Foz
As Casas Reais dos Magos de Oriente e o Concello de Foz asinaron un convenio interadministrativo para facilitar a entrega de agasallos ás nenas e nenos focegos neste Nadal 2020 a pesar das restricións horarias pola pandemia.
Nun contexto especialmente duro pola crise sanitaria, que provocou moitas dificultades ás pícaras e pícaros focegos, e tendo en conta que o comportamento das nenas e nenos de Foz foi excelente, salvo casos moi puntuais e en contadas ocasións, as Administracións asinaron este acordo para facilitar a entrega de agasallos.
Os asinantes analizaron e trataron en profundidade as dificultades do horario de restrición de mobilidade ás 23 horas e as escrupulosas medidas sanitarias para evitar a expansión do COVID, que ralentizan a entrega de agasallos en todo o mundo. Por este motivo o Concello de Foz...
leer másO vindeiro luns, 28 de decembro, ás 20:00 horas na Confitería-Cafetería Xoyma, de Foz, terá lugar a presentación da novela de Pepe Peinó "A Solo no le gustaba su nombre". Esta presentación ía levarse a cabo no pasado mes de marzo e tivera que ser suspendida co gallo da corentena provocada polo coroavirus. Despois de 8 meses de espera, dita presentación poderá celebrarse.
Falarán Pepe Peinó e o lingüista Bernardo Penabade e actuará a cantante Almudena Cuadrado.
No acto respectaranse todas as medidas de seguridade prescritas para estas épocas de pandemia.
Os Reis Magos de Oriente, en colaboración con operarios municipais do Concello de Foz, procederon á colocación de 12 buzóns para facilitar a achega de cartas ás nenas e nenos de todo o municipio.
O rei Melchor incidía na importancia de que os buzóns estean preto das casas, repartidos por todo o concello, para que os desprazamentos sexan os mínimos debido aos protocolos polo COVID que hai que cumprir este ano. Así, dispuxéronse catro buzóns repartidos polo casco urbano e outros oito, un por parroquia, para que todos os rapaces teñan a posibilidade de enviar as súas peticións.
O rei Gaspar aplaudía o ben que están a levar as medidas todos os pequechos, xa que puido observar que sempre saen á rúa coa máscara posta. E Baltasar lembrou que terán en conta os comportamentos durante todo o ano, pero tamén as dificultades...
leer másPresentado o programa DIVERFOZ para estas datas de Nadal, a cargo da concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas.
Desde este departamento sinalaron que “levamos meses cunha situación epidemiolóxica que provoca que non poidamos realizar algunhas das actividades habituais, pero desde a Delegación de Xuventude e Deporte non renunciamos a ofertar programas como Aberto x Vacacións ou as Escolas Deportivas Municipais. A organización e desenvolvemento destas actividades supón un esforzo e responsabilidade maior, pero cremos que o deporte, así como o desenvolvemento persoal e social na infancia e na mocidade, é esencial para o presente, pero tamén para o seu futuro. Por este motivo, a pesar da complexa situación, continuamos co reto de ofrecer actividades que agardamos sexan atractivas e nas que poñemos moita ilusión”.
... leer másA concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o domingo 27 de decembro poderase gozar en Foz da mellor música. O grupo Suakai levará ao escenario da sala Bahía a mellor música en directo, con instrumentistas ao máis alto nivel. O espectáculo, que leva por nome Luces, música, ¡acción!, traslada a emoción do cine á sala focense con bandas sonoras orixinais en directo.
Inés López explica que “nos 75 minutos que dura o público poderá gozar dunha viaxe a través das bandas sonoras máis relevantes e atractivas da historia do cine. Todas elas acompañadas de imaxes e luces, sincronizadas coma na gran pantalla”.
A edil de Cultura recomenda “a asistencia ao acto central da nosa programación de Nadal, que está cargada de pequenas sorpresas para todos, pequenos e grandes, pero con este concerto queremos achegar á...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza, un ano máis, o seu belén de cumes o vindeiro domingo, 20 de decembro, e nesta ocasión será no pico de Cornería.
