Teatro

Etiquetas:
17/03/2021

O grupo de teatro Chévere presenta a obra Curva España este sábado, 20 de marzo, no Auditorio Municipal Hernán Naval, de Ribadeo. A representación dará comezo ás 19:30 horas. O prezo da entrada xeral é de 5 euros e 3 para persoas desempregadas, estudantes e xubilados. A venda de entradas será, desde media hora antes do inicio da función, no despacho de billetes.

Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes, sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, artéllase unha peza que ironiza sobre o formato documental, combinando teatro e cine en directo. Bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca...

leer más
Etiquetas:
16/03/2021

Este venres, 19 de marzo, ás 12:00 horas a Sala Bahía, de Foz, acolle un espectáculo infantil a cargo do contactontos Caxoto. Está organizado polo Concello focense en colaboración co programa Educando en familia.

Debido as medidas anti-Covid o aforo será limitado, polo que hai que chamar ao teléfono 982.140.027-Extensión 3 para reservar previamente as entradas, que son gratuítas. 

 

Etiquetas:
15/03/2021

O vindeiro sábado, 20 de marzo, ás 18:30 horas Caxoto da compañía A Trastenda dos Contos representará no Auditorio Municipal de Burela a obra "Un conto e a durmir!".

Chegou a noite e con ela chegan as mellores historias. Os mouchos abren un ollo e dispóñense a comezar o día, un becho estrano camuflado na escuridade ameaza con asaltar a nosa despensa, un neno prepárase para descubrir o lugar de onde veñen todos os risos. Un feixe de contos para bebés arredor da noite, un feixe de aventuras para vivir en familia, un feixe de emocións para descubrir o mundo que nos rodea. Unha función de contos para abrirse camiño ata a cama e deixarse levar cara ó mundo dos soños.

As entradas estarán dispoñibles na billeteira por 2'50 euros.

Etiquetas:
10/03/2021

El Teatro Pastor Díaz, de Viveiro acoge este sábado, 13 de marzo, la representación de Bravas a cargo de Isabel Risco. La actuación dará comienzo a las 19:00 horas.

Se trata de una producción teatral sobre mujeres sin miedo que forman parte de un valeroso clan que ellas mismas paren y construyen sobre los pilares de la rebeldía. Bravas hace un repaso histórico por nuestra era, desde la época castrexa hasta el siglo XXIII, reparando en las pequeñas y grandes historias protagonizadas por nuestras mujeres. 

Isabel Risco, bajo la dirección de Fran Rei, nos propone un juego desde el teatro cómico y comprometido, porque entiende que si no es divirtiéndonos tampoco es nuestra revolución. Así se pone en la piel de mujeres de nuestro pasado, de nuestro presente y también de nuestro futuro.

 

Etiquetas:
10/03/2021

O Concello de Barreiros programa a actuación de Caxoto Contacontos, dentro de Educando en Familia, para este sábado, 13 de marzo, ás 18:30 horas, no centro sociocultural de San Cosme.

Para anotarse, por control de aforo, hai que chamar ao 982 124 002, ata este venres en horario de 9:30 a 14:30 horas. Asignarase un número que se corresponderá co asento a ocupar no salón de actos. A organización lembra que é obrigatorio o uso de máscara. Dispoñerase de xel hidroalcohólico e manteranse as distancias de seguridade. 

 

Etiquetas:
09/03/2021

A Concellería de Cultura programa para este sábado, 13 de marzo, a actuación de Paco Nogueiras que presenta o espectáculo musical Extra. A representación terá lugar na Casa da Cultura ás 18:30 horas e o prezo da entrada é de 2´5 euros.

O espectáculo presenta doce cancións e os temas dispóñense como nun xornal con distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais, internacionais, sucesos, información social, cultural, divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades. O autor coida as letras e as melodías que destacan polos ritmos modernos, pegadizos e bailables, invitando á participación do público. O disco-libro está ilustrado por Marc Taeger que ademais conta co apoio dos vídeoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo.

Este traballo destaca pola súa versatilidade e o seu...

leer más
Etiquetas:
08/03/2021

Nova actividade na Casa da Cultura para esta semana. Neste caso, organizada por Educando en Familia, o contacontos Caxoto presenta o seu espectáculo para nenos de ata 5 anos de idade. 

Será o venres, 12 de marzo, ás 16:30 horas na Casa da Cultura. Debido ás restricións da COVID-19 o aforo está limitado a 60 persoas. Entrada libre e gratuíta.

 

Etiquetas:
05/03/2021

Mañá, sábado, terá lugar no Vicedo a representación da obra "La Pimentera" na que se aborda unha temática moi interesante no marco do 8m: O papel das mulleres nos pobos. 

Será ás seis da tarde na Casa da Cultura. Como sempre tomaranse todas as medidas de aforo e distancias establecidas pola Xunta de Galicia en relación coa COVID-19.

 

Etiquetas:
04/03/2021

Palma Repalma é o programa do que gozarán todos os domingos do mes de marzo en Ribadeo as nenas e os nenos de ata tres anos. O día 7 Baobab Teatro estará no auditorio municipal con Ris Ras. Dentro do Apego a Concellaría de Cultura programa tamén propostas activas para as familias, segundo anunciou Pilar Otero Cabarcos. 

A edil ribadense dixo que “hai uns días adiantamos a nosa programación cultural ata xuño, tamén a de público infantil. E hoxe seguimos centrándonos nas propostas específicas para bebés. Primeiramente queremos anunciar que volvemos ter as caixas de benvida que tanto éxito tiveran.  Este agasallo do Apego quere potenciar que as persoas adultas, e a súa familia máis próxima en particular, lle falen o galego ás súas crianzas. A caixa contén entre outros elementos un dudú -o polbiño PO- , e un álbum de fotografías. Todas as...

leer más
03/03/2021

Teatro Noroeste presenta este sábado, día 6 de marzo, en Viveiro Da avaricia, a luxuria e a morte. Será no Teatro Pastor Díaz ás 19:00 horas.

Trátase dunha adaptación de Manuel Guede da obra de Ramón María de Valle Inclán. En Ligazón, a avaricia é un colar que enxoia o espertar do desexo erótico máis primario e animal, pero sobre todo é un inmenso e brutal berro de reafirmación da propiedade da muller sobre o seu propio corpo. A confabulación da Raposa e a Venteira non será quen de afogar a ansia de emancipación dunha Moza cos seus obxectivos perfectamente trazados. En A cabeza do Bautista, o indiano retornado fuxindo de xustizas, e despois da boa e incomprendida acción de dotar a un pobo inculto de bar e billares, se reencontra co seu pasado encarnado no fillo da finada, que chega con intencións retortas de recuperar herdanzas e...

leer más