Foz
A asociación Os Sendeiros de Foz colocará o seu tradicional Belén de Cumes o vindeiro domingo, 19 de decembro, na Frouxeira.
A saída será ás 16:00 horas, de Foz, diante de Belianorte. O desprazamento farase en coche ata a base de A Frouxeira, en Santa Cilla, e desde alí subirase camiñando ata a cima onde quedará instalado o belén durante todas as festas.
As persoas interesadas en participar deberán anotarse ata o venres 17 de decembro nos teléfonos: 606 718 482 e 670 369 017. A actividade é gratuíta.
A organización recomenda aos participantes levar figuriñas para facer o belén de maiores dimensións.
O Concello de Foz colabora na organización deste evento.
O grupo teatral O Centiño, de San Martiño, organiza a quinta gala benéfica co fin de recadar fondos para Cáritas, que se celebrará o 19 de decembro ás 19:00 horas na Sala Bahía, de Foz. Contan coa colaboración do Concello de Foz.
Nesta gala o grupo de teatro Axóuxeres, de Vilaronte, representará a obra Cousas de Mulleres. Ademais actuará cun monólogo Luis Miguel Yáñez do grupo de teatro Raiolas de Alfoz.
A entrada será gratuíta e no intermedio recadaranse os donativos para Cáritas.
A biblioteca pública municipal Salgado Toimil, de Foz, amplía o seu horario, desde o vindeiro luns, día 13 de decembro.
A tenente de alcalde e concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, explica que “a biblioteca manterá abertas as súas portas en horario de mañás de luns a venres de 8.30 a 14.20 horas e en horario de tardes de luns a xoves de 15 a 20 horas. Isto resulta posible grazas a que o Concello vén de cubrir unha baixa no persoal adscrito á biblioteca a través da bolsa de emprego. O servizo de biblioteca en horario de tardes é moi demandado, tanto por aqueles que non poden acudir ao servizo de préstamo polas mañás -entre os que están todas as nenas e nenos, en xornada lectiva- como polos estudantes de oposicións ou carreiras universitarias. Estamos traballando para continuar mellorando o servizo, pero polo momento as tardes dos...
leer másO alcalde de Foz, Fran Cajoto, anuncia o acendido do alumeado de Nadal para este venres, día 3 de decembro, ás 18.30 horas cun evento denominado Bright Friday (Venres Luminoso). Terá lugar na Glorieta de Vilalba, debaixo da árbore, coa actuación musical do director da Escola Municipal de Música, Felipe Sánchez, se as condicións meteorolóxicas o permiten.
A tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Inés López Couto, destaca “o gran traballo realizado pola empresa contratada para a instalación das lucense de Nadal e os operarios e técnicos municipais, que están a ultimar grilandas, adornos e lámpadas para que Foz brille na noite deste venres. Pouco a pouco imos mellorando. Creemos no Nadal e na ilusión que lles fai aos máis cativos e o importante que é tamén para o comercio local. Continuamos a engalanar todas as parroquias e dispuxemos...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta por A Pontenova que terá lugar o 12 de decembro, á Fraga das Reigadas.
A saída será ás 8:30 horas de Foz, diante de Cenor, e ás 8:45 desde Ferreira. O percorrido ten unha lonxitude de 12 quilómetros e rematará en a Tenda de Manolo.
Para participar é obrigatorio anotarse, antes do 10 de decembro, a través dos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou do e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prezo é 25€ para os socios federados, 29 euros para os socios non federados e 33€ para os socios temporais. Inclúese o xantar que, se a situación sanitaria o permite, terá lugar en Lar de Balbina en A Pontenova.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e mascarilla e informa que a ruta ten un nivel de...
leer másO Concello de Foz, en colaboración coa ACIA-CCA, organiza unhas xornadas gastronómicas dedicadas ao porco celta do 4 ao 6 de decembro. Foron presentadas hoxe, martes, polo alcalde, Fran Cajoto; o concelleiro de Turismo e Asuntos Económicos, Chema Linares; e o presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo.
Na presentación anunciaron que “nesta xornadas, co lema Ponte… a gusto, durante a ponte da Constitución poderemos degustar diversos pratos e tapas baseadas no porco celta en diferentes establecementos hostaleiros de Foz. Animamos a todas e todos a acudir á vila e degustar un bo raxo, un churrasco e outras preparacións elaboradas con carne de porco celta”.
A próxima fin de semana -venres 26 e sábado 27 de novembro- na Libraría Bahía, de Foz, celebran a segunda fin de semana solidaria.
Desde o establecemento explican que “o 10% das vendas destes dous días ímolo destinar a achegar un libro ás nenas e nenos con menos recursos do concello de Foz. En colaboración cos Servizos Sociais, cada unha delas terá un cheque regalo co que se poderá achegar á libraría a escoller o libro que máis lles guste”.
E engaden: “este é o segundo ano que levamos adiante esta acción e con ela pretendemos mandar unha mensaxe solidaria que consideramos necesaria: merquemos pensando tamén nos demais, sempre”.
Para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero o Concello de Foz organiza unha concentración este xoves, día 25, e colabora nun taller destinado a pais e nais, que terá lugar o domingo 28.
“Dende a Delegación de Muller e Igualdade do Concello de Foz lanzamos este ano a campaña Foz non cala ante a violencia de xénero, sumándose así á conmemoración do 25N. O obxectivo é concienciar á poboación da importancia dunha educación en igualdade, respectuosa e afectiva”, anunciou a concelleira Ana Rojo, quen engadiu que “o Concello vén de colaborar cos nenos e nenas e a Anpa do colexio N° 1; coa temática do día 25N o alumnado de cada curso plasma a modo de debuxos a denuncia e rexeite desta lacra, destacando unha convivencia afectiva e respectuosa. Os traballos están expostos en comercios de Foz e parte deles poderán verse nun...
leer másA asociación O Noso Foz e o Concello están dando as últimas pinceladas á gala que este sábado, día 20, dará a coñecer o nome do rei do Entroido de Foz.
A xornada estará chea de actividades dende o mediodía, no que as charangas comezarán a animar as rúas ata a hora do xantar, para o que a ACIA local e os hostaleiros se prestaron á elaboración de menús para que o Entroido estea presente en toda a vila. A concelleira de Cultura, Inés López Couto, quere “darlle as grazas ao comercio e hostalería focense, por prestarse sempre a colaborar e atender as nosas propostas. Neste caso os menús carnavaleiros estarán presentes no Chícaro, Xoyma, Tangarte, Portochico, O Rincón do Mis, Dandy, As Brasas, O Lar e Casa Damián.”
Ás 17 horas retomarase de novo a música polas rúas e na carpa instalada na praza Conde de Fontao, tamén ás...
leer más












