Cursos
O Concello de Alfoz organiza un obradoiro teórico práctico de psicomotricidade e de recuperación da memoria para persoas maiores. Será o venres 4 de abril ás 10:30 horas no Centro Sociocultural de Alfoz. Para participar hai que inscribirse ata o 31 de marzo no Concello de Alfoz ou a través do teléfono 982.55.80.01.
“Un espazo para aprender, compartir e, sobre todo, coidarnos! Contaremos coa colaboración da Escola Galega de Saúde e a psicóloga Jenifer Souto Pérez, especialista no coidado da saúde física e mental. Anímate a participar! Será un encontro enriquecedor para estimular a memoria, mellorar o movemento e, sobre todo, pasar un bo momento en boa compañía”, explica o Concello de Alfoz.
A Asociación de Veciños San Julián de Sante continúa co seu ciclo de formación centrado no desenvolvemento e aproveitamento da froita. Dentro deste programa, o vindeiro 8 de marzo celebrarase un curso de enxerto no Teleclub de Sante en horario de 10:00 a 19:30 horas.
Esta xornada está deseñada para ensinar técnicas de enxerto que permitan mellorar o desenvolvemento e a produtividade das árbores froiteiras. A formación será impartida por expertos na materia e combinará explicacións teóricas con demostracións prácticas para que os participantes poidan aprender de forma aplicada.
O curso enmárcase dentro do ciclo formativo que xa contou cun de poda e que continuará con formacións en apicultura e elaboración de marmeladas, completando así unha proposta integral para fomentar o coñecemento e aproveitamento dos recursos...
leer másO Concello de Burela organiza dous obradoiros de solo pelviano que se desenvolverán este venres, día 7 de marzo, e o luns 10, na Praza de Abastos.
“Se es muller e queres coidar da túa saúde pelviana este obradoiro é para ti. Lara Bello, fisioterapeuta especializada en pelviperineoloxía, acompañarate nunha sesión teórico práctica para coñecer e traballar esta parte tan importante do corpo. As datas a elixir son o venres 7 de 10:00 a 12:30 horas ou o luns 10 de 17:00 a 19:30 horas”, anuncia o Concello de Burela.
As prazas son limitadas e para participar hai que inscribirse previamente na Casa do Concello.
O Sindicato Labrego Galego organiza en Lourenzá un curso dedicado ao uso de ferramentas dixitais. Desenvolverase os días 10, 12 e 14 de marzo no Multiusos Ponte de Cuñas de 16 a 20 horas.
Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden contactar a través do teléfono 982.121.376 e do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal.
A Aula Universitaria da UNED en Foz lanza a súa programación de actividades para o mes de marzo, cunha variada oferta formativa que abrangue desde a ilustración ata a sustentabilidade, pasando polo estudo da Constitución, o benestar persoal e a presentación dun caderno sobre a flora local.
A primeira actividade será o curso de iniciación á ilustración, que comezará o 6 de marzo e impartirase os xoves de 16:30 a 19:00 horas, mentres que o curso de introdución á sustentabilidade e á economía circular dará inicio o mesmo día e desenvolverase tamén os xoves, de 17:00 a 19:30 horas. “A oferta formativa da UNED de Foz abrangue un amplo abano de temáticas e públicos, desde persoas cunha especialización concreta ata aquelas que simplemente queren explorar novos coñecementos sen ningún límite de idade. Animamos á cidadanía a non poñer barreiras á...
leer másO Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un curso de primeiros auxilios. Esta actividade vaise realizar no Edificio Multiusos do Concello o día 6 de marzo, xoves, ás 17:00 horas.
Todas aquelas persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol , chamando ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.48.94.57.
Preto de 1.100 escolares de 12 colexios da Mariña participarán nun programa piloto de educación viaria para alumnado de Primaria promovido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e responsables de Roqsport, a empresa que organiza as actividades, presentaron hoxe a iniciativa, que se desenvolverá ao longo das vindeiras semanas nos pavillóns dos propios centros de ensino.
O calendario previsto comezará o xoves 6 de marzo no CEIP Lois Tobío de Viveiro, coa asistencia de 179 nenos e nenas do segundo e terceiro ciclo de Primaria.
Os seguintes centros e datas previstas son os CEIP Península da Paz de Cervo (o venres 7 de marzo); Pedro Caselles Rollán de Xove (o luns 10); Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo (mércores 12); Vista Alegre...
leer másO Concello de Burela abre o prazo de inscrición para dous cursos presenciais gratuítos destinados a mellorar as competencias dixitais da cidadanía, que se desenvolverán desde o 17 ata o 21 de marzo
Estes cursos, que contan con certificación, están deseñados para axudar ás persoas a familiarizarse co uso de internet e as novas tecnoloxías de forma segura e eficiente. A formación terá lugar na Aula CeMIT do Centro de Formación Ocupacional e estará dividida en dúas modalidades segundo a franxa de idade dos participantes.
O primeiro curso, denominado Trámites Electrónicos, está dirixido a persoas de entre 18 e 60 anos e desenvolverase do 17 ao 21 de marzo en horario de 16:00 a 18:00 horas. Os asistentes poderán adquirir coñecementos sobre administración electrónica, banca dixital, videoconferencias e redes...
leer másO Centro Cívico de Xove acolle desde hoxe e ata o vindeiro 12 febreiro as Xornadas Formativas de Turismo Ornitolóxico, un encontro de carácter gratuíto que ten como obxectivo mellorar as capacitacións para impulsar A Mariña como destino turístico para o estudo e avistamento de aves.
O acto de inauguración contou coa presenza da presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, Rocío López; o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro; e a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita.
Tal como explicou a presidenta da Mancomunidade “esta iniciativa busca ampliar e asentar coñecementos e habilidades arredor do turismo ornitolóxico, un dos grandes activos deste territorio, e a formación é fundamental para contar con persoal con capacidade de atender a demanda tanto do público xeral coma do...
leer másO Centro Sociocomunitario de Mondoñedo ofrece clases de baile para todas as idades. Serán os mércores de 16:30 a 18:00 horas.
“Abrimos listas de persoas interesadas en facer grupo de baile. Podedes apuntarvos no Centro Sociocomunitario de Mondoñedo ou chamando aos teléfonos 982.82.83.89 ou 982.82.83.91. Aberto a toda a poboación”, anuncian.












