Deportes

Etiquetas:
28/07/2015
A asociación Pasada das Cabras, de Burela, percorrerá os 12 quilómetros da Ruta do Masma en Lourenzá o 2 de agosto.
 
A asociación Pasada das Cabras ten prevista unha ruta polas terras do Masma, en Lourenzá, o domingo 2 de agosto. Son 12 quilómetros de dificultade baixa e a participación na actividade custará 10 euros para os socios do colectivo e 15 para os que non o son. A saída será ás 8:30 horas na estación de autobuses de Burela. Ao remate do camiño os participantes poderán gozar dunha churrascada na área recreativa da Cazolga (Lourenzá), invitados por Pasada das Cabras.
Os que desexan anotarse poden facelo en Gráficas Arfe ou no teléfono 982.58.05.04 antes deste mércores, 29 de xullo, ás 20 horas. 
 
Etiquetas:
27/07/2015
O embalse de Riocobo, en Cervo, acollerá a 5ª Copa Deputación Provincial de Lugo de Piragüismo este sábado, 1 de agosto.
 
O embalse de Riocobo acollerá este vindeiro sábado, día 1 de agosto, a partir das 10 da mañá a quinta edición da Copa Deputación Provincial de Lugo de piragüismo. Esta proba está organizada polo Club Deportivo San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo.
O evento foi presentado nun acto no que participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares; o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto; os responsables da organización, Javier García e Tito Gargallo; e compoñentes da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián.
O concelleiro de Deportes explicou que esta competición “realízase no encoro de Riocobo, entorno natural que recentemente usaba o campión olímpico David Cal para a súa pretempada polas súas inmellorables...
leer más
Etiquetas:
20/07/2015
Terras de Lourenzá realizará a Ruta do Masma o vindeiro 2 de agosto. Será para celebrar o día da asociación.
 
A Asociación de Sendeirismo Terras Lourenzá celebrará o Día da Asociación cunha ruta de 12 quilómetros que percorrerá parte dos concellos de Lourenzá e Mondoñedo. Tratáse dunha proposta bautizada como Ruta do Masma, pois terá como eixo condutor este río, e terá lugar o día 2 de agosto ás 9.30 horas na Área Recreativa da Cazolga. A dificultade do percorrido é baixa.
A ruta é a máis importante do ano para a Asociación Terras de Lourenzá e terá forma de camiñata circular: permitirá aos participantes gozar do entorno do Masma e do tramo no que converxe co Baos, tanto no municipio de Lourenzá como de Mondoñedo. O camiño acaba na mesma Área Recreativa na que comezou, onde os participantes farán unha churrascada para repoñer forzas. O grupo pasará na Cazolga toda a tarde e poderá...
leer más
20/07/2015
Xogos tradicionais no Mercado dos Domingos, en Ribadeo. A actividade está destinada a todos os públicos.
 
Os días 19 e 26 de xullo os alumnos do curso de dinamización, que colaboran coa Área de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, coa programación e desenvolvemento de accións culturais do CIFP Porta da Auga, organizarán xogos tradicionais no Mercado dos Domingos.
Será a partir das 11 horas na praza de abastos e a participación é aberta .
Os asistentes poderán xogar á mariola, á pita cega, botar unha partida ao tres en raia e ás chapas ou lembrar o xogo da rá, entre outros. A actividade está destinada a todos os públicos.
 
17/07/2015
O Club de Tenis de Mesa de San Ciprián celebra o seu terceiro torneo os días 1 e 2 de agosto no pavillón municipal da Veiga. Está patrocinado polo Concello.
 
O Club de Tenis de Mesa de San Ciprián organiza a terceira edición dun torneo que se celebrará no pavillón municipal da Veiga os días 1 e 2 de agosto. O Concello de Cervo patrocina o evento, que foi presentado hoxe e no que os interesados en participar poden anotarse ata o día 30 de xullo. “O Club de Tenis de Mesa de San Ciprián formouse hai tres anos e dentro das súas posibilidades está funcionando bastante ben e colabora moito con nós”, asegurou o edil de Deportes, José Ramón Soto. 
José Estéfano, presidente do club, deu algunhas claves do desenvolvemento do evento: “es el tercer torneo que organizamos. Los anteriores fueron en Navidad y éste, por motivo de la ocupación del centro deportivo,  lo cambiamos para verano, pensando también en las fiestas. Será el día 1 y 2 de...
leer más
Etiquetas:
14/07/2015
A asociación Pasada das Cabras, de Burela, realizará a súa tradicional ruta nocturna a San Ciprián o 18 de xullo.
 
