Teatro

Etiquetas:
06/11/2015
A Casa da Cultura de San Ciprián acolle este sábado, 7 de novembro, unha representación infantil. Será a partir das sete e media da tarde.
 
O auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián acollerá mañá, sábado, ás 19:30 horas unha representación teatral dirixida ao público infantil.
O grupo de teatro Érase unha vez ofrecerá a obra titulada Mercados revoltos. É para todos os públicos e con entrada gratuíta.
 
Etiquetas:
04/11/2015
O grupo humorístico Trípode actúa este venres, 6 de novembro, en Burela dentro do ciclo "Teatro no outono", que organiza a Concellería de Cultura.
 
O grupo humorístico Trípode, de Alfoz, actúa este venres, 6 de novembro, en Burela dentro do programa do ciclo Tetro no Outono. A representación terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura ás 21 horas. É válida para todos os públicos e a entrada é libre.
 
A peza escollida para a ocasión é Xuízo Anticorrupción, unha obra que conta o rocambolesco xuízo a Tubérculo Fernández, alias Pataco, o maior delincuente coñecido. Son varios os cargos que demostran que é un home corrupto e aproveitado, que só pensa en facer chanchullos e vivir do conto. Pataco é acusado de roubo, de dar sobres e de regalar traxes para conseguir favores. Varias testemuñas escollidas de entre o público son chamadas para testificar contra o acusado. Son Pirindolo...
leer más
Etiquetas:
04/11/2015
O Concello de Ribadeo leva espectáculos teatrais de pequeno formato ás parroquias do rural. Os días 7 e 8 de novembro Peter Punk actuará en Piñeiro, en Ove e en Santalla.
 
O Concello leva espectáculos teatrais de pequeno formato e para todos os públicos ás parroquias do rural. O actor clown Peter Punk estará en cinco lugares nos vindeiros días. Este sábado, 7 de novembro, estará na escola de Piñeiro ás 17 horas e ás 20:30 horas na escola de Ove. E o domingo, 8 de novembro, estará no Teleclube de Santalla. 
Xa o 12 de novembro Peter Punk actuará ás 17 horas na escola de Couxela e ás 20:30 horas na escola de Vilaframil. 
Estas actividades enmárcanse na programación cultural do Concello de Ribadeo para o último trimestre deste ano 2015. 
 
03/11/2015
A Adala representará o vindeiro domingo, 8 de novembro, a súa peza "Sen seu amor". Será no centro sociocultural de Barreiros.
 
O grupo de teatro A Adala, de Fazouro, levará este domingo, 8 de novembro, a súa peza Sen seu amor ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros. 
A representación, que comeza ás 18 horas, está organizada pola Concellería de Cultura e forma parte do proxecto teatral Buxiganga, patrocinado pola Deputación de Lugo. 
 
Etiquetas:
01/11/2015
Sarabela Teatro chega a Viveiro con "O último dragón". Trátase dunha comedia para os máis noviños da casa. Será o 7 de novembro no Teatro Pastor Díaz.
 
O 7 de novembro Sarabela Teatro porá en escena no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro, “O último dragón”. Unha comedia dirixida ao público infantil, a nenos e nenas de 5 a 11 anos. Será ás seis da tarde. 
Sipnose:
O dragón da nosa peza non é un dragón do común, trátase do derradeiro da súa especie por que os tempos nos que os dragón eran tan correntes como o son agora os autobuses xa pasaron cando comeza o noso espectáculo. Será por iso que cando a princesa e o neno Telmo achéganse ao fondo da cova onde vive para acabar con él e cumprir así a tradición, o noso amigo négase a moverse: Para que vou eu querer unha princesa? di.
Para comela, non? contéstalle a princesa treméndolle un pouquiño a voz.
... leer más
Etiquetas:
28/10/2015
A Casa da Cultura de Burela acolle este sábado, 31 de outubro, os sketchs humorísticos dos participantes no obradoiro de teatro, que se celebrou este mes.
 
