Teatro
O vindeiro luns, 17 de setembro, sairán á venda as entradas para a ópera Madame Butterfly de Puccini, que chegará a Burela o 2 de novembro. As entradas estarán dispoñibles vía internet en ataquilla.com. Os prezos oscilarán entre os 15 e os 20 euros para platea e anfiteatro 1. O concelleiro de Cultura, José Díaz, agarda que o auditorio da Casa da Cultura colgue o cartel de aforo completo, tal e como aconteceu nas outras dúas óperas que se puideron ver na localidade en 2016 e 2017.
O edil anunciou que “el próximo 2 de noviembre, viernes, a las ocho y media de la tarde, está previsto que haya aquí, una vez más, un evento muy importante para Burela como es la ópera. Volverá en esa fecha con una obra de Giacomo Puccini que es Madame Butterfly, del mismo autor de la primera ópera que se trajo a Burela en 2016, que era La Bohème”.
... leer másEste tributo a la famosa serie Soy Luna tendrá lugar en el Teatro Pastor Díaz de Viveiro a las 18:00 horas.
Las entradas pueden adquirirse en el propio teatro, en horario de oficina, y en www.woutick.es
"Luna sobre ruedas" está basado en la serie de Disney Channel, y nos cuenta la historia de Luna, la nueva chica del instituto que acaba de mudarse a la ciudad y consigue evadirse de los problemas de adaptación a través de la música y el patinaje, sus dos grandes pasiones. Su padre le apoya en su sueño de ser cantante y en seguir luchando para superar las situaciones sociales por las que tendrá que pasar.
A Delegación de Cultura do Concello de Lourenzá ven de presentar a programación teatral que levará a cabo ata o mes de decembro. As representacións darán comezo o 15 de setembro coa compañía Argalleiras Teatro, de Chantada. Ademais esta programación inclúe a actuación do humorista galego Carlos Blanco o día 29 deste mes.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anuncia que “na programación teatral de outono do Concello de Lourenzá a primeira representación que imos ter vai ser o sábado día 15 de setembro coa compañía Argalleiras Teatro, de Chantada, que porá en escena a obra Comedia bífida. O sábado 22 de setembro a compañía A Peneda, de Monterroso, presentará a obra A cea dos idiotas. Estas dúas representacións pertencen ao programa Buxiganga, da Deputación Provincial, e serán ás oito da tarde no salón de actos do Concello”.
... leer másO patio do colexio Nº 1 de Foz acolle desde hoxe, martes, ata este venres, día 31, a décimo terceira edición da Semana do Teatro Afeccionado, que organiza o Concello focense. Todas as representacións están programadas para as dez da noite.
Hoxe o grupo O Bordelo, de Cervo, representará a obra Depende, unha comedia da que é autor e director Francisco Piñeiro.
Mañá, mércores, a compañía Pico do Castro, de Foz, ofrecerá a obra Unha novela policíaca, comedia con guión, adaptación e dirección a cargo de Juan Villarino.
O xoves 30 o grupo O Centiño, de San Martiño, representará a obra El Guindilla, unha comedia da que é autor e director José Vázquez Peinó.
E o venres 31 a compañía A Adala, de Fazouro, ofrecerá a obra Elixir de xuventude, comedia dirixida por Ana Couto...
leer másO domingo, 2 de setembro, dará comezo a XXXIII edición da Semana do Teatro Concello de O Valadouro, coa representación da obra A Azoreira (República Independente), a cargo do grupo Os Pícaros de Lagoa, de Alfoz.
O luns, 3 de setembro, Bule-Bule (teatro-fusión), cun elenco formado por actores dos grupos teatrais Raiolas de Alfoz e Trangalleiros de Lourenzá, interpretarán a obra Xente con xente, comedia creada por Bule-Bule.
O martes, 4 de setembro, o grupo de teatro O Bordelo, de Cervo, porá en escena Depende de Francisco Piñeiro.
O mércores, día 5, o colectivo cultural Ollomao de Barreiros representará Enciclopedia Álvarez, obra do propio grupo.
O xoves 6 o grupo de teatro A Adala, de Fazouro, presentará Elixir de xuventude.
As...
leer másA obra teatral ‘O palco e as lúas’ do autor e director Manuel Lourenzo será representada na quinta edición do Teatro no Castelo, que terá lugar o vindeiro sábado 25 de agosto ás 21.00 horas nas inmediacios do Castelo do Castrodouro en Alfoz.
O Clube Teatral Elsinor será o encargado da representación na que actuarán Manuel Lourenzo, Cristina Fuentes, Margot R. Alvarade, Carme Martinez, Xosé Martínez, Xulia Miguel e Xabier Esteller.
SOBRE O DIRECTOR
Manuel Lourenzo, nado en Ferreira do Valadouro, é actor, dramaturgo, director teatral, tradutor e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.
Manuel Lourenzo cursou estudos de Maxisterio. Entre 1962 e 1964, viviu en Alemaña. Volta a Galiza e, en 1965, xunto con Francisco Pillado, o Grupo de Teatro O Facho, grupo ligado á Agrupación...
leer másA Delegación de Cultura organiza un espectáculo de pompas de xabón xigantes para o público familiar que se celebrará o vindeiro venres, 3 de agosto. Será ás 12:00 horas e terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
Os Fabulosos Cleaners presentarán un sorprendente espectáculo visual con pompas de xabón dirixido a un público de todas as idades. Interpretado por Xoque Carvajal e Jouse García, é unha creación de Luis Beviá e o propio Xoque Carvajal é quen tamén dirixe esta cita xunto a Marcos Orsi.
É unha actuación enmarcada dentro do programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia.
Barreiros acolle o vindeiro domingo, 8 de xullo, unha actividade de promoción da lingua galega para a que contará coa presenza de Os Bolechas.
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros, será escenario do espectáculo O Amigo Monte, de Os Bolechas a partir das 12:30 horas.
A actividade está incluída no programa de animación lingüística FalaRedes da Xunta de Galicia. O Concello colabora con este acto.
O grupo teatral O Centiño de San Martiño, en Foz, estrea a súa terceira obra titulada El Guindilla. Será este sábado, 30 de xuño.
A representación terá lugar ás 21:00 horas na área recreativa de Ferreiravella, en San Martiño, que é o lugar de ensaio do grupo.
A asociación cultural O Centiño presenta El Guindilla como a obra máis picante endexamais escrita e dirixida por Pepe Peinó, que levará por diversos escenarios da provincia comezando pola semana do teatro de Foz, en agosto, e continuando polos circuítos de Buxiganga.
A Delegación de Cultura programa unha representación teatral para este domingo, 17 de xuño.
O grupo Andanzas representará a obra El caso de la mujer asesinadita, escrita por Miguel Mihura e Álvaro de la Iglesia. É unha comedia emocionante de intriga, pertencente á “alta comedia”, e na que os autores desmontan o mito do matrimonio burgués de épocas pasadas.
A representación, para todos os públicos, será ás 19:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.












