Teatro

Etiquetas:
16/04/2015
O espectáculo musical "Os Tres Porquiños" de Educa Teatro chega este sábado, 18 de abril, a Burela.
 
O espectáculo Os tres porquiños de Educa Teatro chega este sábado, 18 de abril, á Casa da Cultura de Burela. O acto, que se enmarca dentro da Programación Cultural de Primavera do Concello, foi presentado esta mañá polo alcalde, José Mª González Barcia, a concelleira de Cultura, Mónica Pedre, e actores da compañía. 
Esta obra musical con bonecos a tamaño real dará comezo ás 17:30 horas. 
Desde Educa Teatro preguntan “como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?”. E engaden “a resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na moderna...
leer más
Etiquetas:
13/04/2015
Os venres de abril, maio e xuño desenvolverase en Cervo o taller de teatro "Pimpim". Hai 32 nen@s inscrit@s.
 
Arrinca unha nova edición do Taller de Teatro Infantil “Pimpim”, unha actividade para nenos e nenas de infantil e primaria no que participan 32 alumnos. O taller desenvolverase todos os venres de abril, maio e xuño, e será nese último mes cando os participantes representen as pezas teatrais que ensaiarán durante este tempo. 
Unhas obras de teatro con guións propios, escritos e ideados polas monitoras do taller, adaptados ao nivel dos nenos, ás súas idades e preferencias. A primeira sesión tivo lugar o venres pasado, e incluíu xogos para favorecer o contacto entre todos os participantes, pero a partir do venres que vén xa comezarán os ensaios das obras.
O Concello leva tres anos ofrecendo o Taller de Teatro Infantil, cuxos...
leer más
Etiquetas:
13/04/2015
Este sábado, 18 de abril, haberá teatro para os máis pequenos no Pastor Díaz, en Viveiro. Baobab representará "Martes".
 
Baobab Teatro porá en escena en Viveiro a obra Martes, que é un espectáculo recomendado para nenos/as de 2-7 anos. Será o vindeiro sábado, 18 de abril, ás seis da tarde no Teatro Pastor Díaz. 
Érase unha vez unha galaxia, a galaxia Leo T formada por planetas, estrelas e Martes.
Martes é un ser espacial que vive entre a lúa e as estrelas. Gústalle xogar con elas e nunca, nunca se separa.
Martes tenlle medo ao lobo, aos monstros, aos tronos, aos peidos, etc. Martes tenlle medo a todo por iso nunca saíu da lúa, durme no seu regazo e sácalle brillo para non quedar a escuras.
Martes naceu un martes de lúa chea. Algúns din que é fillo da lúa pero iso non o...
leer más
Etiquetas:
13/04/2015
Ollomao representará en Foz este sábado, 18 de abril, a obra "Oé, Oé, Oé". Será na Sala Bahía ás seis da tarde.
 
O ano pasado a Asociación Cultural A Pomba do Arco levaba a Foz o grupo de teatro Ollomao despois de ter paseado por toda Galiza a obra "Os vellos non deben namorarse". Este ano a mesma asociación quere que Foz volva a disfrutar do teatro de Ollomao.
Este sábado, 18 de abril, ás 18 horas na sala Bahía de Foz, o grupo de teatro da asociación cultural Ollomao representará a súa derradeira obra "Oé, Oé, Oé".
"Oé, Oé, Oé" é unha de teatro escrita por Maxi Rodríguez que se está a representar en toda Europa con gran número de asistentes. Foi estreada en Asturias en 1994, sendo traducida ao galego por Roberto Vidal Bolaño e representada polo grupo “Teatro de aquí”, supoñendo un dos grandes éxitos do teatro galego. A obra de Maxi Rodríguez é...
leer más
Etiquetas:
09/04/2015
Talía Teatro porá es escena este sábado, 11 de abril, en Viveiro a obra "Demolición". Será no Pastor Díaz ás 20:30 horas.
 
