Maragatos
A Oficina de Turismo de Ribadeo acolle a exposición titulada Os maragatos da Porta de San Pedro, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Pérez-Carro e que estivo aberta anteriormente en diversas cidades e vilas de toda Galicia. Esta mostra, que estará na vila ata o 5 de xuño, foi inaugurada polo alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. No acto tamén participou o ex alcalde ribadense José Carlos Rodríguez Andina.
A exposición está composta por doce paneis en galego e castelán e recolle un resumo da historia da familia Pérez-Carro, asentada en Lugo desde 1880, e o seu importante papel comercial e social na cidade no decurso destes 145 anos. Os contidos da exposición están recollidos no catálogo que se entrega gratuitamente aos visitantes.
Cara a 1880, a primeira...
leer másO Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA), en Foz, acolle ata o día 23 de maio a exposición titulada Os maragatos da porta de San Pedro. Está organizada polo Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro e estivo anteriormente en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Ourense, Monterroso, Mondoñedo e Lourenzá.
No acto de inauguración participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto; o segundo tenente de alcalde, Ángel Fernández; a técnica de Cultura, Pilar López, a xerente do Centro Comercial Aberto de Foz , Ana Segade; e Xulio Xiz en representación de Egeria.
O auditorio municipal Pascual Veiga, de Mondoñedo, acolle desde este martes ata o día 25 de abril a exposición titulada Os maragatos da Porta de San Pedro. No acto de inauguración participaron Manuel Ángel Otero, alcalde de Mondoñedo; Félix Villares, deán da Catedral de Mondoñedo; e Xulio Xiz, presidente de Egeria.
A exposición, que poderá visitarse ata o 25 de abril, "está composta por doce paneis -en galego e castelán- e recolle un resumo da historia da familia Pérez-Carro, asentada en Lugo desde 1880, e do seu importante papel comercial e social na cidade no decurso destes 145 anos. Os contidos da exposición están recollidos no catálogo que se entrega gratuitamente aos visitantes", explican os organizadores.
Vilanova de Lourenzá albergará unhas xornadas sobre sociedade, economía e cultura maragatas os días 3 e 4 de maio. É a primeira edición deste evento que se celebrará en Maragata Casa, que está na avenida de Mondoñedo, número 18.
As actividades desenvolveranse o venres 3 de maio a partir das 19:00 horas e o sábado 4 de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas. Inclúen a proxección dun vídeo, catro relatorios e unha ruta por Vilanova de Lourenzá.