Os 11 alumnos do obradoiro de teatro, organizado pola Delegación de Cultura do Concello burelés, poñerán en práctica o aprendido este sábado, 31 de outubro, no escenario da Casa da Cultura. Ás 20 horas amosarán, en forma de sketchs humorísticos, as técnicas aprendidas durante o curso, impartido por Juan Villarino. O concelleiro José Díaz agarda que o grupo continúe traballando para formar un colectivo teatral no municipio. 
O edil socialista anunciou que “este sábado, 31 de octubre, a partir de las ocho de la tarde, en el Auditorio de la Casa da Cultura habrá una muestra de los trabajos del curso de teatro que se organizó aquí promovido por el Concello durante todo el mes de octubre. En total fueron 11 alumnos los que estuvieron desde el principio al final. Estuvieron...
leer más
Etiquetas:
25/10/2015
O grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, estrea o 31 de outubro a súa segunda superprodución cunha obra de Shakespeare.
 
Máis de 20 persoas participan nesta nova montaxe, “Noite de Reis”, que Ollomao leva máis dun ano preparando.A estrea será ás 20:30 horas no pavillón dos colexios de San Miguel e as entradas, que xa están á venda, custan 4 euros.
Estamos no ano 1982. Sebastián e Violeta son dous irmáns mellizos fillos do gobernador do estado imaxinario de Masalia que acaba de ser derrocado por un golpe de estado. Eles dous foxen ao exilio nun barco de Burela que pescaba na costa dese país e que foi fletado para transportalos á salvación nun  país do norte de Europa. A mala sorte quixo que o barco encallase fronte ás costas da Mariña. Sebastián, acompañado do capitán do barco, logra chegar á praia da Arealonga, e aí empeza unha continua sucesión de equívocos que non se resolverá ata o final...
leer más
22/10/2015
A compañía Elefante Elegante leva á Biblioteca El Viejo Pancho de Ribadeo o seu número de contacontos "O Aviador" este sábado, 24 de outubro.
 
O lecer para os máis pequenos ten un lugar destacado na axenda cultural de Ribadeo para esta fin de semana. Este sábado, 24 de outubro, ás 17:30 horas, na biblioteca municipal El Viejo Pancho, os cativos poderán gozar do espectáculo O aviador de man da compañía Elefante Elegante. 
Trátase dun contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos que chega a Ribadeo para celebrar o Día da Biblioteca . No espectáculo, a narración oral vai acompañada pola manipulación de obxectos, sombras chinesas, marioneta de luva e música e conta a historia dun aviador e o seu moucho, que como todo moucho adora a noite e aborrece o día. O aviador intentará axudarlle neste cometido.  A entrada ao contacontos é libre.
 
Etiquetas:
21/10/2015
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, acolle este domingo, 25 de outubro, a obra de teatro "Soños cumpridos", do grupo Ardora.
 
O grupo teatral Ardora leva este domingo, 25 de outubro, ao Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro a súa peza Soños cumpridos, unha sesión de teatro coa que colaboran a Concellaría de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Barreiros. O evento, que comeza ás 18 horas, está enmarcado no programa Buxiganga que patrocina a Deputación de Lugo.
 
20/10/2015
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle o vindeiro sábado, 24 de outubro, a representación de "Presidente", a cargo de Teatro do Morcego.
 
Teatro do Morcego levará a escena o vindeiro sábado, 24 de outubro, no teatro Pastor Díaz de Viveiro a súa peza Presidente, unha comedia para adultos de 90 minutos de duración e dirixida e escrita por José Prieto. A cita é as 20:30 horas.
Presidente é a historia dunha campaña electoral na que o goberno saínte non ten moi boas perspectivas. Os asesores do presidente, ao que non acompañan as enquisas, deciden tomar unha iniciativa inesperada: visitar persoalmente aos votantes nas súas casas para convencelos e lograr que o apoien. Así que cidadáns de todo tipo comezan a recibir a visita do presidente nos seus fogares; dende unha familia humilde a outras ultraconservadoras e antisistema escoitarán as propostas do candidato nunha comedia sobre a manipulación política.
... leer más