Torneo
O deporte será o encargado de abrir a programación da Festa da Maruxaina coa celebración do IX Torneo Maruxaina de fútbol, que enfrontará ao Club Deportivo San Ciprián e á U.D. Folgueiro, unha cita que foi presentada este martes pola alcaldesa, Dolores García Caramés, polo presidente do club anfibrión, Eduardo Rubal, e o director deportivo, Félix Martins, nas insatalacións da Veiga.
O encontro, organizado polo CD San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo, disputarase este xoves, 6 de agosto, ás 20:00 horas, no Campo Municipal da Veiga, en San Ciprián, nunha cita “xa consolidada dentro da programación festiva do municipio e que reúne cada verán a numerosos afeccionados ao fútbol”.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, subliñou a importancia desta iniciativa deportiva, sinalando que “o deporte será...
leer másO programa Verán na Praza segue enchendo as rúas de Lourenzá vida e actividade e o vindeiro mércores, día 5 de agosto, ás 19:00 horas a Praza do Conde Santo acollerá un torneo de petanca, unha proposta “pensada para gozar en familia e aberta a persoas de todas as idades”, anuncia o Concello.
A actividade está organizada pola Asociación Valdeflores, en colaboración co Concello de Lourenzá, e “será unha excelente oportunidade para compartir unha tarde de convivencia, deporte e diversión arredor dun dos xogos tradicionais máis populares”.
“Animamos a toda a veciñanza a participar, tanto a quen xa practica este deporte como a quen queira achegarse por primeira vez para aprender as tácticas e os segredos da petanca da man de persoas con experiencia. O máis importante será desfrutar do ambiente, coñecer este xogo e...
leer másEl torneo de baloncesto 3x3 Burela Feira do Bonito se disputará desde este miércoles, día 29 de julio, hasta el 1 de agosto, sábado, en la Praza da Mariña.
Este evento deportivo está organizado por el Club Baloncesto Burela, que anuncia: “vuelve el 3x3 Burela. Prepárate para disfrutar de cuatro días de baloncesto, competición y espectáculo en pleno corazón de Burela. Categorías masculinas y femeninas: Sénior, U18, U16, U14, U12 y U10. 2.880 € en premios. Además, concursos de triples y habilidades. Inscripciones abiertas. Escanea el código QR del cartel o visita...
leer másO Concello de Burela anuncia que as pistas de tenis da Marosa acollerán un ano máis o torneo Memorial José Luis Yebra. Será desde este sábado, día 18 de xullo, ata o 2 de agosto. Na súa duodécima edición a competición “incluirá as modalidades de individual absoluto, con cadro de consolación para as persoas eliminadas no primeiro encontro; dobres absoluto; e individual xóvenes promesas, que contará con, cando menos, dúas categorías. O torneo entregará trofeos e vales de compra para primeira e segunda clasificadas en todas as categorías individuais, mentres que nas probas de dobres haberá trofeos para as parellas campioas e subcampioas. A gran final e o acto de clausura do torneo están previstos para o 2 de agosto”.
No marco desta edición farase entrega dun recordo conmemorativo do XII Aniversario do Memorial José Luis Yebra á súa familia....
leer másDo 19 ao 21 de xuño terá lugar o XVII Torneo Infantil de Fútbol Base, que organiza a SD Ribadeo: “no evento participarán 48 equipos procedentes na súa maioría de Asturias e de Galicia e tamén de Cantabria e Castela e León. Arredor de 1.200 xogadores e adestradores se darán cita no torneo, que encherá de novo a vila de deporte e de familiares, que arrouparán aos seus rapaces e gozarán de Ribadeo, da súa paisaxe, do seu comercio e da súa gastronomía”. Desenvolveranse no estadio municipal Pepe Barrera, no Campo de Outeiro, da Devesa; no Campo El Soutón, de Vegadeo; e no Campo Trenor, en Barres (Castropol).
