Teatro
Odaiko presentará o espectáculo Cousas de Catro o vindeiro 18 de xuño en Barreiros.
A cita, incluída no programa Cultura no Camiño 2019 da Xunta de Galicia, correrá a cargo da formación artística Odaiko que presentará o espectáculo teatral-musical dirixido a toda a familia, especialmente para nen@s de 3 a 11 anos de idade, titulado Cousas de catro. Terán prioridade, ata completar aforo, os/as alumn@s dos colexios de Barreiros.
Trátase dun musical narrado e escenificado por percusionistas. Xunto con instrumentos do mundo da percusión contemporánea, Sergio Sande, Antonio Ocampo, Juan Collazo e Pepe Varela mesturan a creación, referencias humorísticas, artísticas e tradicionais, máis o efecto sorpresa, destacando sempre a importancia do traballo en equipo.
O espectáculo terá lugar o...
leer másO grupo de teatro Náufragos presentará a obra Castrapo este venres, 14 de xuño, no auditorio de Burela ás 21:00 horas. No elenco de actores está a actriz barreirense Estíbaliz Veiga. O prezo da entrada é de 4 euros.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “este viernes, 14 de junio, a las nueve de la noche vamos a tener aquí, en el auditorio de Burela, una obra de teatro de primer nivel. La compañía es Náufragos y la obra se llama Castrapo que está dirigida por Gustavo del Río, un director y actor de teatro muy conocido en Galicia. En el reparto tenemos a Estíbaliz Veiga, que ya estuvo el año pasado con nosotros con una obra titulada Golpes, sobre la violencia de género. Siempre es un placer recibirla, es una actriz de A Mariña que colaboró con nosotros en distintas ocasiones, nos ayudó en diferentes eventos de manera...
leer másEl Concello de O Vicedo organiza un curso de teatro que se celebrará del 6 de julio al 6 de agosto en la Casa da Cultura. Estará dirigido por Vittorio Capotorto de Italytime New York.
Podrán anotarse las personas mayores de 18 años y no se requiere experiencia previa en teatro. El curso tendrá lugar si se reúne un mínimo de 5 participantes.
En el curso se afrontará la selección del guión, la lectura y explicación de textos y personajes, la asignación de personajes y la puesta en escena y representación final.
El precio es de 100 euros, y las personas interesadas pueden obtener más información y anotarse en el número de teléfono 610 993 286, hasta el 10 de junio.
A Tropa de Trapo continúa o vindeiro domingo en Alfoz a xira do espectáculo ‘Catro monos’, que está a levar os contos con valores a diversos concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A actuación desenvolverase o 19 de maio ás 18.30 horas no salón de actos do Centro Sociocultural, nas proximidades do Día de África, que se celebra o 25. A compañía mestura narración oral, música ao vivo e teatro de obxectos para facer reflexionar ao público sobre como nos relacionamos entre nós e co medio.
‘Catro monos’ é un espectáculo para pensar, para rir, para cantar e para soñar con outro mundo posible. A proposta dálle a volta aos emoticonos dos monos que non escoitan, non ven e non falan para que fagan todo o contrario en catro historias, que nos levan a convivir coas mulleres dunha aldea, con habitantes do Sáhara, etc. Todo...
leer másO grupo de teatro Axouxeres actuará en Barreiros o domingo, 12 de maio.
Axouxeres porá en escena Un divorcio no pobo, trátase dunha obra cómico-costumbrista apta para todos os públicos.
A función terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, ás 18:30 horas.
A representación está organizada polo Concello de Barreiros, a través da súa Delegación de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este sábado, 4 de maio, ás 20:30 horas, a representación da obra Castrapo a cargo de Os Naufragos Teatro.
Conta a historia de Daniel, un escritor galego emigrado a Madrid que volve á terra logo da morte do seu pai con quen non mantiña unha relación fluída. No camiño encóntrase con Rosa, que colle o mesmo tren con destino A Coruña. Nesta viaxe a Galicia, Daniel atópase co seu pasado e coa necesidade da procura das súas raíces.
O elenco está formado por Denís Gómez, Victoria Teijeiro e Gustavo del Río.
Tamén no Teatro Pastor Díaz o domingo, 5 de maio, ás 19:30 horas, Andanzas Viveiro porá en escena Sainetes e poesía escénica.
O teatro e a poesía van da man nesta ocasión, poñendo en escena tres sainetes cómicos e un recital...
leer másA Concellería de Cultura presenta a Félix Rodríguez e a Fran Rei en Saaabor!, unha proposta cómica para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González. Será este sábado, 27 de abril, ás seis da tarde na Casa da Cultura.
Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia e humor, moito ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Félix e Fran, os protagonistas, convértense durante unha hora en dous recoñecidos chefs que ofrecen un gorentoso, equilibrado e, sobre todo, afinado menú do día: unha comida moi musical para toda a familia.
O food truck de Saaabor! chega á vila, un carro de xantar do que xorden infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e unha chea de obxectos de cociña cos que facer música. Unha hora de humor nun espectáculo gastronómico onde teñen...
leer másO Concello de Burela inclúe varias representacións teatrais e unha proxección de cine infantil na súa programación cultural para este mes de abril.
O venres, día 5, a compañía Volta e Dalle presentará Falar por falar. Será a partir das 21:00 horas e o prezo da entrada será de 4 euros.
O 12 de abril a compañía MalaSombra Producións porá en escena a obra O caso é ter saúde. A representación dará comezo ás 21:00 horas e o prezo da entrada será de 4 euros.
O 21 deste mes continuará o ciclo Burela de Cine cunha película infantil a partires das 18:30 horas.
E o 27 de abril rematará a programación cultural deste mes coa obra teatral Saaabor que presentará a compañía Cultura Activa. Será ás 18:00 horas e o prezo da entrada será de 2´50 euros.
O...
leer más












