Eventos

Etiquetas:
04/06/2024

Dende o departamento de Investigación Social e Turismo do Concello de Xove organízase outro ano máis a romaría ao San Antonio Ventureiro da Rigueira o 13 de xuño, xoves. Este ano é unha edición especial xa que, despois da declaración por parte do Consello de Turismo de Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2023, foi elixido polo Concello de Xove como festivo local para este 2024.

Os organizadores anuncian que “ata o 11 de xuño todas aquelas persoas que desexen participar da romaría poderán anotarse no Concello de Xove para obteren a Ventura e a flor do San Antonio ó concluír o camiño. Para anotarse poden chamar ao teléfono 982.59.20.01 ou escribir un correo electrónico a lucia@xove.es. Como cada ano, os/as romeiros/as irán identificados/as cun carné de romaxe que poderán recoller no Concello antes...

leer más
Etiquetas:
04/06/2024

Todo está listo para a celebración da cuarta edición do Ribadeo Ilustrado do 6 ao 8 de xuño. Haberá música, charlas e un paseo teatral e musical entre o Pazo de Ibáñez e o Forte de San Damián. A cita estará dedicada a Antonio Raimundo Ibáñez, fundador da Real Compañía Marítima.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, dixo que “xa temos todo listo para a celebración da cuarta edición do Ribadeo Ilustrado, dedicado a Antonio Raimundo Ibáñez, fundador da Real Compañía Marítima. O programa de actividades dará comezo o 6 de xuño, este xoves, cun concerto da Orquestra de Cámara Galega na igrexa parroquial a partires das nove menos cuarto da noite”. 

Saiz seguiu a relatar que “xa o venres pola tarde ás seis e dez na Casa do Concello terá lugar a presentación do libro As máscaras de Ibáñez, o Marqués de Sargadelos que nunca...

leer más
Etiquetas:
04/06/2024

A parroquia de Bacoi, no concello de Alfoz, celebrará a súa festa na honra de San Antonio este domingo, día 9 de xuño.

As actividades empezarán ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Epo-K. A continuación haberá unha comida veciñal, que se desenvolverá baixo unha carpa instalada no adro da igrexa. E a partir das 18:00 horas volverá a música do dúo Epo-K.

Esta festa está organizada pola Asociación de Veciños de Bacoi coa colaboración do Concello de Alfoz.

Etiquetas:
04/06/2024

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, continuando cos actos do trinta aniversario da súa creación, organiza unha comida de confraternidade para rematar o curso. 

O xantar terá lugar o 22 de xuño ás 14:30 horas no Restaurante Voar. Esta comida está aberta a todas as persoas que queiran asistir, independentemente de que pertenzan á comunidade escolar actual ou non. 

O prezo do menú será de 36 euros para as persoas adultas e de 20 euros para menores de 12 anos. As inscricións poden facerse na Escola ou no propio restaurante ata o 17 de xuño. 

A dirección do centro convida a todos a participar nesta comida coa que celebrarán o seu trinta aniversario.

 

Etiquetas:
04/06/2024

A parroquia de Negradas, no concello do Vicedo, celebrará a súa festa na honra a San Antonio este sábado, 8 de xuño.

As actividades empezarán ás 13:00 horas con misa cantada, seguida de procesión e despois haberá sesión vermú co grupo Ritmo, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Gran Parada.

Haberá amplo aparcamento gratuíto e pista de baile cuberta.

03/06/2024

O club de fútbol Celeiro Club del Mar organiza a súa primeira laconada popular este sábado, 8 de xuño, en Pulpería Mario, en San Roque (Viveiro).

Haberá cea -con lacón, chourizo, cachelos, pan e viño, auga ou cervexa, por 10 euros- e festa amenizada pola disco móbil Conxuro. Ademais sortearán ceas para dúas persoas e bonos completos para o Resurrection Fest 2024.

Etiquetas:
03/06/2024

Acebro, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas na honra a San Antonio esta fin de semana, os días 7 e 8 de xuño.

As actividades empezarán o venres 7 ás 22:00 horas cunha churrascada popular, na que para participar hai que retirar os tickets no hotel San Briz ata este martes, 4 de xuño. Despois haberá verbena amenizada polo dúo Epo-k.

E o sábado 8 celebrarase misa solemne ás 13:30 horas e despois sesión vermú amenizada polo dúo La Hora Bruja e o cantante Antonio Barros, que tamén actuarán na verbena.

O campo da festa estará cuberto con carpa.

Etiquetas:
02/06/2024

A parroquia de Frexulfe, no concello do Valadouro, celebrará as súas festas na honra ao Corazón de Xesús días 7 e 8 de xuño.

O venres 7 a partir das dez da noite haberá churrascada, torrezmada e chourizada; e despois será a verbena amenizada polos dúos La Hora Bruja e Belinda.

E o sábado 8 celebrarase misa solemne ás 13:30 horas e a continuación procesión e sesión vermú co grupo Lume.

O campo estará cuberto con carpa.

30/05/2024

O Concello de Viveiro está a participar no salón turístico de Galicia, Turexpo, cun stand propio, co obxectivo de amosar o potencial turístico do municipio.

O evento estase a celebrar en Silleda, dende hoxe, mércores 30 de maio, e ata o domingo 2 de xuño, no marco da celebración da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. A sección FESTUR, na que se encadra o stand de Viveiro, está adicado ás festas declaradas de interese turístico. No caso de Viveiro estas son a Semana Santa, festa de interese turístico internacional, e tres celebracións declaradas de interese turístico de Galicia: a Romaría de Naseiro, a Rapa das Bestas e a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.

A inauguración do stand contou coa presenza do segundo tenente de alcaldesa, Jesús Fernández, que sinalou que a feira "servirá para dinamizar...

leer más
Etiquetas:
30/05/2024

A historiadora da USC Pilar Cagiao será a pregoeira do IX Ribadeo Indiano. O evento, que foi presentado hoxe na vila ribadense, será promocionado mañá, 31 de maio, en Santiago e o 7 de xuño en Oviedo.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, explicou que “a novena edición do Ribadeo Indiano vai ser presentada este venres, 31 de maio, en Santiago de Compostela, coa asistencia do conselleiro de Cultura, José López Campos, e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, así como unha delegación do equipo de goberno municipal e de Acisa. E o 7 de xuño daremos a coñecer este evento no Ayuntamiento de Oviedo”.

A edil sinalou que “as actividades previas ao Ribadeo Indiano arrincarán xa o vindeiro 15 de xuño. Están programadas diferentes visitas guiadas, obradoiros de repostería para o sector hostaleiro e...

leer más