Teatro

Etiquetas:
18/02/2021

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, programa varias actuacións teatrais con comedias, representacións infantís, monólogos e comedias musicais para os meses de febreiro, marzo e abril.

Este sábado, 20 de febreiro, ás 19:00 horas, La Quintana Teatro porá en escena a comedia O Premio. Tamén este mes o sábado 27 ás 18:00 horas Ghazafelhos Teatro presentará a obra infantil Pinocchio.

No mes de marzo: o sábado 6 ás 19:00 horas, Teatro Noroeste representará Da avaricia, a luxuria e a morte; e o sábado 13 ás 19:00 horas, Isabel Risco presentará a comedia para todos os públicos Bravas.

No mes de abril: o sábado 10 ás 18:00 horas Teatro Avento porá en escena a comedia musical Ummm!!!; o sábado 17 ás 19:00 horas Contraproduccións representará a comedia A compañeira de piso; e o sábado 24 ás 18:00...

leer más
Etiquetas:
18/01/2021

O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acolle un espectáculo de contacontos o 30 de xaneiro, sábado, ás 18:00 horas. Titúlase Unha viaxe ao mundo dos contos pop up e corre a cargo de Fátima Fernández.

Esta actividade está dirixida ao público infantil, con entrada libre e gratuíta e cun aforo máximo de 50 persoas. Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono 982.558.001 (ext. 2)

 

Etiquetas:
13/01/2021

A compañía Píscore presentará este sábado, 16 de xaneiro, en Burela o espectáculo Concerto Singular. A representación, dirixida ao público familiar, terá lugar no Auditorio Municipal ás 18:30 horas. A entrada será de balde.

Nesta montaxe, que gañou o Premio do Público no Festiclown 2017, os músicos Félix Rodríguez, Pepe Varela, Diego Rosal e Pablo Cabanelas se enfrontan a un gran conflito, 16 baquetas e unha única marimba. Eles estarán dispostos a facela soar da maneira máis orixinal e asombrosa e organizarse non vai ser fácil.

Píscore fainos chegar a mellor música e moito humor nun concerto singular, nunha proposta que se encadra n aliña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.

Colaboran na...

leer más
Etiquetas:
09/01/2021

O vindeiro sábado, 16 de xaneiro, ás 20:00 horas no local da asociación Castro de Vilaronte, o Grupo Teatral O Centiño, de San Martiño, organiza unha gala solidaria para recadar fondos para Cáritas. O colectivo representarán a obra "Vaia faena, a corentena", unha historia baseada en feitos reais ocorridos durante o confinamento polo Covid-19. 

Respectaranse a medidas de seguridade pola pandemia, polo que haberá prazas limitadas. Haberá que reservar chamando ao teléfono 636664210.

 

Etiquetas:
05/01/2021

O salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acollerá este sábado, 9 de xaneiro, ás 19:00 horas a actuación do mago David Méndez. 

Esta actividade está incluída no programa cultural de Nadal organizado pola Deputación de Lugo.

O salón de actos ten limitado o aforo conforme ás normativas para facer fronte á pandemia do COVID-19 e pódese reservar a entrada chamando ao 982.57.15.16.

 

28/12/2020

A concepción dramatúrxica da directora de Palimoco Teatro, Paloma Luxilde, e que xa adoptara hai anos coa obra O Público, sitúa aos espectadores e espectadoras no propio escenario. É por isto polo que o número de entrada é só para 25 persoas.

A función comezará ás 20.00 no Auditorio Municipal Hernán Naval e desde as 19.30 darase paso ao público por estrita orde de chegada ata completar os 25 asentos.

Esta función, de entrada gratuíta, está promovida pola Deputación de Lugo dentro do programa PROSCENIO.
 
“ONDE SITUAR A OBRA?

Presente en todo o poemario está por unha parte o faio da súa infancia e os tellados de Nova York. Partindo diso, creamos unha escenografía en 360 graos, onde estes tres personaxes poderían estar entre o faio da casa de Lorca en Granada e por outra parte...

leer más
Etiquetas:
26/12/2020

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá o vindeiro mércores, 30 de decembro, Ghop de Teatro Circo. A actuación dará comezo ás 12:00 horas.

Trátase dun espectáculo de teatro de rúa, incluído na programación de Nadal 2020 da Deputación Provincial, cheo de maxia, monicreques e baile coa colaboración do público.

A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 56 01 62 ou en rbg.cultura@viveiro.es. A entrada é de balde. 

 

Etiquetas:
18/12/2020

A Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 20 de decembro, unha actuación de Mamá Cabra que presentará A fraga do meu avó. Terá lugar no Auditorio Municipal ás 17:30 horas e o prezo da entrada é de 4 euros.

O espectáculo, dirixido ao público infantil e familiar, conta que a fraga do meu avó está chea de carballos que case tocan o ceo, castaños, bidueiros, loureiros, bieiteiros, abeleiras e moitas árbores que sempre deron moitísimo máis que madeira. Agochados entre eles andan paxaros como a pega marza, a estreliña do norte, o paporrubio real e a curuxa. E percorrendo os seus camiños están a píntega, os esquíos, o xabaril, o raposo…
A fraga do meu avó é o traballo máis recente de Mamá Cabra que nace do amor pola natureza e do compromiso pola terra que coidaron os nosos avós e as nosas avoas. Trátase dun espectáculo...

leer más
Etiquetas:
16/12/2020

A Concellería de Cultura programa para este sábado, 19 de decembro, unha actuación do grupo de teatro local O Torques, que estreará a súa última montaxe O Randiña. Será no Auditorio Municipal ás 20:30 horas. A entrada será de balde.

Trátase dunha comedia que recrea as peripecias dun vagabundo no seu afán de evitar que se lle arrebate o único lugar que considera o seu fogar, un banco de praza. Este singular personaxe fará fronte á indiferenza, o abuso e a marxinación tendo como única arma o seu inxenio e astucia, e logrando sortear cada situación que se lle presenta para saír ben librado.

A peza convídanos a facer unha análise da nosa vida e do noso papel na sociedade dende unha perspectiva distinta.

A Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora na organización deste evento.

 ...

15/12/2020

No salón de actos da Casa da Cultura de O Valadouro este sábado, día 19 de decembro, ás 19:00 horas o grupo de teatro da Asociación Cultural Abrente, de As Nogais, representará a obra “O aeroporto da Valiña”.

É unha obra do autor Javier González González enmarcada no xénero da comedia física e satírica, unha representación en clave de humor para todos os públicos.

O aforo do salón de actos está limitado conforme ás normativas para facer fronte á pandemia do COVID-19 e os que queiran poden reservar o seu sitio chamando ao 982.57.15.16.

Esta actividade está dentro do programa Gargalladas da Área de Cultura da Deputación de Lugo.