Eventos

Etiquetas:
02/07/2021

O vindeiro luns, 5 de xullo, ábrese o prazo de inscrición para Xornada de Historia Local de Alfoz, que terá lugar no Castelo de Castro de Ouro o 17 de xullo.

Desde o Concello lembran que “ese día tería que celebrarse o tradicional Mercado Medieval que, por motivos obvios non terá lugar no seu formato habitual, pero si con diversas actividades”.

E engaden: “haberá exposición de traxes medievais do 13 ao 25 de xullo; desenvolverase a Xornada de Historia Local, con aforo limitado para 20 persoas. Pola mañá haberá un ciclo de conferencias e pola tarde unha visita guiada ao Pazo de Carrocide. E desenvolverase o concerto do Grupo Tundal, música tradicional galega, ás 22:00h no exterior do Castelo”.

Etiquetas:
01/07/2021
A Área de Economía, Turismo e Desenvolvemento Local organiza este verán 10 percorridos guiados gratuítos, a través dos que se poderá descubrir o importante patrimonio natural e cultural de Ribadeo. Trátase dunha serie de rutas para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos moi diversos tanto dende o punto de vista natural como cultural. No acto de presentación participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Turismo e Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, e a técnica de Turismo do Concello ribadense, Begoña García. 
 
Vizoso Galdo explicou que “este ano, como novidade incorpóranse novos percorridos guiados, como o do Ribadeo Antigo co que nos trasladaremos a tempos pasados, de segredos lendas e historias, para ver esta vila con outros ollos. E tamén teremos novas Xeorutas. Neste caso a...
leer más
Etiquetas:
01/07/2021

Barreiros pon en marcha un novo punto de información turística situado na Praia de Coto.
Estará aberto durante xullo e agosto en horario de 17.30h a 20.00h de martes a venres e os sábados de 11.00h a 13.30h e de 17.30h a 20.00h. 

A oficina de turismo do Centro Sociocultural seguirá prestando servizo de martes a venres polas mañás, de 11.00h a 13.30h. 

Deste xeito, o Concello pretende achegar este servizo aos usuarios/as que acoden a Barreiros principalmente para gozar do litoral, polo que a actual oficina, situada en San Cosme, lles queda un pouco a desmán. 

As súas extensas praias de area branca e fina son o seu principal recurso turístico, mais Barreiros conta con outros atractivos tanto de carácter natural coma cultural, polo que esta Oficina de Turismo contribuirá a divulgar a...

leer más
Etiquetas:
30/06/2021
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou este mércores a posta en marcha do programa Coñece a túa provincia coa apertura do prazo para que asociacións e entidades sen ánimo de lucro poidan anotarse e reservar praza nestas viaxes gratuítas que organiza a institución en pequenos grupos e dunha xornada de duración por todo o territorio lucense seguindo diversas rutas. O período de solicitude das 1.242 prazas dispoñibles nesta primeira tempada estará aberto a partir de mañá xoves e ata o vindeiro 30 de xullo.
 
José Tomé, que compareceu nos xardíns da Deputación xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, lembrou que Coñece a túa provincia é unha medida incluída no Plan de Impulso da Economía da Provincia e “ten como obxectivo fomentar o...
leer más
Etiquetas:
29/06/2021

O 17 de xullo o pavillón Torques de Marzán, en Foz, acollerá un workshop de danza que impartirán os bailaríns Iago Alonso e Pablo del Pozo. 

Segundo subliñan desde a Concellería de Xuventude e Deportes “estes dous profesionais achegarannos á danza clásica, moderna, urbana e contemporánea nunha completa xornada que se iniciará ás once da mañá e rematará ás sete e media da tarde”.

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono 652 508 534 (Iago). 

 

Etiquetas:
28/06/2021

O Concello de Barreiros anuncia que, ademais dos roteiros en kaiak recentemente anunciados, tamén organizará rutas ambientais guiadas a pé por un tramo da marxe da Ría do Masma. Serán os días 16 e 30 de xullo e 13 e 27 de agosto. 

