Eventos

Etiquetas:
05/01/2022

Dentro da programación arredor dos 124 anos do nacemento do poeta Avelino Díaz celebrarase no Centro Sociocultural de Riotorto un acto que contará coa conferencia do profesor Bernardo Penabade Rei, investigador da obra de Avelino. A charla titúlase "O regreso de Avelino Díaz, cidadán de dous mundos". Tamén actuará a Coral de Riotorto.

O evento, que será presentado por Yoani Jartín Salgado, terá lugar o sábado 15 de xaneiro a partir das 17.00 horas.

A entrada será libre con aforo controlado.

Etiquetas:
04/01/2022

Mañá mércores, 5 de xaneiro, ás 19:00 horas as súas Maxestades de Oriente sairán ao balcón da Casa Consistorial de Burela para saudar a todos os nenos e nenas que acudan á Praza do Concello. 

Dadas as circunstancias sanitarias e seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia o Concello de Burela e a Sociedade Cultural Recreativa Ledicia “decidimos cancelar por precaución a tradicional cabalgata dos Reis Magos polas rúas da nosa vila”.

 

Etiquetas:
04/01/2022

Os Reis Magos xa están de camiño e chegarán a Foz o día 5 de xaneiro. 

Para que todos os nenos e nenas os poidan ver, realizarán un percorrido polas rúas da vila. 

Desde a organización subliñan que “como temos que continuar con precaución  pola covid19, os Reis viaxarán nas súas carrozas sen acompañantes e non farán a súa parada no Concello.  Pero todas as nenas e nenos poderán saudalos de forma ordenada na Sala Bahía".

 

04/01/2022

Os Reis Magos visitarán Lourenzá mañá, mércores, e recibirán @s nen@s nso baixos da Casa do Concello de 17 a 19 horas. Pero non se fará cabalgata, debido á situación na que se atopa a pandemia de Covid, segundo explica o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.

03/01/2022

O Concello de Viveiro anuncia para este mércores, 5 de xaneiro, a visita dos Reis Magos á vila, adaptada ao actual contexto sanitario. Esa tarde as súas maxestades realizarán un amplo percorrido para saudar a todos os nenos e nenas viveirenses. 

Os Reis Magos partirán dende Celeiro ás 17:30 en cadanseu vehículo. Pasarán pola ponte da misericordia, cara ao paseo marítimo, subindo posteriormente ata a rotonda das Sirenas. A continuación, descenderán por Cantarrana e pola variante ata o barrio de Xunqueira. 

En Landrove darán a volta para regresar pola travesía principal de Viveiro, pasando polo colexio San Roque, a residencia Betania e San Lázaro. Finalmente, regresarán ata Celeiro pasando antes por Lavandeiras. Co obxectivo de evitar aglomeracións, non se repartirán caramelos durante o percorrido. 

... leer más
Etiquetas:
03/01/2022

Tralos continuos cambios e viravoltas destes últimos días, logramos contactar cos Reis Magos para que se pasasen polo noso concello. 

As maxestades atenderán aos máis pequenos da casa facendo a seguinte ruta: Casa da Cultura, Igrexa das Oiras, Igrexa do Pereiro, Pinguela, Reirado, Igrexa de Bacoi, Igrexa de Carballido, Igrexa de Adelán, Castro e por último achegaranse ao pavillón de Alfoz para atender a quen así o desexe e recoller as cartas que sexan necesarias. 

Dende a directiva explican que “decidimos realizar un formato reducido deste evento e non contará coa oferta lúdica nin coa tradicional chocolatada.  Rógase prudencia e uso obrigatorio da máscara”.

03/01/2022

O Concello de Barreiros xa está ultimando os preparativos para recibir ás Súas Maxestades de Oriente o mércores, 5 de xaneiro, de 19:00 a 20:30 horas na Praza do Concello, sempre e cando o tempo o permita. No caso de inclemencias meteorolóxicas a recepción farase no pavillón municipal anunciando con antelación o cambio de ubicación por este mesmo medio.

Instalado o buzón real no Concello 
Mentres non chega o día, os e as máis impacientes poden achegarse á Casa do Concello a depositar as súas peticións onde xa se atopa instalado o Buzón Real, que quedará dentro do Concello cando este se atope pechado para resgardalo do tempo.

Tamén, a cativada que queira, pode descargar a carta “oficial” para dirixirse os Reis Magos de Oriente desde a seguinte ligazón.

...

leer más
03/01/2022

Por segundo ano consecutivo os Reis Magos saudarán ás nenas e aos nenos de Ribadeo desde o quiosco da música o vindeiro mércores, 5 de xaneiro, entre as seis e as oito e media da tarde. Melchor, Gaspar e Baltasar contactaron co Concello para comunicar que atenderán as recomendacións da Xunta, polo que non haberá desfile, pero si se poderá ver aos Reis Magos en Ribadeo. Así llo indicaron ao alcalde, Fernando Suárez, e á comisión organizadora da cabalgata.  

O rexedor dixo que “todo o mundo é sabedor das circunstancias actuais ás que nos temos que enfrontar por mor da pandemia que aínda temos e acabamos de saber, por fontes da Consellería de Sanidade, que a día de hoxe temos en Ribadeo 110 casos activos, na liña de moitos outros concellos da Mariña e do país”. 

Suárez Barcia explicou que “á vista disto debemos tomar...

leer más
03/01/2022

Desde o Concello indican que “tendo en conta o aumento de contaxios nos últimos días, desde o Concello de Cervo tomouse a precaución de suspender as actividades previstas para a tarde de hoxe e para mañá. Cancélanse a Festa Infantil, prevista para a tarde de hoxe, e a Festa Acuática de mañá, martes 4 de xaneiro”.

03/01/2022

Debido a razóns sanitarias cos contaxios por  Covid-19 aumentando en forma exponencial, dende o Concello de Xove “considérase que o mellor, e para protexer a saúde de todos nós, é suspender as actividades do Programa de Nadal previstas para os próximos días”. 

Debido a isto:
  -Suspéndese o Día dos Nenos, que estaba previsto para mañá martes, 4 de xaneiro, con inchables na Piscina e no Pavillón.
  -E suspéndense tamén a Cabalgata de Reis e todas as demais actividades previstas para o mércores, 5 de xaneiro.
 
Dende o Concello “agradecemos a comprensión dos nosos veciños e veciñas, desexándolles que poidan disfrutar igualmente dos Reis Magos, doutro xeito distinto, pero máis seguro”.