A saída será da capela do Carme de San Martiño ás 9:30 horas.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 18 de decembro nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017. A actividade é de balde e inclúe o seguro de accidentes.
Os asistentes poden levar figuriñas para facer un belén de maior tamaño.
O Concello de Foz colabora na organización deste evento.
A concelleira de Cultura focega, Inés López Couto, anuncia que “comezan a encherse os días de actividades en Foz, despois do pequeno adianto destas semanas pasadas, co acendido das luces de Nadal antes da ponte da Constitución e coa obra de teatro do grupo O Centiño, que tivo unha dobre finalidade: a de achegar un pouco de ledicia a todos e facer unha recadación solidaria”.
Inés López especifica que “coma todos os venres e sábados, DJ Popy seguirá amenizando as compras nas rúas focegas coa súa música. O Concello sigue animando a todo o mundo a comprar no comercio local. E a Delegación de Cultura organiza para este venres, día 18, un recital musical de poemas inéditos de Xosé Neira Vilas, chamado Cantos de Amor; poderase desfrutar del ás 20 horas na Casa da Cultura. O sábado comezarán a chegar os elfos de Papá Noel, que durante a mañá...
leer másO vindeiro martes, 15 de decembro, ás 17 horas na Casa da Cultura de Foz terá lugar unha charla coloquio sobre a prospección e as sondaxes arqueolóxicas valorativas no xacemento do Carreiro, en Marzán.
Este acto, xunto coas conferencias sobre este mesmo tema que se desenvolverán no IES de Foz, teñen como obxectivo poñer en valor os resultados das prospeccións promovidas polo goberno autonómico no xacemento do Carreiro, en Marzán, a carón mesmo do paseo marítimo entre Rapadoira e Llas. Cun patrimonio moi rico en castros e asentamentos de época prerromana e romana, Foz conta con xacementos tan coñecidos como o Castro de Fazouro. O achado neste caso de restos de cerámica permite situar as estruturas descubertas nun contexto histórico, o que facilitará o traballo dos investigadores.
A charla será dirixida polo...
leer másO Concello focense promove o comercio local en colaboración coa ACIA-Centro Comercial Aberto nunha campaña de agasallos este venres e sábado, dentro do programa IMPULSA FOZ.
O concelleiro de Turismo e Asuntos Económicos, Chema Linares, traslada a súa preocupación polo pequeno comercio local: “somos coñecedores das dificultades que están a pasar os comercios nesta crise. Cremos que esta campaña, na que colabora a ACIA local, é un aliciente para que máis xente se achegue a Foz a realizar as súas compras: con precaución sempre, pero máis que nunca temos que pensar en axudar a todas as nosas veciñas e veciños autónomos que teñen unha pequena tenda e esquecernos por un momento das grandes plataformas dixitais multinacionais”.
Chema Linares explica que “todos aqueles que fagan compras superiores aos dez euros o venres...
leer más
O Club Atletismo Ría de Foz organiza xunto co Concello de Foz esta
especial edición pola situación epidemiolóxica que estamos a vivir.
Gema Méndez Leivas, concelleira de Xuventude e Deportes, destacou que “os
esforzos dos nosos clubs na súa actividade diaria é algo que valoramos
moito, pero se cabe máis nestas circunstancias. Desde o Concello
animamos a participar nesta carreira, na que haberá probas para todas as
categorías e na que se conta con medidas especiais de prevención de
contaxio da Covid19, recollidas no seu protocolo. Apostamos pola
práctica deportiva de forma segura, como o vimos facendo tamén no
desenvolvemento das diferentes actividades como o programa Aberto x
vacacións, durante o verán, ou as nosas Escolas Deportivas Municipais,
activas durante o curso escolar”.
Manuel Eiras, presidente do...
leer más