Eventos

Etiquetas:
22/07/2021

O Mercado dos Domingos, que tería que celebrarse o 25 de xullo, trasládase ao sábado. Terá lugar, como é habitual, na contorna da praza de abastos. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explica que “debido á festividade do 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, e só por esta semana cambiamos a data do noso Mercado dos Domingos. En lugar de celebrar a tradicional cita este domingo trasladámola ao sábado 24 na contorna da praza de abastos en horario de dez da mañá a dúas da tarde”. 

O edil ribadense engade que “xa para o vindeiro 1 de agosto volvemos celebrar o mercado en domingo, coma sempre, desde o pasado 27 de xuño e ata o 10 de outubro”. 

O Mercado dos Domingos está organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración coa asociación A Sucadoira. Nel participan 14...

leer más
22/07/2021

Cine ao aire libre, teatro, danza, música e xogos acuáticos no Pozo do Ola serán algúns dos protagonistas das actividades de verán que organiza o Concello da Pontenova. “Presentamos unha ampla selección de actividades nas que poden participar toda a familia, ademais este programa que se celebrará dende finais de xullo e agosto é completamente gratuíto” dixo Campos Conde.

“Quero lembrar que esta programación ao aire libre está adaptada ás actuais condicións sanitarias, e respectaranse escrupulosamente as medidas sanitarias preventivas fronte aos contaxios por covid-19. Non podemos baixar a garda”, avanzou o rexedor.

Programación
A escola Municipal de Teatro da Pontenova inaugura a tempada estival co “Misterio da Via Rexia”, a cita será 23 de xullo ás 23.00 horas. O día 24 haberá cine ao aire libre coa...

leer más
Etiquetas:
21/07/2021

A concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas, presentou o pequeno parque acuático no que se converterá a pista polideportiva do Campo da Cabana. 

A edil contou que “contaremos co Gravity, un gran tobogán, único en Galicia e que se estrea na Mariña. Nel, mozos/as e maiores poden lanzarse e saltar pola súa impresionante rampla de 35 metros de altura. Os/as máis pequenos/as, que non cheguen a 1,50m, poderán gozar do deslizador Selva, con dous tobogáns de 18 metros. Estreará este pequeno parque acuático a rapazada do programa Aberto x Vacacións, o xoves pola mañá, e na xornada de tarde xa poderán inscribirse todas as persoas que o desexen. Será necesaria a inscrición previa, na mesma pista polideportiva, para as diferentes quendas de mañá e tarde”.

Os horarios nos que estará aberto serán: xoves de 16 a 19...

leer más
Etiquetas:
21/07/2021

O Concello de Cervo organiza diversas actividades nos programas das Noites Alternativas e Enredando no Verán para os meses de xullo e agosto.

Os días 24 de xullo e 7, 8, 21 e 22 de agosto haberá aluguer de bicicletas eléctricas, na praza dos Campos en San Ciprián, en horario de 11:30-14:00 horas e de 16:30-20:00 h. Esta actividade é para todas as idades.

Os días 31 de xullo e 1, 14, 15, 28 e 29 de agosto están programadas rutas con guía turístico para todas as idades.

Os días 27 de xullo e 3, 10, 17 e 24 de agosto desenvolveranse clases de ioga para as crianzas de 6 a 9 anos. Ademais os días 29 de xullo e 5, 12, 19 e 26 de agosto estas clases de ioga estarán dirixidas a crianzas de 10 a 12 anos.

Tamén haberá neste mes de xullo teatro, o 22; circo, o 26; noite de...

leer más
Etiquetas:
15/07/2021

O Concello de Cervo organiza rutas guiadas por Sargadelos, os sábados e domingos dos meses de xullo e agosto.

A inscrición previa pódese facer no número de teléfono 691 656 600. As prazas son limitadas a 20 persoas, podendo variar segundo o nivel de restricións. A actividade é gratuíta. As rutas están compostas por dous percorridos diferenciados que se complementan e están destinadas a todas as idades.

Estas rutas comezarán este sábado e domingo, días 17 e 18 de xullo, e continuarán o 31 de xullo e 1 de agosto, 14 e 15 de agosto e 28 e 29 de agosto. Dan comezo ás 17:00 horas e teñen unha duración de dúas horas.