Na presentación do XXI Torneo de Fútbol Base Alevín da SD Ribadeo participaron o alcalde, Dani Vega; o técnico municipal de Deportes, Iván López; a secretaria da SD Ribadeo, María José Tella; o coordenador de Fútbol 8 da SD Ribadeo, Aitor...
leer másO Pazo de San Marcos, en Lugo, acolleu este martes a presentación da XIII edición do torneo de fútbol sala base Heroes do Orzán, que reunirá na Mariña equipos de base en memoria de Rodrigo Maseda Lozano, policía burelés que perdeu a vida ao intentar rescatar a un mozo na praia coruñesa do Orzán en 2012 xunto a outros dous compañeiros -José Antonio Villamor e Javier López-
O torneo, organizado pola Fundación Imdecum co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, celebrarase do 25 ao 29 de xuño en pavillóns de Burela (Vista Alegre e Monte Castelo), San Cibrao (A Veiga), Xove, Viveiro e Foz (Marzán), “unha sede compartida que estende pola comarca o seu impacto social e económico, ademais de reforzar a proxección do Burela FS como referente deportivo”, explica a Vicepresidencia da Deputación, que anuncia: “o torneo reunirá máis de 1.100 xogadoras e xogadores de 97...
leer másEste sábado, día 13 de junio, Ribadeo será escenario de una nueva edición del torneo VIII Mus na Praia, que organiza la asociación cultural LuMus. El evento se celebrará en las instalaciones del Real Club Náutico de Ribadeo.
El torneo reunirá a más de un centenar de jugadores procedentes de Galicia, Asturias y Castilla y León, consolidándose como una de las citas más destacadas del calendario musístico de la costa lucense.
Además de la competición, el evento supone un importante impulso para la actividad social y económica de la villa, atrayendo a participantes y acompañantes que disfrutarán de Ribadeo durante toda la jornada.
Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hacen posible...
leer másA Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo da Mariña (Imdecum) anuncia que o torneo de fútbol sala base XIII Memorial Rodrigo Maseda Lozano será desde o 25 ata o 29 de xuño nos municipios de Viveiro, Xove, Cervo, Foz e Burela.
“Xa está aquí a edición 2026 dun dos torneos de fútbol sala base máis destacados da península. Con máis equipos, máis xogadores e xogadoras e máis familias que nunca”, destaca a Fundación Imdecum, que engade: “nenas e nenos de todas as categorías poderán desfrutar da paixón polo futsal durante 5 días nos 5 concellos participantes da nosa comarca: Viveiro, Xove, Cervo, Foz e Burela”.
Os días 6 e 7 de xuño, sábado e domingo, disputarase o XXI Torneo de Fútbol Base Benxamín, Prebenxamín e Biberón, que organiza a SD Ribadeo.
No evento daranse cita 56 equipos procedentes na súa maioría de Asturias e de Galicia e tamén de Cantabria e Castela-León. Arredor de 800 xogadores, con idades comprendidas entre os 3 e os 9 anos, disputarán o torneo. 5 equipos xogarán na categoría biberón, 19 na prebenxamín e 32 na benxamín. O torneo desenvolveranse no estadio municipal Pepe Barrera, no Ceip Gregorio Sanz e no Campo da Vía.
Na presentación do XXI Torneo de Fútbol Base Benxamín, Prebenxamín e Biberón da SD Ribadeo participaron o alcalde, Dani Vega; o técnico municipal de Deportes, Iván López; a secretaria da SD Ribadeo, Mª José Tella; o coordenador de Fútbol 8 da SD Ribadeo, Aitor García; o deputado...
leer másNa cita competirán 24 equipos procedentes de Castela-León, Cantabria, Asturias e Galicia así coma un equipo chegado de Portugal e outro de Inglaterra. En total serán 430 xogadores, dos que moitos veñen acompañados polas súas familias.
Segundo explican os organizadores “o torneo disputarase o sábado na modalidade de eliminatorio de fase de grupos e o domingo serán os enfrontamentos directos de oitavos, cuartos, semifinais e final”. O torneo xogarase nos campos
O alcalde, Dani Vega, dixo que “un ano máis desde o Concello colaboramos coa SD Ribadeo na organización dos torneos de fútbol base que se van disputar ao longo das vindeiras catro fins de semana. Estamos encantados de facelo por todo o que supoñen tanto desde o ámbito deportivo como para os negocios de Ribadeo na antesala do verán así como desde o punto de...
leer más












