Foz

Etiquetas:
28/05/2021

Este domingo, 30 de maio, o Centro de Interpretación da Mariña en Foz acollerá o programa de radio especializado en viaxes Gente Viajera, que dirixe e presenta en Onda Cero Esther Eiros e que se emitirá en directo para toda España dende o Cenima.

Trátase dunha importante acción de promoción que leva a cabo a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense para a promoción do xeodestino, con cargo ao convenio que o ente asina coa Deputación de Lugo. Colaboran coa iniciativa o Concello de Foz, a FCAM,  AciaFozCCA, Merluza de Burela, IXP Faba de Lourenzá e Vermú Arnao, de Discosta Norte. 

Esta colaboración público-privada ten por obxectivo a promoción a nivel nacional dos atractivos turísticos da Mariña Lucense, do seu comercio, da hostalería e do produto local pensando na reactivación económica da comarca, a...

leer más
Etiquetas:
25/05/2021

A concelleira de Xuventude, Gemma Méndez Leivas, anuncia a apertura do prazo de inscrición do programa Aberto x Vacacións.

Os nenos e nenas, entre 3 e 12 anos, que desexen pasar as mañás máis divertidas nos meses de xullo e agosto, xa poden facer a súa pre inscrición. 

Gemma Méndez subliña que “deberemos continuar con precaución e seguir as recomendacións das autoridades sanitarias, con limitacións de aforos, dalgunhas actividades,... como o fixemos na edición 2020. Pero xa sabemos que non serán impedimento para pasalo en grande. A pre inscrición pode realizarse por quendas e o prazo estará aberto ata o vindeiro 8 de xuño”. 

E engade: “terán prioridade aqueles nenos/as cuxos proxenitores traballen, así como familias monoparentais ou monomarentais na mesma situación e os/as menores...

leer más
Etiquetas:
24/05/2021

O Espazo Caritel aposta por normalizar o día a día. Dende a pasada semana está aberto con dúas visitas diarias, sempre guiadas,  no seguinte horario: de martes a sábado ás 11.45 horas (mañás) e ás 18 horas (tardes). E os domingos hai unha visita programada para ás 12 do mediodía. 

Desde o Espazo Caritel engaden que “paara grupos ou persoas interesadas en visitas fora do horario establecido, póñanse en contacto previamente con nós. Información e contacto: Teléfonos 982132694 // 659773916 e espazocaritel@gmail.com”. 

Etiquetas:
19/05/2021

O Concello de Foz inaugura este venres, día 21, a exposición Detrais de muinheira de interior, sobre o videoclip gañador nos premios Mestre Mateo deste ano.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “a mostra conta con 15 fotografías nas que se ve a realización do videoclip que foi gravado en parte no edificio do CENIMA. Foron realizadas pola fotógrafa da Mariña Sabela Blanco. Tamén se poderá ver o premio conseguido pola obra. Para a realización deste traballo o director, Xaime Miranda, contou con múltiples artistas mariñáns, entre eles a focega Lucía Ramiro; e tamén a poboación local colaborou no vídeo, entre eles a agrupación cultural O Feitizo”.

A exposición poderá verse dende o venres 21 e ata final de mes no CENIMA en horario de 9 a 14 e de 18 a 20 horas.

Para amenizar...

leer más
Etiquetas:
18/05/2021

A Concellería de Normalización Lingüística de Foz continúa a convidar a todos os veciños e veciñas, nesta ocasión aos residentes e usuarios do centro socio sanitario do concello, a  celebrar a publicación de Cantares Gallegos. Este ano conmemoramos o 158 aniversario da publicación desta obra. Co gallo do día de Rosalía no Concello de Foz, en colaboración coa Fundación Penzol e a Biblioteca Pública Neira Vilas de Vigo, exhibimos as reproducións das portadas das distintas edicións internacionais de "Cantares Gallegos". A partires do 17 de maio a Concellería de Normalización Lingüística pon a disposición esta mostra para o uso restrinxido dos usuarios do Centro de día e residencia de Foz.