A temática dos sábados xira ao redor da figura de Antonio Raimundo Ibáñez e a orixe do antigo complexo siderúrxico. O itinerario comezará na Praza do Souto para chegar ao Conxunto...

leer más
Etiquetas:
15/07/2021

Corenta nenos e nenas con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos desfrutarán este verán do minicampamento A Conquista de Foz II, no marco da campaña de verán que ofrece á mocidade a Consellería de Política Social.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe aos 20 nenos e nenas que participan na primeira quenda da actividade, que comezou o pasado luns e remata mañá. O minicampamento desenvolverase de novo do 23 ao 27 de agosto. 

Os rapaces desfrutan de actividades de deporte e aventura en contacto coa natureza, como sendeirismo, xincanas, orientación, busca do tesouro, xogos na praia, obradoiros medioambientais ou teatro. Tamén coñecerán unha mostra do patrimonio cultural de Foz cunha ruta polo Castro de Fazouro. 

Arias explicou que o Goberno galego organiza...

leer más
14/07/2021

Volve o programa Cultura na Rúa, cargado de actuacións para as noites de verán: cinema, teatro, música, humor e maxia daranse cita na Praza Santa María, de Ferreira do Valadouro.

Este sábado, 17 de xullo, ás 20:30 horas haberá un concerto da Asociación Acordeonistas da Mariña. Para o día 24 á mesma hora está programado un espectáculo de música e clown titulado Con fusión a cargo de Piscore. O domingo 25, tamén ás 20:30 horas, Fantoches Baj representará unha obra de monicreques titulada Os novos lobos. Ese mesmo día ás 22:30 horas proxectarase a película Cuñados. E o sábado 31 o mago David Méndez ofrecerá o espectáculo Maxia de aquí e acolá.

Para asistir a esta programación recoméndase a inscrición previa no teléfono 982.57.15.16 de 9 a 14 horas e de 15:30 a 20:00 horas. Para a película Cuñados é necesario retirar...

leer más
Etiquetas:
14/07/2021

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, aproveitou a súa visita aos nenos e nenas que participan no campamento de verán para anunciar a programación cultural, que durante as próximas semanas levará ao concello espectáculos para todas as idades.

A propia alcaldesa tramitou unha nova subvención da Xunta de Galicia que se aprobaba por orde de entrada das solicitudes, ás doce da noite, para que os espectáculos do programa ‘Cultura no Camiño’ cheguen a Trabada. O concello aportará 1.580 euros e a Xunta 6.000 euros.

‘Cultura no Camiño’ é un programa financiado por Agadic e Agatur que se celebra nos concellos gallegos polos que pasa algunha das rutas recoñecidas. 

A praza do Concello de Trabada será o escenario de varios espectáculos de música, teatro, danza, maxia e novo circo (o...

leer más
Etiquetas:
13/07/2021

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou este martes a posta en marcha do programa Lugo Termal, que este ano a institución, como unha das medidas do Plan de Impulso da Economía da Provincia, decidiu abrir a persoas maiores de 50 anos, e con acompañantes que non teñan necesariamente esta idade, “co obxectivo de aumentar o retorno económico desta iniciativa nos establecementos termais da provincia cando máis o necesitan, dado o impacto que supuxeron as restricións decretadas pola Covid”, subliñou o mandatario provincial.

José Tomé avanzou que a partir de mañá os veciños e veciñas da provincia poden solicitar algunha das 1.320 prazas con estancia e sen estancia que ofrece a Deputación a través do programa de termalismo, unha vez que no día de hoxe se publicaron as bases do mesmo no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Fíxoo...

leer más
Etiquetas:
13/07/2021

Os días 30 e 31 de xullo e o 1 de agosto celebrarase en Alfoz a Festa dos Choferes, na honra a San Cristóbal, que organiza a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo.

O colectivo sinala que “ao longo da semana irémosvos desvelando todo o que xa temos preparado. Por suposto, levaranse a cabo as medidas oportunas para a non propagación da Covid-19. Esperámosvos a todos!”.