Deportes

Etiquetas:
15/09/2015
Terras de Lourenzá organiza unha ruta ao San Cosme da Montaña. Será o 27 de setembro.
 
A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza o próximo 27 de setembro unha ruta ao San Cosme da Montaña, que levará  aos participantes ata a tan afamada romaría. A saída é ás 9 da mañá do domingo, 27 de setembro, do Cantón de Vilanova. Está previsto que os anotados se distribúan nos coches, para completar as prazas e así evitar levalos medio baleiros. Dende este punto desprazaranse ata diante da Catedral de Mondoñedo, onde está previsto o inicio da ruta, arredor das 9:30 horas.
Despois de 12 kms. de dificultade media, chegarán ó entorno do San Cosme, onde poderán desfrutar da xornada de romaría e festa. A comida será por libre, polo que cada un pode optar por levala da casa, ou ben xantar nos postos que están situados para a festa (polbo, churrasco…).
... leer más
Etiquetas:
10/09/2015
A asociación ACD Xove organiza unha ruta por "A Cubela", en Ribas do Sil, o vindeiro 20 de setembro. A inscrición está aberta.
 
O grupo de sendeirismo da ACD Xove desprazarase o 20 de setembro ao municipio de Ribas do Sil (Lugo) para facer a ruta de A Cubela, segundo os organizadores “unha das máis bonitas que se pode facer na Ribeira Sacra”. O percorrido, de 14 quilómetros, atravesa antigas minas romanas de ouro, aldeas restauradas, viñedos, soutos, castros, igrexas románicas e mosteiros. Tamén verán os participantes o espectacular meandro de 180º do río Sil na Cubela, así como San Clodio, a capital do concello de Ribas do Sil.
A dificultade é media-baixa e a saída en autobús será dende o Centro Cívico de Xove ás 7:45 horas da mañá. O prezo para socios non federados será de 12 euros, para socios con seguro deportivo, 14 euros, para non socios federados, 15 euros, e para non socios con seguro...
leer más
Etiquetas:
10/09/2015
A asociación Chao de Castro-Altair, de Burela, inicia a nova tempada das súas actividades de lecer educativo.
 
A asociación Chao de Castro-Altair de Burela organiza este 12 de setembro unha xornada de información sobre a nova tempada de actividades de lecer educativo. Ás 19 horas celebrarase na Casa da Xuventude Burela unha reunión informativa coas familias na que se dará conta das propostas de Altair para os próximos meses.
Segundo o seu responsable, Bruno Faustino, Chao de Castro-Altair, unha asociación que traballa na educación en valores no tempo libre, ofrece “un espazo para gozar e aprender, espertar a creatividade, as habilidades e destrezas”, así como “un ámbito de convivencia, cooperación, compañeirismo e respecto polas persoas e o territorio”.  O grupo de lecer educativo da asociación funciona a través de campamentos de inicio de outono, primavera e verán e con...
leer más
Etiquetas:
09/09/2015
Presentadas as escolas deportivas municipais de Cervo para a tempada 2015-2016. As actividades empezarán o 28 de setembro.
 
O concelleiro de Deportes, José Ramón Soto Martínez, e a de Xuventude, Dolores García Caramés, presentaron as escolas deportivas municipais para a tempada 2015-2016. As actividades empezarán o 28 deste mes de setembro e previamente, o día 24, terá lugar a presentación oficial no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián. 
 
José Ramón Soto explicou que esta iniciativa “esta en marcha dende no Concello de Cervo dende o ano 2007, o que representa unha clara aposta polo deporte base por parte deste Concello, como no podería ser de outra forma. A tempada pasada pechouse con 300 participantes, entre adultos e nenos, e pensamos que nesta edición manterase o número de participantes e incluso poderase superar”.
... leer más
Etiquetas:
08/09/2015
Os días 12 e 13 de setembro disputarase en Xove o Campionato de España Feminino de Bolos Celtas.
 
A vindeira fin de semana vaise celebrar, no Campo Municipal de Bolos de Sumoas, en Xove, o Campionato España Feminino de Bolos Celtas 2015, no que participarán 28 xogadoras procedentes de diversos puntos de todo o país, como Galicia, Madrid ou Asturias, comunidades onde se practica este xogo tradicional. Comezará ás 12 horas do sábado e rematará o domingo pola tarde. O sábado vai desenvolverse o campionato individual e na última xornada, o domingo 13, o campionato por parellas. Está organizado polo Club de Bolos de Xove e a Federación Galega de Bolos, co patrocinio da Concellería de Deportes de Xove.
 