Ademais os actos compleméntanse coa exhibición no Cenima ata o 25 de maio en horario de 9 a 14 e de 18 a 20 horas da exposición  que celebra o día dedicado...

leer más
Etiquetas:
13/05/2021
Continúa  así coa celebración das letras galegas coa exposición elaborada polo Colectivo Egeria e a colaboración do Concello de Sarria e da Real Academia Galega para honrar a Xela Arias no ano en que esta última institución lle dedica o Día das Letras Galegas. A mostra, composta por doce paneis, reflicte o tempo sarrián e lucense de Xela Arias, a súa querenza por Sarria e o rural, o seu vencello co idioma galego e o empeño en que se recoñecese Xela como o seu nome real. Complétase con poemas dirixidos a Xela por alumnos e alumnas dos institutos sarriáns Xograr Afonso Gómez de Sarria e Gregorio Fernández, por poetas de Sarria, así como de compañeiras poetas galegas que seguen os camiños que Xela trazou e ata un conxunto de “Vilariñas”, especiais micropoemas con imaxes cos que un grupo de membros da Nova Poesía Guitírica honra a Xela no seu ano.
... leer más
Etiquetas:
04/05/2021

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta polas Fontes e os Regos de Riotorto, que terá lugar o 16 de maio.

A saída será ás 9:00 horas de Foz (diante de Cenor) e de Ferreira.

As persoas interesadas poden anotarse ata o 14 de maio nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 3 euros para o socio non federado e 4€ para o socio temporal. A actividade é gratuíta para os socios federados.

A organización informa que a ruta ten un lonxitude de 8 quilómetros e un nivel de dificultade medio. Ademais recomenda levar equipo de sendeirismo, mascarilla e xantar. O desprazamento farase en coche.

Se o tempo o permite os participantes xantarán no remate da ruta e pola tarde farán a que...

leer más
Etiquetas:
03/05/2021

A Delegación de Cultura do Concello de Foz continúa coa súa primavera cultural e programa seis actividades para este mes de maio.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “en maio, o mes das letras galegas, o Concello de Foz achégase máis ás nosas letras e á música. E coa chegada do bo tempo os eventos culturais comezan a tomar as rúas focegas, para poder chegar a máis xente, respectando sempre as medidas sanitarias”. 

Inés López explica que “esta primeira semana de maio, contaremos cun documental de Carlos Lorenzo: Vértice de versos. Será este xoves, día 6, na Casa da Cultura ás 19.30 horas. Este documental fai un percorrido pola poesía contemporánea galega. Neste 17 de maio homenaxea a Xela Arias, referente tamén na nosa lírica. Contaremos coa presenza do director e de Emma Pedreira e Yolanda...

leer más
Etiquetas:
02/05/2021

Dentro das actividades programadas para a celebración do 75 aniversario do centro educativo focense Nosa Señora do Pilar está aberta ao público no CENIMA, de Foz, unha exposición fotográfica que “pretendemos que supoña unha profunda ollada gráfica á historia do noso colexio e na que poderán gozar de centos de imaxes relacionadas coas persoas e lugares que formaron e forman parte dos 75 anos de existencia do noso centro”, explican os organizadores. Esta mostra estará aberta durante todo o mes de maio.

Ademais este mércores, 5 de maio, haberá unha charla sobre os 75 anos de historia do colexio O Pilar a cargo de Antón Niñe, estudoso que é gran coñecedor da traxectoria deste centro educativo focense. Será ás 20:00 horas na Sala Bahía. Debido á situación sanitaria na que nos atopamos o aforo é moi reducido e polo tanto a este acto só se poderá...

leer más
Etiquetas:
29/04/2021

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado da Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Alcalde de Meira, Antonio de Dios, o Concelleiro de Comunicación e Relación Institucionais do Concello de Foz, Carlos García, e representantes dos guías de turismo que realizarán as actividades, presentou nos Xardíns do Pazo de San Marcos o programa de actividades que a institución provincial pon en marcha con motivo do Día da Transrománica. Esta iniciativa, que celebra a súa xornada internacional o domingo 9 de maio, contará na provincia con 14 rutas que se levarán a cabo nunha xornada de portas abertas ao románico da provincia.

Os itinerarios serán de balde e cun máximo de 8 persoas por visita, e estarán dirixidos  por un guía oficial de turismo. No caso de Meira e de Foz, os concellos...

leer más