Trátase dunha comedia de 90 minutos de duración, escrita e dirixida por Cándido Pazó. Toño Casais e Artur Trillo forman o elenco artístico. 
Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo. Catro pés para o banco da comunicación teatral. Hai outros. Pero quixemos probar se chegaba con estes para que o banco se mantivese en pé. “Comidrama”. Xa que o concepto existe, outorguémoslle un nome. Un termo que exprese esa alquimia dramática entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión. A espera, un eco beckettiano que chega de lonxe. O fracaso colectivo reverberando metaforicamente.A fraxilidade humana resoando no fondo do precipicio.
A representación terá lugar este sábado ás 20:30 horas no Teatro...
leer más
Etiquetas:
09/04/2015
Os nenos e as nenas de 3 a 10 anos teñen unha cita este sábado, 11 de abril, na Casa da Cultura de Burela co espectáculo "Lobo Bobo" de Elefante Elegante.
 
A Concellería de Cultura de Burela,  a través da Biblioteca Pública Municipal e dentro do programa Ler conta moito, presenta o vindeiro sábado, 11 de abril, á Compañía Elefante Elegante co espectáculo Lobo Bobo, destinado ao público infantil de 3 a 10 anos.
Segundo informan desde a Concellería de Cultura “Gonçalo Guerreiro mestura os contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música.Un espectáculo interactivo, onde as marionetas cobran vida nas casas que se irán construíndo diante dos ollos dos espectadores á medida que se narran as novas aventuras dos personaxes dos clásicos infantís. ¿Que pasaría se o lobo de Carrapuchiña se fixese vexetariano? ¿Que acontecería se a madastra de Branca Neve  se convertese nun...
leer más
Etiquetas:
08/04/2015
Veladas de Teatro 2015 en Lieiro (San Ciprián) los días 11 y 18 de abril. Están organizadas por la Asociación de Vecinos de Lieiro.
 
La Asociación de Vecinos de Lieiro (San Ciprián) organiza las Veladas de Teatro 2015, que tendrán lugar en el local social de Lieiro los días 11 y 18 de abril.
En las mismas participarán dos grupos de teatro del municipio: O Bordelo y Ardora.
O Bordelo pondrá en escena una obra escrita y dirigida por Francisco Piñeiro el próximo sábado, 11 de abril, a las 19 horas. Y Ardora representará “Soños Cumpridos”, el 18 de abril a las 19 horas. La obra está dirigida por Mª Paz Rodríguez Silva y escrita por Francisco Piñeiro. 
La entrada es libre. La Asociación de Vecinos de Lieiro cuenta con la colaboración del Concello de Cervo para organizarlas Veladas de Teatro. 
 
Etiquetas:
07/04/2015
A Sala Bahía, de Foz, acollerá unha representación de teatro infantil este sábado, 11 de abril. Sarabela poñerá en escena "O último dragón".
 
Dentro do ciclo de teatro infantil organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz, a Sala Bahía acollerá unha nova representación este vindeiro sábado, día 11, ás 18.30 horas.
A compañía Sarabela porá en escena a obra titulada O último dragón, dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos de idade. Terá unha duración de 50 minutos e o prezo da entrada é de 2,5 euros, excepto para os menores de 12 anos, que deberán pagar 1,5 euros.
 
Etiquetas:
01/04/2015
Este domingo, 5 de abril, haberá teatro en Ribadeo no auditorio municipal Hernán Naval: Pequenos actos pseudorrevolucionarios.
 
O auditorio municipal Hernán Naval acollerá a representación de Pequenos actospPseudorrevolucionarios, que non serven para cambiar o mundo, pero fan que quedemos máis tranquilos. 
Esta proposta nos premios María Casares 2013 obtivo o de mellor actriz protagonista Marián Bañobre  e mellor texto orixinal para Santiago Cortegoso. Unha comedia aceda e absurda sobre as nosas “revolucións particulares”.
Desde este Movemento Escénico sinalan que “é evidente que nos enganan e nos manipulan. Só interesamos como consumidores ou como votantes, que é o mesmo. ¿Como podemos cambiar esta situación? Pasando á acción. Tomando a revancha pola nosa conta. Non seremos quen de darlle a volta ao sistema, pero podemos darnos pequenos caprichos. Como?...
leer más
26/03/2015
O Bordelo representará este domingo, 29 de marzo, en Barreiros a obra "O reparto".
 
Este domingo, 29 de marzo, haberá teatro en Barreiros. No centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partir das 18 horas o grupo O Bordelo representará a obra de Francisco Piñeiro O reparto.
A entrada é gratuíta. E con esta posta en escena “celebraremos o día internacional do teatro”, explican desde o Concello barreirense. A actividade está organizada pola Concellería de Cultura e conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo.