Teatro

Etiquetas:
22/04/2021

A Área de Cultura do Concello de Ribadeo programa para este domingo, 25 de abril, a actuación de Teatro dos Ghazafellos que presenta a obra As pitas baixo a choiva. A función terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo ás 17:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.

Conta a historia de Ludivina e Tereija que son dúas pitas que viven no curral da Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, o neno que ven ás veces xogar con elas, pero temen que choiva pois cando iso pasa Ricardiño tolea e perségueas ata pechalas no curral. Coa axuda do galo Chafarís e o raposo Rosende, tentarán que o neno deixe de tolear coa choiva e sega a xogar con elas.

Trátase dunha adaptación do conto de Ricardo Carvalho Calero As pitas baixo a choiva, baseado en historias de Xentes da Barreira, O Lar de Clara, O país de...

leer más
Etiquetas:
20/04/2021

O dúo artístico Aldoalado, formado por Lucía Aldao e María Lado, presentan este venres, día 23, en Foz a Epístola de Aldaolado ás neofalantes. Será ás 20:00 horas na Sala Bahía.

O prezo das entradas é de 5 euros e hai que reservalas previamente chamando ao teléfono 982.140.027 extensión 3.

O dúo artístico Aldaolado está composto por Lucía Aldao e María Lado, dúas poetas galegas de consolidada carreira, que no ano 2005 decidiron unir os seus nomes e os seus esforzos creativos para dar lugar a esta proposta. Aldaolado é un proxecto artístico orientado á poesía escénica, co que conseguiron facer do recital un acto atractivo, próximo e divertido para todo tipo de público, mesmo para aquel que nunca leu poesía. A súa espontaneidade e complicidade en directo é a base sobre a que crearon case unha ducia de espectáculos...

leer más
Etiquetas:
19/04/2021
Pedras de Cartón presenta Lázaro de Tormes este sábado, 24 de abril, no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro. A actuación dará comezo ás 18:00 horas e está dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos.
 
Trátase dun espectáculo baseado no coñecido clásico da literatura, contado case sen palabras, a través da adaptación de Juan Rodríguez. Pensado para toda a familia, está narrado en clave de comedia, a través dun traballo de máscaras dirixido por Pablo Sanchez e Laura Sarasola, e unha banda sonora orixinal creada por Davide González.
 
O elenco, formado por Xosé Esperante, Xosé Vilarelle e Juan Rodríguez, dá forma a cada unha das pasaxes máis coñecidas desta universal historia da picaresca española. Unha maneira de introducir o amor polo teatro clásico...
leer más
Etiquetas:
15/04/2021

A axenda cultura de Ribadeo para esta fin de semana inclúe unha cita coa cultura tradicional. 

O sábado, día 17, ACF O Fiadeiro xunto con ex-alumnado da ESAD de Galicia presentará

A viaxe de José do Campo, unha historia musical dende O Courel ata Nova Orleáns. A representación terá lugar no Auditorio Municipal de Ribadeo, ás 20:00 horas.

O prezo das entradas é de 3 euros e o despacho de billetes será dende as 19:30 horas.

 

Etiquetas:
13/04/2021

"The Show Moscón" é un circo de monicreques itinerante de "varietés", presentado por un moscón gordiño. Un circo marabilloso, representado por un armario que abre as súas portas para amosar os diferentes números que hai dentro. Dentro do noso armario, podemos gozar de verdadeiras divas da canción, absurdos números musicais, magos e mentalistas arrepiantes, sorprendentes bebés funambulistas, marabillosos números de danza e humor interminable...

“The Show Moscón” está destinado ao público infantil e familiar. A función dará comezo ás 18:30 horas na Casa da Cultura. O prezo da entrada será de 2,5 euros.

 

Etiquetas:
13/04/2021

O Concello de Viveiro impulsa unha campaña de concienciación sobre a lingua de signos, cun contacontos en LSE e un curso online de formación en lingua de signos de 40 horas.

Este proxecto dá continuidade ao convenio firmado a semana pasada polo goberno local coa Fundación “La Caixa” e CaixaBank para adquirir cinco mochilas vibratorias Subpac que garanten a accesibilidade da comunidade xorda á programación cultural municipal. 

“A inclusión é unha das prioridades do noso grupo de goberno, polo que é un orgullo ver como este tipo de iniciativas se poñen en marcha no noso municipio”, destaca a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. 

Hoxe, martes 13 de abril, comeza o curso online de introdución á lingua de signos, impartido por Miriam Aller, intérprete de Entresignos, e que terá unha duración...

leer más
Etiquetas:
12/04/2021

A compañía Baobab representará a obra O lobo e a lúa este sábado, día 17 de abril, ás 18:30 horas na Sala Bahía, de Foz. É unha actividade incluída na programación cultural de primavera organizada polo Concello focense.

Esta representación de teatro infantil está dirixida a nenos e nenas a partir de 2 anos de idade e ten unha duración de 50 minutos. Logrou o premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques no ano 2014.

O prezo das entradas é de 2 euros para os nenos e nenas e de 3 euros para os adultos. Hai que reservalas chamando ao teléfono 982.14.00.27 extensión 3. 

 

Etiquetas:
12/04/2021

O 24 de abril ás 20:00 horas chegará ao Auditorio Municipal de Burela "A aldea das mulleres", o novo espectáculo de Carmen Conde de Tarabela Creativa.

A historia transcorre ao tempo que debulla fabas. Mentres ela vai debagando historias con ese poder simbólico que ten "buscarse os feixóns" constrúe a aldea das mulleres con relatos das habitantes, que rexen o seu destino, teñen as súas leis, viven emancipadas e tallan en pedra ornamentada os seus nomes para a Historia. E como fío condutor unha legume chea de supersticións, maldita, cargada de ánimas, empregada para a xustiza, como afrodisíaco e como o único alimento para roer en tempos da fome. Fabas e mulleres nunha sesión-aldea que acubilla liberdades, rompe silencios e achega ao público historias apañadas da horta da realidade. 

A entrada será de balde.

Etiquetas:
12/04/2021

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá o vindeiro sábado, 17 de abril, a representación de A compañeira de piso a cargo de Contraproduccións. A actuación dará comezo ás 19:00 horas.

Conta a historia de Sharon, un ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, que publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa. Sharon procura alguén coma ela pero queda de pedra cando chega Robyn que non podía ser máis diferente, lesbiana, vegana e chegada do Bronx. Pero lonxe de arredarse, comeza a experimentar co estraño e prohibido xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida.

Trátase dunha adaptación de Lilian Portela da comedia The Roommate, da autora americana Jen Silverman, en coprodución co Centro Dramático Galego....

leer más
Etiquetas:
10/04/2021

Esta semana...teatro. Unha nova representación teatral na Casa da Cultura. Nesta ocasión son os compoñentes do grupo de teatro da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña os que se achegan a representar a obra infantil: "A maxia dos sentimentos". 

Trátase dunha oportunidade de pasar unha boa tarde de domingo en compañía do teatro.

Será mañá, 11 de abril, ás 19 horas. A entrada é gratuíta e está limitada a 60 asistentes polas normas sanitarias pola COVID-19.