Aula UNED
A Aula Universitaria da UNED de Foz presenta a súa programación formativa para o mes de febreiro, cunha oferta de cursos dirixidos a opositores, estudantes e público en xeral, que combina formación xurídica, lingüística, ambiental e de benestar persoal.
“Entre as actividades programadas destaca o Curso para opositores: Nocións fundamentais sobre a Constitución Española de 1978 e a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que será impartido pola docente Inés García Balseiro, avogada e formadora. O curso desenvolverase do 9 ao 12 de febreiro, cunha duración total de 30 horas. Tamén dará comezo o Curso de Inglés A2, impartido pola profesora e habitual colaboradora da Aula Universitaria da UNED de Foz, Leticia Veiga Lestegás, cunha duración de 30 horas online, desde o 9 de...
leer másA Aula Universitaria da UNED de Foz celebrará o vindeiro 14 de xaneiro, mércores, ás 16:00 horas, o Roteiro Interpretativo Aves Invernantes, unha actividade aberta ao público e de carácter gratuíto. A iniciativa estará guiada por Pedro Rolle, especialista en biodiversidade, quen acompañará ás persoas participantes nun percorrido divulgativo polo entorno natural da vila. O punto de encontro situarase na entrada de Foz, desde onde a comitiva se dirixirá aos arredores de Vilaxoane. “O roteiro presenta unha dificultade baixa, un trazado aproximado de 3 quilómetros e unha duración estimada de dúas horas”, anuncia a Aula Universitaria da UNED de Foz, que engade: “esta acción formativa ten como finalidade principal a observación e identificación das distintas especies de aves invernantes que, procedentes do norte de Europa, permanecen na comarca durante...
leer másA Aula Universitaria da UNED de Foz vén de presentar a súa programación de actividades para o mes de novembro, cunha oferta que “combina a posta en valor do patrimonio natural da comarca e a aprendizaxe práctica de habilidades creativas”.
A primeira proposta leva por título Outono nas ribeiras do río Ouro e terá lugar o xoves 13 de novembro de 16:00 a 18:00 horas cun roteiro interpretativo de 3 quilómetros de percorrido. A saída será dende a área recreativa de Fazouro. Trátase dun paseo guiado pola desembocadura do río Ouro no que se falará da flora e da fauna outonal que habita neste ecosistema, así como das súas particularidades e curiosidades. O roteiro estará guiado por Pedro Rolle, bombeiro forestal, experto en biodiversidade da zona e autor do caderno Flores de primavera do Valadouro. A actividade é de balde, mais...
leer másA Aula Universitaria da UNED de Foz presenta un mes de outubro con tres propostas abertas á veciñanza, combinando cultura, ecoloxía e lecer para todas as idades. Serán os días 16, 20 e 24.
O xoves 16 de outubro de 16:30 a 18:30 horas celebrarase a ruta turística Foz, sabor a mar, un paseo guiado a cargo de Ana Pena, de Guía tu día, guía turística nativa de Foz. A actividade, organizada en colaboración coa Concellería de Turismo, “permitirá coñecer o pasado mariñeiro da vila e afondar na súa identidade costeira, ofrecendo unha nova mirada sobre o patrimonio local”.
A concelleira de Turismo, Katy Navarro, salienta que “esta iniciativa amosa o valor de traballar de forma coordinada entre as diferentes áreas do Concello e a Aula Universitaria da UNED. A unión de esforzos permítenos poñer en valor os recursos...
leer másA Aula Universitaria da UNED en Foz inicia o curso académico 2025/2026 cunha programación de xornadas informativas abertas á comunidade, que teñen como obxectivo dar a coñecer a oferta académica e os recursos que a universidade pon á disposición do seu estudantado. O primeiro encontro celebrarase o 29 de setembro, en formato presencial na propia Aula de Foz e tamén en liña. A coordinadora da aula, Marta Muíña Rodríguez, explicará cuestións como a oferta académica, os servizos de apoio, os recursos dispoñibles, as vantaxes de estudar na UNED e o modelo de aprendizaxe semipresencial. “Queremos que todo o estudantado coñeza ben como funciona a nosa aula e como pode sacar o máximo proveito dos recursos. A información clara e directa é clave para unha mellor experiencia universitaria”, sinala Muíña.