Serán gratuítas para os/as participantes e discorrerán polo trazado do Camiño Natural do Cantábrico dende a praia de Altar ata a ponte do tren situada pouco despois da Lagoa dos Patos completando unha distancia aproximada de 8 quilómetros (ida e volta) a realizar nunhas tres horas.

Durante o percorrido, acompañado por un/unha guía especializado/a, poñerase o foco na importancia deste ecosistema cunha ampla diversidade de tipos de hábitats e de especies de flora e fauna propios destes humidais. Tendo en conta que esta ría constitúe un dos puntos estratéxicos de Galicia para a observación...

leer más
Etiquetas:
24/06/2021

Este domingo, 27 de xuño, arrinca a XX edición do Mercado dos Domingos. Na cita, que organizan o Concello e A Sucadoira, participarán 14 produtoras e produtores da zona. Na presentación o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, lembrou que se celebrará na contorna da praza de abastos todos os domingos de 9 a 14 horas desde o 27 de xuño ao 10 de outubro. 

O edil ribadense explicou que “o Concello de Ribadeo organiza o Mercado dos Domingos en colaboración coa Asociación de Produtores da Horta A Sucadoira. Trátase dun mercado de produtoras e produtores da nosa zona, que pon en valor a economía de proximidade, que potencia o consumo de tempada e saudable, que coida do medio e que beneficia, loxicamente, a nosa economía local e apoia e dinamiza a vila de Ribadeo”.  

Pablo Vizoso contou que “este mercado...

leer más
24/06/2021

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este xoves no paseo lucense do Rato o programa de Actividades Fluviais que a institución provincial porá en marcha este verán en 10 concellos da provincia. 

Na rolda de prensa estiveron presentes tamén a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e alcaldes, alcaldesas e representantes municipais da maioría das localidades nas que terán lugar estas accións de lecer. En concreto, asistiron os rexedores de Alfoz, Jorge Val; Guitiriz, MarisolMorandeira; Láncara, Darío Piñeiro; Navia de Suarna, José Fernández; Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico; e Trabada, Mayra García Bermúdez; e o tenente de Alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro.

As Actividades Fluviais son totalmente gratuítas e están dirixidas a un...

leer más
Etiquetas:
23/06/2021

A Concellaría de Igualdade organiza o 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBI, diversas actividades que terán lugar no parque de San Francisco destinadas a rapaces e rapazas de 3 a 13 anos. Haberá unha ximkana, un mural creativo, marionetas diversas, obradoiros de pulseiras creativas e flashmob. Para a xente moza e adulta está programada unha proxección no Teatro ás 20:00 horas. Ademais na Casa do Concello lucirá, desde hoxe, a bandeira LGTBI.

A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, contou que “a Concellería de Igualdade, con motivo da conmemoración o 28 de xuño do Día Internacional do Orgullo LGTBI, vai desenvolver unha serie de actos para evidenciar que Ribadeo é unha vila que acolle e que respecta a todas as persoas. Como ben di o lema que escollemos este ano, Por un Ribadeo de cores, no que cada quen será o que...

leer más
Etiquetas:
23/06/2021

O 1 de xullo, xoves, comeza unha nova edición das visitas guiadas gratuítas organizadas polo Concello de Viveiro. Ese día consistirá nun percorrido no Vivertren de Covas a Celeiro. O venres 2 será polo casco histórico, o sábado 3 farán unha ruta polo monte San Roque e o domingo 4 haberá un percorrido no Vivertren ao Souto da Retorta.

Para participar nesta actividade gratuíta, que se desenvolverá todos os días ata o 30 de setembro, é necesaria reserva previa e o aforo é limitado. As saídas son ás 11:00 horas desde a estación de autobuses de Viveiro.

Os interesados en obter máis información e facer a reserva poden facelo a través do correo viveirovisitas@gmail.com ou do teléfono 634.631.641.