Teatro

29/01/2020

O colectivo cultural Ollomao representará este sábado, 1 de febreiro, na Casa da Cultura de Burela a obra Enciclopedia Álvarez.  Será ás 21:00 horas e  o prezo da entrada é de 5 euros.

Enciclopedia Álvarez é a historia do día a día de catro nenas e catro nenos sometidos á absurda deseducación da escola franquista. É unha invitación ao sorriso, sobre todo porque nos fala dun pasado aparentemente afastado da nosa realidade actual.

A obra, dirixida por Ramón Casas Oroza, foi a gañadora do premio Conde Santo á mellor representación no I Certame de Teatro Afeccionado de Lourenzá en outubro de 2017; e recibiu o premio ao Mellor Actor Protagonista para Juan de Culán, e á Mellor actriz protagonista para Marisa Freire. Tamén foi a obra gañadora á mellor montaxe nos XXI Encuentros Teatrales IES Elisa y Luis Villamil-...

leer más
Etiquetas:
22/01/2020

Haberá un segundo pase do espectáculo que Carlos Blanco ofrecerá o día 1 de febreiro no Auditorio Municipal Hernán Naval. Titúlase Os Mellores Monólogos. Esgotáronse as entradas para o primeiro pase e as entradas, para o que terá lugar ás 22:00 horas están á venda en ataquilla.com e se sobrasen venderíanse o mesmo día do espectáculo desde as 21:00 horas na billeteira.

Este venres, 24 de xaneiro, terá lugar a presentación do documental sobre urbanismo e maltrato da paisaxe, Estruturas. Pel contra Pel. Será ás 20:30 horas no Teatro de Ribadeo.

O prezo da entrada é de 3 euros. Haberá un coloquio posterior á proxección do documental, dirixido e realizado por Paco Gallego e Xosé Bocixa.

E o domingo, 26 de xaneiro, seguirá o ciclo Músicas Comunais nas Parroquias coa actuación das pandereteiras...

leer más
Etiquetas:
22/01/2020

O grupo de teatro A Adala Infantil representará en Cervo a obra Que cousas pasan no Camiño.

A actuación terá lugar o domingo, 26 de xaneiro, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello de Cervo. A entrada é libre.

Esta é a segunda obra que interpretan sobre os escenarios os novísimos actores do grupo de Foz e que presentaron xa hai máis dun ano.

O Concello de Cervo colabora na organización deste evento.

 

16/01/2020

O grupo de teatro Obra Viva do Seminario de Estudos Terra de Viveiro ofrecerá a súa última representación da obra Casa Macho de Vicente Míguez.

Será este domingo, 19 de xaneiro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura do Vicedo. A entrada é gratuíta.

A obra fala dun conflito familiar e de machismos en clave de humor. Está interpretada por dezasete actores dirixidos por Vicente Míguez.

 

Etiquetas:
14/01/2020

O grupo teatral O Centiño, de San Martiñon, presentará a súa última obra El Guindilla, na parroquia focense de Marzán este sábado, 18 de xaneiro.

A representación terá lugar no local social do Pradovello, onde ten a súa sé a asociación cultural O Torques, e dará comezo ás 20:00 horas.

 

Etiquetas:
02/01/2020

O Concello continúa coas súas actividades de Nadal. Deste xeito, mañá venres, 3 de xaneiro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, haberá unha función dobre de teatro a cargo dos membros de Aspanane de Viveiro. 

O grupo de teatro de Aspanane vai representar dúas obras: Cegos e o elefante e O pícaro de Viveiro.Esta última xa figurou no programa do Nadal do pasado ano, pero foi cancelada debido á enfermidade dalgún dos seus compoñentes. Pois ben, este ano teremos dobre disfrute con este fantástico grupo.

Lóxicamente, desde o Concello invitan a todas as persoas da Mariña a que asistan a esta dobre e estupenda función de teatro en Xove.

 

Etiquetas:
26/12/2019

A Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través do programa “O teu Xacobeo” o ciclo de monólogos Humor no Camiño, que organiza a Asociación Xuvenil Sagrado Corazón de Lugo e ao que achega 19.200 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e o presidente da entidade organizadora, Óscar Engroba, presentaron hoxe o programa, que inclúe dez paradas noutros tantos concellos polos que discorren os Camiños Primitivo, Norte e Francés, todos da provincia de Lugo menos o de Melide, que inaugura o programa. 

Os participantes son humoristas moi coñecidos polo público, e todos eles comprometéronse a crear monólogos que tiveran como eixe historias ou vivencias do Camiño. Abrirá a programación J.J.Vaquero na Casa da Cultura de Melide, este sábado ás 20.30 horas. E o seguinte actor en sumarse será...

leer más
Etiquetas:
26/12/2019

Manuel Manquiña presentará Relatos Negros mañá, venres, no auditorio municipal de Burela. O humorista galego era un dos poucos que faltaba por pasar pola vila, segundo o concelleiro de Cultura, José Díaz, que anima a que ninguén se perda este espectáculo. As entradas seguen á venda online en ataquilla.com con oferta estes días de dúas por unha.

O edil burelés dixo que “este viernes, 27 de diciembre, a las nueve de la noche tendremos en el auditorio municipal de Burela la presencia y la actuación de Manuel Manquiña. Es uno de los actores y humoristas gallegos que nos faltaba por traer al auditorio de Burela, en los últimos cinco años. Ya lo intentamos en otras ocasiones, no fue posible, y ahora sí que lo tendremos aquí”. 

José Díaz cre que “era importante que también él estuviera al igual que otros muchos cómicos...

leer más
Etiquetas:
23/12/2019

Este venres, 27 de decembro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro actuará Teatro Cubo que presentará a obra Nube nube sol. Haberá dúas funcións, ás 17:00 e ás 18:30 horas.
A obra está dirixida ao público infantil con idades de 0 a 4 anos e ten unha duración de 40 minutos.

A representación conta como as nubes chegan, chove, sae o sol e á natureza esperta para encherse de cores. Ao amparo dos paraugas, os protagonistas atopan agocho, cantan, bailan e, acompañados de pintorescos animais, son parte da mesma paisaxe. Nube nube sol mete de cheo ao espectador na diversión e na aprendizaxe de todo o que o sol e a choiva provocan  na súa contorna. A través do corpo, a xestualidade, o canto e a música, Teatro cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.

O...

leer más
Etiquetas:
20/12/2019

O programa de actos do Nadal en Xove vai comezar coa chegada de Papá Noel, este sábado, día 21, quen, despois de visitar a Residencia da 3ª Idade, vai estar ás 19:00 horas no Pavillón Municipal, onde vai recibir a tódolos nenos.

De seguido tódolos nenos disfrutarán dunha Festa con dinamización musical a cargo da emprega IG10. 

Dado que o tempo está invernoso, nada mellor que unha chocolatada. Pois ben, poderemos disfrutar dunha chocolatada gratuita ata agotar existencias.

E o domingo, día 22, haberá teatro infantil.  O grupo de teatro infantil ADALA  de Fazouro vai a representar a obra “QUE COUSAS PASAN NO CAMIÑO!”. A función vaise desenvolver ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.

Sinopse: Esta é unha obriña que trata sobre o amor verdadeiro. Un...

leer más