A asociación Pasada das Cabras de Burela fará o sábado, 18 de xullo, a súa ruta nocturna a San Ciprián, unha cita que vén organizando verán tras verán. A saída do percorrido será ás dez da noite da Praza da Mariña de Burela, e a fin do camiño en San Ciprián. Os participantes tomarán unha chocolatada con churros gratuíta no bar O Noso Lar. 
Os organizadores recomendan levar chaleco reflectante e lanterna. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982580504 antes do día 17 de xullo ás 20 horas.
 
Etiquetas:
14/07/2015
A asociación Os Sendeiros, de Foz, propón unha ruta por Fontao, Sixto e Fazouro o vindeiro 18 de xullo.

 

O colectivo Os Sendeiros de Foz realizará un roteiro entre os lugares de Fontao, Sixto e Fazouro o próximo sábado, 18 de xullo. A participación nesta actividade é gratuíta, incluído o autobús, e os interesados deberán anotarse nos teléfonos 670369017 -696236020 ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O punto de encontro será a Casa do Concello de Foz, ás 9 da mañá. A dificultade do percorrido é media e os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo.

Organizada por Os sendeiros de Foz, a actividade conta tamén coa colaboración do Concello. 

Etiquetas:
13/07/2015
Deportivo da Coruña e Club Deportivo Lugo disputarán a 64 edición do trofeo Emma Cuervo no estadio municipal Pepe Barrera, de Ribadeo. Será o 25 de xullo.
 
O concelleiro de Deportes, David Rivas, e o presidente do Ribadeo FC, Víctor López, presentaron a sesenta e catro edición do trofeo Emma Cuervo, que disputarán o Deportivo da Coruña e o Club Deportivo Lugo o vindeiro 25 de xullo. No acto estiveron acompañados polo alcalde, Fernando Suárez, e polo técnico de Deportes, Iván López. 
O presidente do Ribadeo FC, Víctor López, explicou que “este partido celebrarase no noso estadio, o Pepe Barrera, o 25 de xullo ás 19:30 horas e este ano vai ser entre dous equipos galegos: o Club Deportivo Lugo e o Real Club Deportivo da Coruña. Coincide ben neste senso porque ademais é o Día de Galicia e supón unha anécdota máis que se enfronten dous equipos galegos nesta edición nesa xornada festiva”.
...
leer más
Etiquetas:
10/07/2015
Do 13 de xullo ao 19 de agosto terán lugar as Noites Alternativas, que organiza o Concello de Cervo. Haberá fútbol praia, pádel ou baloncesto, entre outras actividades.
 
O Concello de Cervo propón a partir do vindeiro luns, día 13, aos seus veciños a práctica de deporte na rúa da man do programa Noites Alternativas, no que nesta edición se inclúen sete disciplinas: volei praia, fútbol praia, fútbol sala, baloncesto, pádel, unha noite do patín e outra de orientación.
As Noites Alternativas, que comezaron a celebrarse en 2008, buscan fomentar a práctica do deporte ao aire libre aproveitando o bo tempo. As actividades son gratuítas e para participar basta con apuntarse entre as 20:30 e as 21:30 horas no lugar fixado para a súa celebración. Poden participar persoas maiores de oito anos e haberá diversas categorías: sub 10 -12- 15-17 e sénior.
As actividades comezarán ás 20:30 horas e acabarán sobre as 00...
leer más
Etiquetas:
09/07/2015
Lourenzá acolle dende o vindeiro luns, 13 de xullo, actividades de verán para nen@s de 4 a 12 anos e Noites Alternativas para rapaces de 12 a 16.
 
O vindeiro luns, día 13, comezan en Lourenzá actividades de verán para nenos e nenas de 4 a 12 anos e tamén o programa denominado Noites Alternativas, para rapaces de 12 a 16 anos. Esta segunda iniciativa faise por primeira vez este ano en Lourenzá.
 
A alcaldesa, Rocío López García, anunciou hoxe que “tras a firma dun convenio de colaboración subscrito entre o Concello e o Ximnasio Multiusos de Lourenzá, a partir do luns 13 de xullo van dar comezo as actividades de verán dirixidas o público infantil e xuvenil. As persoas interesadas en participar poden inscribirse no teléfono 690.18.10.32 ou ben directamente o día da inauguración das actividades na Casa da Xuventude”.
 
... leer más