Foz
A compañía Baobab representará a obra O lobo e a lúa este sábado, día 17 de abril, ás 18:30 horas na Sala Bahía, de Foz. É unha actividade incluída na programación cultural de primavera organizada polo Concello focense.
Esta representación de teatro infantil está dirixida a nenos e nenas a partir de 2 anos de idade e ten unha duración de 50 minutos. Logrou o premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques no ano 2014.
O prezo das entradas é de 2 euros para os nenos e nenas e de 3 euros para os adultos. Hai que reservalas chamando ao teléfono 982.14.00.27 extensión 3.
Este sábado, día 10 de abril, ás 18:30 horas volve o teatro para os/as máis pequenos/as á Sala Bahía, de Foz. Micromina trae o seu espectáculo Cousas de casa.
É unha actividade dirixida ao público infantil a partir de 3 anos e ten unha duración de 40 minutos. Trátase dun espectáculo de monicreques que realiza un percorrido por aqueles conceptos que nos permiten reflexionar acerca da igualdade entre mulleres e homes nos distintos ámbitos, con especial énfase na reincorporación profesional da muller despois de ser nai e a corresponsabilidade do home como pai nos coidados do novo membro da familia, bebé.
As prazas son limitadas e hai que reservar as entradas na Delegación de Cultura do Concello de Foz, chamando ao teléfono 982.140.027 Extensión 3. O prezo é de 1,5 euros para os nenos e de 2,5 euros para os adultos...
En este curso se darán a conocer cuidados higiénico-sanitarios básicos aplicados a perros; así como conceptos básicos de estimulación en el cachorro y aplicación de primeros auxilios en urgencias toxicológicas, digestivas y parada cardio respiratoria.
El curso tendrá lugar del 8 de abril al 7 de mayo de 2021 (jueves y viernes), de 16:30 a 20:00 horas.
Esta actividad permite al estudiante participar con asistencia presencial (aforo limitado), online en directo o en diferido.
Las personas interesadas pueden obtener más información en la UNED-Aula Universitaria de Foz: foz@lugo.uned.es o en los teléfonos: 982 133 699 / 604 034 549
O espectáculo musical infantil La Granja de los Niños representarase este sábado, día 3 de abril, na Sala Bahía, de Foz. Para que ninguén se quede sen poder asistir haberá dous pases desta actividade: un ás 12:00 e outra ás 18:30 horas.
O prezo das entradas é de 2 euros para os nenos e nenas e de 3 euros para os adultos. Para reservalas hai que chamar ao teléfono 653.68.22.25.
Esta actividade está incluída na programación de primavera organizada polo Concello de Foz co lema Sementando Cultura.
Do 1 ao 3 de abril celebrarase en Foz a 17ª Ruta das Tapas, que este ano se enmarca nas Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz, que organiza o Concello coa colaboración de AciaFozCCA.
O presidente do CCA focense, José Carlos Paleo, sinala que “chegamos a unha nova edición da clásica Ruta das Tapas de Foz, que será diferente debido á situación sanitaria que estamos a vivir. O ano pasado non puido celebrarse, pero neste 2021 son un total de 17 locais, socios e non socios de AciaFozCCA, os que ofrecerán as súas propostas gastronómicas en miniatura desde o xoves ata o sábado”.
Os participantes son: A Cancela, Cafetería Llas, Centro Social Cangas, Costumes do Mar, O Paseo, O Taco, Rincón do Mis, San Miguel, Teleclub Vilaronte, Restaurante Dandy, Bar 78, Tangarte, Mayros, Xoyma, Anduriña e A Rambla.
... leer másA Vicepresidencia da Deputación de Lugo promovo un ciclo de proxeccións audiovisuais que levará os filmes finalistas ao Premio Mestre Mateo a Foz, Vilalba e Chantada. As tres localidades acollerán nas vindeiras semanas os pases de “Ons” de Alfonso Zarauza, “A illa das mentiras” de Paula Cons, “Arima” de Jaione Camborda e “Lúa Vermella” de Lois Patiño, candidatas ao galardón na categoría de Mellor Longametraxe.
A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Maite Ferreiro, e o vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual, Pepe Coira, presentaron a iniciativa este martes no Pazo de San Marcos, acompañados por Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, e Mercedes Vázquez, de Airoá Comunicación, que xestionarán as proxeccións en Vilalba e Chantada, respectivamente.
“Desde a Vicepresidencia da Deputación...
leer másComo consecuencia das restricións de mobilidade debido á pandemia Ginzo Moda decidiu renovar a súa páxina web (www.ginzomoda.com) para convertela nunha plataforma de venta on line na que ofrecer unha gran parte dos produtos de recoñecidas marcas que ten nas súas tendas de Foz e Ribadeo.
O propietario da firma mariñá, José Ginzo, explica que “debido á pandemia a mobilidade está restrinxida e xurdiu a necesidade de dar este novo paso no mundo on line. Vemos como grandes firmas están pechando establecementos e desviando ese potencial cara a venda on line; e nós, na nosa humilde situación e co potencial que temos, tamén decidimos presentar gran parte das coleccións que ofrecemos a través dunha páxina web coas últimas novidades tecnolóxicas, coa facilidade de comprar e poder recibir o produto na casa ou...
leer másO Concello de Foz presenta a programación de primavera Sementando cultura, que inclúe doce actividades para os meses de abril e maio.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “o Concello de Foz enche os días de primavera de actividades culturais para adultos o nenos. As actividades programadas nestes meses de marzo, abril e maio aglutinan dende música a documentais pasando por representacións teatrais ao máis alto nivel. Queremos seguir apostando pola Cultura. Aínda, se cabe, con máis ímpeto en momentos tan complicados coma os actuais. O sector cultural é un dos máis afectados pola pandemia. E, a pesares de non ter un auditorio, Foz segue apostando polas mellores postas en escena para desfrute dos nosos veciños”.
López Couto engade que “durante esta semana, como xa se anunciou, quíxose celebrar o...
leer másAciaFozCCA organiza unha nova edición da campaña Comercio na Rúa, que se desenvolverá durante esta Semana Santa.
Os 31 establecementos comerciais que participan nesta iniciativa ofrecerán descontos especiais nas rúas focenses e no caso de mal tempo realizarán eses descontos no interior dos locais. Esta nova edición de Comercio na Rúa levarase a cabo o mércores, 31 de marzo, e o xoves e sábado, días 1 e 3 de abril.
Os comercios que ofrecerán eses interesantes descontos son: 5 Lobiños, Alain Afflelou, Arrullos, Briz Peluquería, Buxo Xogos, Carmen León Zapatería, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Din e Don, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, La Flor Abulense, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, Mc Automotive, N1 Zapatillas,...
leer másEn marcha está a campaña Tardeos, de AciaFozCCA, na que participan nove locais hostaleiros: Bar 78, Anduriña, Espacio Machete, Marexada, Namarinos, Pelolo, Portochico, Xoyma e Yoglio-Colón 5.
José Carlos Paleo, presidente de AciaFozCCA, explica que “é unha campaña pensada para animar a disfrutar das tardes dun xeito relaxado, de cócteles, de viños, de cañas, de merendas… trátase de aproveitar as tardes para tomar algo antes de retornar ás casas ás dez da noite. Antes saiamos tomar unha copa, un cóctel, despois de cear. De momento iso aínda non é posible, pero non temos por qué deixar de facelo polas tardes na fin de semana ou agora durante a Semana Santa, por exemplo”.