Foz

Etiquetas:
02/05/2025

Acia Foz-CCA colaborará por oitavo ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro a través da campaña Euro Solidario, que se desenvolverá do 3 ao 18 de maio. Na presentación desta iniciativa participaron Pilar García, presidenta da AECC en Foz; o alcalde focense, Fran Cajoto; a concelleira de Comercio, Kathy Navarro; e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.

Nos establecementos participantes haberá huchas destinadas a recoller os donativos para esta campaña, denominada Súmate a loita contra o cancro. Euro solidario.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, manifestou: “un ano máis queremos colaborar coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro porque toda axuda é importante. Animo á clientela dos negocios focenses a sumarse a esta campaña, que vai ter lugar...

leer más
Etiquetas:
02/05/2025

A asociación cultural O Atrio, da parroquia focega de Vilaronte, organiza o IV Mercado Aos Pés de Cornería. Será este domingo, día 4 de maio, a partir das 10:00h ata a tardiña no atrio da igrexa de Vilaronte.

O programa de actividades inclúe: unha charla titulada Experiencia en agricultura ecolóxica. Horta ecolóxica no Valadouro, a cargo de produtor Edmundo Maseda ás 11:00 horas; ás 12.00 horas a Charanga Bicoia actuará pola rúa do mercado; ás 14.00 horas haberá unha sesión vermú a cargo do grupo Pantera Rosa; ás 16.30 horas Manuel Contacontos ofrecerá O Grúfalo e a natureza; e ás 18:00 horas terá lugar un concerto de A Pedreira.

Durante toda a mañá haberá unha demostración de cestería a cargo de María Otero Folgueira e “para os máis peques contaremos con un posto de trenzas gratis”,...

leer más
Etiquetas:
29/04/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o día 11 de maio, domingo, unha ruta no municipio de Trabada para celebrar o Día do Sendeirista Galego. A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:15 horas desde Ferreira do Valadouro.

O prezo desta actividade, incluído o xantar, é de 25 euros para socios federados.

O prazo para anotarse remata este xoves, 1 de maio, e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

Etiquetas:
29/04/2025

A Aula Universitaria da UNED de Foz pechará o seu curso académico cunha actividade aberta á comunidade educativa e ao público en xeral: unha ruta interpretativa sobre as plantas silvestres da primavera. Terá lugar o día 15 de maio, xoves, ás 17:00 horas con saída da Igrexa de San Acisclo, e será guiada por Pedro Rolle, natural do Valadouro e experto en biodiversidade, quen tamén é o autor do caderno presentado na Casa da Cultura recentemente Flores de primavera do Valadouro, que servirá de guía neste roteiro, ademais de estar enmarcado na liña formativa que Rolle vén de impartir tamén nas aulas da UNED de Foz, sobre plantas medicinais.

“A ruta, de baixa dificultade e cunha distancia aproximada de 2 quilómetros, está deseñada para ofrecer unha experiencia educativa na natureza. Durante o percorrido os participantes terán a...

leer más
Etiquetas:
29/04/2025

Ata o 8 de maio desenvolverase a campaña do Día da Nai organizada por Acia Foz-CCA. Todas aquelas persoas que realicen as súas compras nos comercios asociados ata ese día entrarán no sorteo de 5 premios de 100 euros en vales de compra cada un. O sorteo terá lugar o 12 de maio en directo a través da emisora local Radio Foz.

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, anima “a realizar as compras desta tradicional data no comercio local. Aquí en Foz podemos atopar todo o que precisamos para agasallar ás mamás polo seu día”. E engade que “tamén toca festexalo coa familia na hostalería local. Contamos cun sector da restauración disposto a sorprendernos coas súas propostas gastronómicas nunha celebración tan especial como é a do Día da Nai”.

Acia Foz-CCA conta coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de...

leer más
Etiquetas:
26/04/2025

A FCAM (A Mariña Federación) convoca ao empresariado da comarca a unha asemblea xeral, que terá lugar o vindeiro luns, 28 de abril, ás 19:30 horas no Cenima, en Foz. 

No acto intervirán: José Carlos Paleo, tesoureiro na actualidade e ex presidente da Mariña Federación; Beatriz Irigoyen, asesora da FCAM; e Carmen Cruzado, presidenta da FCAM. Os tres explicarán a traxectoria da FCAM desde a súa posta en marcha, o traballo desenvolvido ao longo destes anos e os proxectos nos que está a traballar na actualidade para contribuír á dinamización económica da comarca e das súas empresas. 

Cruzado Iglesias lembra que “o obxectivo desta xuntanza é que sirva de punto de encontro para sumar a todas as asociacións de comerciantes e hostaleiros da Mariña e tamén aos colectivos do ámbito turístico ao noso proxecto. Tamén queremos...

leer más
Etiquetas:
23/04/2025

Acia Foz-CCA sorteará 500 euros en vales de compra na súa campaña do Día da Nai, que se desenvolverá entre o 25 de abril e o 8 de maio. Todas aquelas persoas que realicen as súas compras nos comercios asociados nesas datas entrarán no sorteo de 5 premios de 100 euros en vales de compra cada un.

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explica que “poderán participar no sorteo aquelas persoas que realicen compras entre o 25 de abril e o 8 de maio por importe superior aos 10 euros”. O sorteo terá lugar o 12 de maio en directo a través da emisora local Radio Foz.

Paleo anima “a realizar as compras desta tradicional data no comercio local. En Foz podemos atopar todo o que precisamos para agasallar ás mamás polo seu día. Hai moitos negocios aos que podemos acudir para sorprendelas”. E lembra que “tamén toca...

leer más
21/04/2025

Este xoves, día 24 de abril, ás 20:30 horas estará na librería Bahía, de Foz, a autora Cecilia F. Santomé nun coloquio arredor da súa última novela, titulada As despedidas. O encontro enmárcase dentro das actividades que organizan desde o club de lectura A carón dos libros e está aberta para todo o público que queira asistir.

Cecilia F. Santomé é unha autora vilalbesa e esta é a súa terceira novela, na que aborda o momento da morte dun home maior e as relacións de familia que se mostran nese momento da despedida definitiva.

Por outra banda, o mércores día 23 de abril celébrase o Día do Libro polo que en Librería Bahía “durante todo o día os libros terán un 10% de desconto e, se o tempo o permite, sacaremos libros e música á rúa para celebralo”, anuncian.

Etiquetas:
19/04/2025

O sábado 26 de abril chega de novo a Festa do Berberecho de Foz, que o Concello organiza en colaboración co IES de Foz.

O programa deste ano comeza o venres 25 de abril ás 19 horas no salón de actos do Cenima coa charla de Xesús do Breogán titulado O enigma encriptado da Virxe do Carme de Foz e o pesqueiro Jesús Nazareno; e ao rematar inaugurarase unha exposición de pintura da artista ucraína Sofía Andrushebko. Ás 20.30 horas na Casa da Cultura poderase ver a obra de teatro As alumnas, que tamén conmemorará o Día do Libro.

O sábado 26 de abril na carpa do peirao de Foz ás 12 horas será o pregón da festa a cargo do conselleiro do Mar, Alfonso Villares Bermúdez, e a continuación haberá as actuacións musicais dos grupos folclóricos O Feitizo e A Subela e sesión vermú co dúo Primera Línea. A partir...

leer más
Etiquetas:
16/04/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o domingo 4 de maio a ruta Miño-Eo, no municipio de Meira. A saída desde Foz será ás 06:30 horas e ás 06:45 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 35 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 45 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 26 de abril e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.