A segunda sesión terá lugar no Centro...
leer másA Aula Universitaria da UNED de Foz pechará o seu curso académico cunha actividade aberta á comunidade educativa e ao público en xeral: unha ruta interpretativa sobre as plantas silvestres da primavera. Terá lugar o día 15 de maio, xoves, ás 17:00 horas con saída da Igrexa de San Acisclo, e será guiada por Pedro Rolle, natural do Valadouro e experto en biodiversidade, quen tamén é o autor do caderno presentado na Casa da Cultura recentemente Flores de primavera do Valadouro, que servirá de guía neste roteiro, ademais de estar enmarcado na liña formativa que Rolle vén de impartir tamén nas aulas da UNED de Foz, sobre plantas medicinais.
“A ruta, de baixa dificultade e cunha distancia aproximada de 2 quilómetros, está deseñada para ofrecer unha experiencia educativa na natureza. Durante o percorrido os participantes terán a...
leer másA Aula Universitaria da UNED en Foz dá a coñecer a súa programación de actividades para o mes de abril, que inclúe catro cursos de extensión universitaria e dous eventos culturais abertos á comunidade. A oferta formativa busca responder ás necesidades sociais e educativas da contorna, con temáticas que van dende os primeiros auxilios ata a literatura e a sustentabilidade.
A coordinadora da Aula Universitaria da UNED en Foz, Marta Muiña, explica que “os cursos de extensión universitaria están deseñados para ofrecer formación especializada e aplicada en áreas de gran demanda. O noso obxectivo é achegar o coñecemento á cidadanía e proporcionar ferramentas útiles tanto para o ámbito profesional como para o desenvolvemento persoal”.
O primeiro curso que se impartirá será Primeiros auxilios e coñecemento do DEA en...
leer másA Aula Universitaria da UNED en Foz lanza a súa programación de actividades para o mes de marzo, cunha variada oferta formativa que abrangue desde a ilustración ata a sustentabilidade, pasando polo estudo da Constitución, o benestar persoal e a presentación dun caderno sobre a flora local.
A primeira actividade será o curso de iniciación á ilustración, que comezará o 6 de marzo e impartirase os xoves de 16:30 a 19:00 horas, mentres que o curso de introdución á sustentabilidade e á economía circular dará inicio o mesmo día e desenvolverase tamén os xoves, de 17:00 a 19:30 horas. “A oferta formativa da UNED de Foz abrangue un amplo abano de temáticas e públicos, desde persoas cunha especialización concreta ata aquelas que simplemente queren explorar novos coñecementos sen ningún límite de idade. Animamos á cidadanía a non poñer barreiras á...
leer másA Aula Universitaria da UNED de Foz anuncia a súa variada programación de cursos para o mes de febreiro, con actividades orientadas a promover a aprendizaxe e o desenvolvemento persoal e profesional. A oferta inclúe seis propostas formativas que buscan responder ás necesidades da comunidade e fomentar a participación activa na educación continua.
A coordinadora da Aula, Marta Muiña, destaca: “o noso obxectivo é achegar propostas formativas de calidade que aborden tanto o desenvolvemento académico como o persoal. Cada unha destas actividades foi deseñada pensando na súa aplicabilidade e no impacto positivo que poden xerar na vida dos participantes”.
Pola súa banda, Elena Martínez, concelleira de Educación e responsable da Aula Universitaria, subliña a importancia destas iniciativas: “nun entorno en constante cambio...
leer másA Aula Universitaria da UNED de Foz comeza o ano 2024 con dúas actividades destacadas que combinan ciencia e cultura, dirixidas tanto ao público xeral como á comunidade educativa. A programación para xaneiro inclúe unha charla médica sobre neuropsiquiatría e un encontro informal para practicar inglés.
A coordinadora da Aula Universitaria da UNED de Foz, Marta Muíña, destaca a importancia destas actividades para achegar o coñecemento á cidadanía: “queremos ofrecer á nosa comunidade propostas que sexan útiles, enriquecedoras e accesibles. Con estas iniciativas, buscamos fomentar tanto o coñecemento científico como o intercambio cultural, sempre dentro dun ambiente participativo.”
A primeira cita terá lugar o día 14 de xaneiro e trátase dun Café Conversa en inglés, unha actividade dirixida a persoas cun nivel...
leer más