Xove é un dos centros máis importantes de Galicia neste xogo e proba diso é o apoio que o Concello presta a través das Ligas...
leer más
Etiquetas:
08/09/2015
A asociación burelesa Pasada das Cabras organiza unha ruta a Valporquero (León) o vindeiro sábado, 12 de setembro. A inscrición está aberta.
 
A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza o día 12 de setembro unha ruta a Valporquero (León), con visita á cova e percorrido de catro quilómetros. Trátase dun tramo de dificultade baixa .
O prezo para os socios é de 25 euros e de 30 para os que non formen parte da asociación Pasada das Cabras.  A entrada á cova está subvencionada polo colectivo organizador e a taxa a pagar inclúe viaxe, seguro e comida. A saída está prevista para ás 7 de mañá dende a estación de autobuses de Burela. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 58 05 04 antes do 10 de setembro ás 20 horas.  
Esta ruta está patrocinada polo Concello de Burela.   
Etiquetas:
07/09/2015
Os Sendeiros de Foz organizan o 19 de setembro o noveno encontro "Río Ouro e Praias de Foz". A inscrición está aberta.

 

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 19 de setembro o seu noveno encontro de sendeirismo “Río Ouro e Praias de Foz”. O punto de encontro será a Praza de Conde de Fontao e a inscrición debe facerse antes do día 11 nos teléfonos 696 236 020 (Luciano) ou 670 369 017 (Morís) ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo por participante é de 2 euros. A organización informa que “non se inclúen seguros de accidente, sendo responsabilidade de cada un os danos que poidan sufrir”.

Etiquetas:
03/09/2015
O Cafés Candelas Breogán enfróntase en Ribadeo este venres, 4 de setembro, ao Leyma Básquet Coruña.
 
O pavillón polideportivo de Ribadeo será escenario este venres, 4 de setembro, a partir das 20 horas do partido que enfrontará a dous dos equipos galegos que, unha tempada máis, xogarán na LEB Ouro. O Cafés Candelas Breogán e o Leyma Básquet Coruña disputarán este amigable. 
O evento está organizado polo CB Ría de Ribadeo, que conta coa colaboración do Concello, de Be One e de Galipizza.
O prezo das entradas será de 3 euros para os adultos e de 1 euro para os menores. 
O Cafés Candelas Breogán concentrarase durante uns días en Ribadeo, a donde chega con toda a plantilla, incluídas as últimas viaxes. O de mañá será o seu primeiro partido da pretempada.  
 
Etiquetas:
31/08/2015
Presentado en Burela o XI Trofeo A Pataca Naranxa 2015/2016. Os mellores do equipo recibirán os agasallos a finais de tempada.
 
A Pataca Naranxa presentou esta mañá unha nova edición do seu Trofeo e xa van once. No acto, que acolleu a sede laranxa, a presidenta da peña, Carmen Teijeiro, estivo acompañada polo secretario técnico do club, Juanma Marrube, o capitán Edu e o edil de Deportes de Burela, Ramiro Fernández.
En 2015-16 o galardón conta coa colaboración do CD Burela FS Pescados Rubén e o Concello de Burela, ademais de Living Sport, que doa os trofeos que recibirán os mellores do equipo laranxa de Primeira División LNFS a final de tempada.
Iago Míguez, Matamoros e Álex González recibiron o recoñecemento dos premios pataqueiros no décimo aniversario da gala. O 10 laranxa compartiu o trofeo de Máximo Goleador co xogador da Mariña, que tamén recibiu o de Mellor Xogador, mentres que o actual gardameta do Movistar Inter foi nomeado como o Xogador Máis Valorado pola peña....
leer más
Etiquetas:
31/08/2015
A peña barcelonista San Miguel celebrará a súa tradicional churrascada de inicio de tempada o 5 de setembro. Será no campo de fútbol das Valgas.
 
Este sábado, 5 de setembro, a peña barcelonista San Miguel celebra a xa tradicional churrascada de comezo de temporada. Como en pasados anos será no campo de fútbol das Valgas, en San Miguel de Reinante. O menú consistirá en entrantes, churrasco, criollos, tortilla, postre, café e licores. O prezo para non socios será de 15 € e 6 € para nenos ata 13 anos. O prazo para apuntarse remata o 2 de setembro. Os interesados poderán contactar no tfno. 649 57 13 60.
 
Os socios da peña decidirán ese día os desprazamentos para ir ve-lo Barça esta temporada. Barcelona, Xetafe e San Sebastián soan con forza, ademáis dos máis próximo Vigo, Coruña e Xixón. 
Informar tamén que a peña ten aberto o prazo de alta...
leer más