Documental
Silencio, a nova curtametraxe producida por Tetra Filmes e dirixida por Cris Andina e Saamira Ganay, narra unha historia de amor, perda e memoria a través da vida de Almudena Pulpeiro Peña, unha xove trompista ribadense falecida nun accidente de tráfico e como os seus pais converten a súa vida nunha homenaxe continua. A preestrea terá lugar o domingo 2 de agosto ás 20:00 horas nunha sesión gratuíta ata completar aforo que incluirá un coloquio posterior coas directoras, membros da familia de Almudena, David Villa (integrante de Zoar Ensemble e compositor da banda sonora), entre outros, anuncia Tetra Filmes, que engade: “lonxe de centrarse unicamente na traxedia, Silencio pon o foco na extraordinaria capacidade de transformar a dor nun legado que segue crecendo décadas despois. Os seus pais, Macu e Luis, dedicaron estes anos a manter viva a memoria da súa filla...
leer másA película documental titulada A Cantinera (Os Alonso de Miudes), dirixida por Abel Pérez Méndez, será proxectada no auditorio da Casa da Cultura da Pontenova o domingo 14 de xuño ás 12:00 horas
A asociación Eco das Minas, da Pontenova, anuncia que “a IX Foliada A Chocolateira é un lugar de encontro cultural tanto musical como audiovisual, e sempre coa intención de recordar os e as nos@s precursor@s que deixaron tanta música tradicional por toda a nosa zona e arredores. Así pois o domingo 14 ás 12:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura, enmarcado dentro do noso programa foliadeiro, proxección da película documental dirixida por Abel Mialma Producióis A Cantinera ( Os Alonso de Miudes). Vide coñecer a fermosa historia desta familia de músicos de Miudes”.
O salón de usos múltiples do Concello de Viveiro acollerá este venres, día 17 de outubro, ás 20:00 horas a proxección do filme documental titulado O Vello Pancho. De Ribadeo ao Plata, onde se recolle a vida do escritor ribadense José María Alonso y Trelles Jarén.
Despois da proxección do documental haberá un coloquio no que intervirán o director do filme, Xan Leira; o escritor e investigador ribadense Pablo Rodríguez Vivín e o cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal.
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o xoves 2 de outubro ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Foz a proxección do filme documental titulado O Vello Pancho. De Ribadeo ao Plata, onde se recolle a vida do escritor ribadense con familia en Foz José María Alonso y Trelles Jarén.
A Pomba do Arco explica que “o filme está dirixido por Xan Leira, cuxa actividade está centrada na produción editorial e de documentais relacionados coa recuperación da memoria social e política da Galiza e da diáspora galega. O documental recolle testemuñas sobre especialistas no autor como o dos mariñaos Martín Fernández Vizoso e Pablo Rodríguez Vivín”.
Despois da proxección do documental haberá un coloquio no que intervirán Xan Leira e Pablo Rodríguez Vivín. Será presentado por Moncho...
leer másO documental titulado O Vello Pancho, de Ribadeo ao Plata proxectarase no Museo Provincial do Mar, de San Cibrao (Cervo) este xoves, día 10 de xullo, ás 18:00 horas.
O director do filme, Xan Leira, anuncia: “o próximo xoves, 10 de xullo, retomamos a programación do documental O Vello Pancho, de Ribadeo ao Plata, grazas á colaboracións institucional da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo e, neste caso, na Rede Museística Provincial de Lugo. Nesta presentación con coloquio vou estar acompañado por Pablo Rodríguez Vivín (investigador, escritor e libreiro de Ribadeo), quen tamén colaborou coa investigación e prestou testemuño no documental”.
Ademais o autor do documental explica que “as persoas que participaron neste filme, son investigadores e coñecedores da biografía e obra...
leer másEste mércores, día 2 de xullo, dentro da programación do Orgullo LGTBIQ+ en Burela, proxectarase o documental titulado Noite Irisada. Será no salón de plenos do Concello ás 19:30 horas, con entrada libre ata completar aforo.
O Concello de Burela explica que este documental “recolle a loita polos dereitos das persoas sexualmente diversas a través dos testemuños das súas protagonistas. A película visibiliza unha historia de represión, pero tamén de liberación, cunha data clave: o 28 de xuño de 1981, cando Vigo acolleu a primeira manifestación do Orgullo organizada polo movemento galego”.
O salón de actos do Centro Cívico de Xove acollerá o luns 9 de xuño ás 16:45 horas a proxección do documental titulado Xove, democracia nuclear.
O documental trata sobre a mobilización contra o proxecto de construción dunha central nuclear no municipio de Xove nos anos setenta. É un traballo de Pedro Lechuga Mallo producido por Germán Pérez Molina.
É unha actividade organizada polo Concello de Xove coa colaboración do IES Illa de Sarón.
A entrada é de balde ata completar o aforo.
Ribadeo acollerá o día 6 de xuño, venres, a proxección do documental titulado Se canto é porque quero e un coloquio sobre este traballo audiovisual producido pola Real Academia Galega co gallo do Día das Letras Galegas deste ano. Será no Cine Teatro ás 20:30 horas. E despois, a partir das 22:00, haberá unha foliada aberta na rúa Pasarón y Lastra, na zona vella ribadense.
Estas actividades están organizadas polos colectivos locais As Vacas Fracas e Agrupación Cultural Francisco Lanza.
O Colectivo Pensamento e Sementeira anuncia que este venres, día 4 de abril, presentarase o documental No habrá paz sin las mujeres. Palestina, de Patricia Simón e Álex Zapico. Será ás 19:30 horas na Sala Multiusos do Concello de Viveiro.
“Neste traballo Patricia Simón e Álex Zapico recollen as súas visitas a Cisxordania e Xerusalén, este en dous momentos históricos ben diferentes: a primeira no ano 2014 onde reportaron como as mulleres palestinas resistían a ocupación israelí; e agora, dez anos despois, cando decidiron voltar para continuar a retratar a súa loita no medio do xenocidio en Gaza”, explica Pensamento e Sementeira.
O documental titulado Segadores da Órrea en terras de Castela será proxectado no Teatro de Ribadeo o día 13 de marzo, xoves, ás 20:00 horas.
Esta actividade está organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, que explica: “este documental está protagonizado por persoas que, sendo novas, foron facer este traballo a terras de Castela. Trátase de veciños e veciñas da Órrea (Riotorto)”.












