
O evento foi presentado esta mañá en Santa Cruz coa asistencia de Manuel Otero, xefe do Servizo Provincial de Deportes; Ana Ferradás, presidenta do Club Atletismo Ribadeo; Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes; e Iván López, técnico municipal de Deportes.
O edil de Deportes contou que “na proba, que se desenvolverá na Área Recreativa de Santa Cruz, daranse cita arredor de 250 participantes. A saída está prevista para as 11 da mañá, a carón do monumento ao gaiteiro”.
Silvent engadiu que “queremos aproveitar para o uso deportivo a Área...
leer másO día 23 de novembro, sábado, disputarase no Pavillón Municipal de Lourenzá a segunda edición do Trofeo de Niveis de Patinaxe Artística A Mariña.
As Escolas Deportivas do Concello de Lourenzá anuncian: “o 23 de novembro tedes unha cita coa sección de patinaxe das escolas, no pavillón de Lourenzá, en horario de mañá (10:00h-14:00h) e de tarde (16:00h-20:00h). Este ano é moi especial xa que temos representación de moitos lugares de España, sendo un total de 105 participantes”.
Os equipos asistentes son: ACD Xove, Club Anca, Rodando Corrales, Rodando Polanco, CP Langreo, CP Castrillón, CP Renedo/Cigales, Escola Lubiáns, CP Fervello, CP Enxebre e ED Lourenzá.
“Estamos moi agradecidos a tódolos participantes e, como non, aos establecementos colaboradores e patrocinadores, posto que sen eles...
leer másMáis de 200 persoas xa están inscritas na sexta edición da carreira popular Ao Son do Masma, última proba das seis que compoñen o circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros e que terá lugar este domingo, 10 de novembro desde as 10:30 horas nas escolas de Celeiro de Mariñaos.
O prazo de inscrición estará aberto ata este xoves 7 de novembro a través da web oficial do circuíto: www.maiskmsbarreiros.gal. A proba conta con categoría adulta (salmóns), sub-16 (sollas), sub-14 (lampreas), sub-12 (anguías), sub-10 (reos), sub-8 (troitas) e pitu@s (troitiñas). Todas as categorías de menores son con inscrición gratuíta.
A saída da andaina, que terá...
leer másO Concello de Foz anuncia que “a concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, e Vanesa Ares, alma do Foz Contact Ari, presentaron a V Arenka Fight Night. Unha nova velada de kickboxing que se celebrará no pavillón de Marzán o vindeiro sábado, 9 de novembro, a partir das 19:30 horas. Os nosos loitadores e loitadoras subiranse ao ring coa máxima das ilusións para enfrontarse a representantes da costa sur galega. Non perdas a oportunidade de gozar do deporte de contacto en Foz”.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza percorrido pola Ruta dos Castelos, no entorno da Frouxeira (Alfoz), para o día 9 de novembro, sábado. A distancia a percorrer son nove quilómetros e a dificultade é media. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante de Ferreira do Valadouro.
A saída será ás 09:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 7 de novembro, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 658.09.71.33 (Javier). O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 10 de novembro, domingo, a ruta de Cabo Prior a Lavacerido, na provincia da Coruña. A saída desde Foz será ás 07:00 horas e ás 07:15 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 6 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo e destaca que é “una bonita ruta por la Costa Ártabra, zona de Ferrol; son 13 kilómetros cómodos de caminar...
leer más