Teatro

26/03/2023

A Casa da Cultura de Burela acollerá o 22 de Abril ás 18:00 horas o espectáculo familiar O Show de Fifo “Soño” de Troula Animación. 

Fifo non sabe se vive nun soño ou si sempre ten sono, o que si ten claro é que neste espectáculo coa axuda dos nenos e das nenas vai descubrir a través de xogos, de bailes, de gags e de risas se vive nun mundo certo ou se é mellor espertar. 

Se tes un soño ven cumprilo e se tes sono ven durmilo! Entradas por 2'5 euros na billeteira.

 

Etiquetas:
23/03/2023

A asociación cultural Lume Escénico celebra o seu décimo aniversario cun ciclo de teatro na Pontenova do 26 de marzo ao 22 de abril

A primeira representación será este domingo, 26 de marzo, ás 19:00 horas e correrá a cargo de Ollomao, de Barreiros, que representará O documento.

O 1 de abril, sábado, ás 20:00 horas Achádego, de Lugo, escenificará a obra Nadal na casa dos Lamelo.

A seguinte representación do ciclo será o sábado 15 de abril ás 20:30 horas. Trípode, de Alfoz, ofrecerá a obra O Muro.

E para rematar o 22 de abril, sábado, ás 20:30 horas Lume Escénico, de A Pontenova, representará Albergue Casa Marelo.

Este ciclo está organizado pola asociación cultural Lume Escénico coa colaboración do Concello de A Pontenova.

 

Etiquetas:
22/03/2023

Para conmemorar o Día Internacional do Teatro a Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza a representación da obra O porco de pé a cargo de Producións Teatrais Excéntricas. Será mañá, xoves, ás 20:30 horas na Sala Bahía.

É unha obra escrita por Vicente Risco, dirixida por Quico Cadaval e o elenco está formado por tres coñecidos actores: Patricia Vázquez, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira.

É unha obra para adultos e o prezo da entrada é de 5 euros.

Etiquetas:
13/03/2023

O vindeiro sábado, 18 de marzo, chega a Viveiro “Baile de huesos”, a cargo de Teatro Andanzas. Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. 

Trátase dunha comedia dramática e tenra á vez que apela á emoción e á esperanza e cuxo obxecto final é unha invitación á reflexión sobre os valores da nosa existencia. É a historia de catro personaxes que viven de costas aos seus soños e á súa realidade, esmagados por unha montaña de frustracións, detidos nun espazo-tempo baleiro e que esperan a chegada da morte, mentres discuten nunha situación inevitable como persoas que desexan vivir...ou que desexan morrer. Cando chega a morte, resulta ser unha personaxe ao que a encanta a vida, é moi diferente ao que supoñemos e resulta ser afable e cordial e ata un pouco descoidado. Nesta obra e na vida a morte sabe falar pero tamén sabe escoitar para poder...

leer más
Etiquetas:
12/03/2023

O sábado, 18 de marzo, Xoque Carbajal e Jouse García de Malasombra Producións representarán ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Burela a conferencia fúnebre-cómico-teatral "De algo hai que morrer".

Dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao 100 % da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A morte.

Ao longo da conferencia, os dous profesores disertan, dramatizan e dan resposta a preguntas sobre diversos temas relacionados co asunto principal. A vida. Vivir é bonito ou está sobrevalorado? A inmortalidade. Como sería o mundo se fósemos inmortais? Os sinais. Chega a morte sen avisar ou hai pistas que a anuncian? Maneiras de morrer. Morremos sempre de repente? O suicidio creativo. Desfruta do...

leer más
Etiquetas:
12/03/2023

O venres, 17 de marzo, ás 20:30h no Salón de Actos da Casa da Cultura, de Alfoz, terá lugar a actuación de Caxoto con "Micromachista eu??" para fomentar a igualdade e conmemorar o Día Internacional da Muller, 8 de marzo. 

Coma sempre a entrada será gratuíta para poder disfrutar de 60 minutos de espectáculo dirixido a público adulto e adolescente e reflexionar con humor sobre a igualdade e nós mesmos. 

"Micromachista eu??” Certa vez falando de igualdade para un grupo de persoas adultas un home indignado foise da xuntanza preguntándolle ao mundo unha e outra vez sen dar creto “micromachista eu?”… 

Esa é a reacción normal que temos cando alguén nos insinúa que podemos estar tendo unha actitude ou comportamento sexista. Poucas veces a persoa que se indigna sabe realmente identificar cales son...

leer más
Etiquetas:
09/03/2023

Mañá, 10 de marzo, ás 21:00 horas no auditorio da Casa da Cultura terá lugar o espectáculo Tabú, de Tarabela Teatro. Esta actividade enmárcase dentro das programadas pola Concellería de Muller e Igualdade para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Tabú é o novo espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, no Morrazo, no Courel, na Mariña Lucense, na Costa da Morte e no Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.

Trátase dun show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú. Un tendal para poñer ao clareo todas as...

leer más
Etiquetas:
07/03/2023

O colexio Juan Rey de Lourenzá, a terra natal do protagonista do Día das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, acolleu hoxe a presentación da nova edición de Primavera das Letras, o espazo virtual que a Real Academia Galega dedica ao público infantil. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a académica responsable do proxecto, Fina Casalderrey, visitaron o centro acompañados de Eva Mejuto e Lucía Cobo. A escritora e ilustradora asinan As cousas de don Paco, unha obra teatral infantil, para ler e para que representen os nenos e nenas, na que o lapis Donlapis, o reloxo Baldomero, a cámara de fotos Leica, a máquina de escribir Oliva e a lupa Guadalupa de Francisco Fernández del Riego son os encargados de achegar os nenos e nenas á figura do protagonista do vindeiro 17 de maio.

Alén da obra teatral, a páxina...

leer más
Etiquetas:
07/03/2023

Culturactiva e “As alumnas” chegan o 11 de marzo ao Teatro Pastor Díaz, de Viveiro. Será ás 20:30 horas. 

As Alumnas é un espectáculo dirixido por Fina Calleja, con texto de Paula Carballeira, e con Anabell Gago e Mónica Camaño no elenco. Dirixido a un público adulto, trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.

Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito...

leer más
Etiquetas:
03/03/2023

O espectáculo Tabú, da compañía lucense Tarabela Creativa, protagonizado por Carmen Conde con música ao vivo de Nastasia Zürcher, chega este domingo 5 de marzo a Ourol para conmemorar o Día da Muller. Será no Edificio Multiusos do concello a partir das 17.00 horas. A entrada será de balde.
 
"Tabú" é o espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.
 
Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.
 
Un tendal para poñer ao clareo todas...

leer más