Baile

Etiquetas:
24/01/2023

A asociación cultural O Pasatempo, de Mondoñedo, organiza a unha cea baile con cocido para o 4 de febreiro, sábado, en Finca San Antonio.

O menú está composto por sopa, cocido completo, filloas, viños tinto e branco, auga e refrescos, café e chupito. 

O evento empezará ás 21:15 horas coa actuación do dúo Epo-K, ás 22:00 iniciarase a cea e a partir das doce da noite celebrarase o baile de disfraces, tamén amenizado polo dúo Epo-K.

O prezo é de 30 euros e as entradas véndense ata o 1 de febreiro en O Palique, O Rincón de Mondoñedo, Bar Castro e Vinoteca Segundo.

 

Etiquetas:
10/01/2023

O club de fútbol Sporting Pontenova organiza unha cea baile para o 20 de xaneiro, venres, ás 22:30 horas no Local das Sociedades. A festa será amenizada polo dúo Estrellas e a cea serviraa O Lar de Balbina. Haberá sesión vermú antes de cear, a partir das 21:30 horas.

O menú para adultos ten un prezo de 23 euros e inclúe empanada, lacón, fabada, tenreira guisada, bebida, sobremesa e café. E o menú infantil, que custa 15 euros, está composto por tortilla, pizza, táboa de embutidos, tenreira guisada, bebida e sobremesa.

Os tickets para participar poden recollerse en O Lar de Balbina ou solicitalos a membros da directiva do club ata o mércores 18.

Para a organización deste evento o Sporting Pontenova conta coa colaboración do Concello de A Pontenova.

 

Etiquetas:
10/12/2022

A Aciam de Xove instalará unha pista de xeo na Praza do Centro Cívico do 15 ao 30 de decembro, ambos días inclusive.

A apertura o 25 de decembro vai ser opcional, e abrirase ou non dependendo dalgúns factores de última hora. En calquera caso, avisarase do que se faga este día.

O prezo das entradas é de 7 € para o público en xeral (prezo en taquilla) e de 5€ para os que presenten bonos desconto de 2 €uros. Estes bonos desconto serán repartidos polos comerciantes asociados da Aciam Xove, e vanse entregar tamén estes bonos descontos a ANPAS, colexios e institutos de Xove e da zona. Polo tanto, animamos a todas as persoas que gusten desta actividade a que veñan a Xove, e xa saben, se mercan nun establecemento asociado noso van ter un desconto de 2 €uros.

Nesta actividade,  organizada por...

leer más
Etiquetas:
13/11/2022

A comparsa Os Fandangueiros, de Alfoz e O Valadouro, organiza a terceira edición da súa cea baile. Será o 3 de decembro, sábado, no pavillón polideportivo de Alfoz, desde as 21:30 horas.

A organización anuncia que a cea estará servida polo catering Chao da Brea e haberá baile amenizado pola disco móbil Conxuro, sorteos e moitas sorpresas máis.

Para reservar hai que contactar cos teléfonos 679.566.111 ou 603.670.661 e o prazo remata o 30 de novembro.

 

Etiquetas:
06/11/2022

O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas que está aberto o prazo de inscrición para as clases de baile de salón. 

Serán os venres de 21:30 a 23:00, no polideportivo municipal de Sante. O prezo por persoa é de 20 euros mensuais. As inscricións poden tramitarse por teléfono no 982135011. 

A iniciativa está organizada polo Concello de Trabada e as clases están impartidas por Hover Cross.

 

Etiquetas:
22/08/2022

O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross; e que terán lugar en Cervo e en San Ciprián.

A actividade foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas, e polo profesor internacional de baile de salón, Francisco Villarino.

As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250, 620.817.300 ou 630.864.427

O 7 de setembro está prevista unha reunión ás 21:00 horas, na Casa da Cultura, para concretar horarios, a data de comezo das clases e a organización dos grupos.

...

leer más
Etiquetas:
06/04/2022

O Concello de Foz recupera este domingo os bailes na Sala Bahía. Anunciárono hoxe o alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo.

O rexedor municipal explica que “a situación actual permíteo e hai moitas gañas de volver xuntarnos, de recuperar a vida social, da que tamén depende a nosa saúde mental. Era unha demanda unánime e no xantar dos maiores do pasado 26 de marzo adquirimos o compromiso de recuperar o baile dos domingos á maior brevidade. Cumprimos ese compromiso”.

A concelleira de Asuntos Sociais indica que “despois destes dous anos duros de pandemia xa tocaba retomar o baile dos domingos na Sala Bahía, unha celebración habilitada especialmente para as persoas maiores do noso concello. Emprazámosvos a todas e todos este domingo a desfrutar -iso si, con máscara- das cumbias e pasodobres...

leer más
Etiquetas:
29/11/2021

O Concello de Riotorto organiza un baile de fin de ano para despedir este 2021.

A velada, que estará amenizada polo Dúo Sensación, dará comezo á unha da madrugada, a entrada será de balde e haberá servizo de bar. Ás 5:30 horas servirase un chocolate gratis para todos os asistentes.

A festa terá lugar no centro sociocultural e colaboran na súa organización as asociacións veciñais e culturais do municipio.

As persoas interesadas poden solicitar máis información no teléfono 982 346 222 ou na web www.concelloderiotorto.gal.  

 

Etiquetas:
21/07/2021

A música protagoniza a axenda cultural de Ribadeo para esta fin de semana. 

O sábado, 24 de xullo, estará Xacarandaina en Ribadeo ás 19:00 horas no Cantón cun espectáculo de baile e música tradicional dentro do programa Danza 3-Xacobeo 21-22.

O domingo, 25 de xullo, a Banda de Música Municipal de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional Concerto da Patria. Será no parque San Francisco ás 21:00 horas. 

 

Etiquetas:
06/07/2021

Xacarandaina actuará en Burela o vindeiro sábado, 10 de xullo. Será ás oito da tarde na praza da Mariña. A cita chegará da man do Xacobeo 21-22 e do Concello. 

Danza 3 Xacobeo 21-21 así se denomina o espectáculo de baile e música tradicional que ofrecerá Xacarandaina, que asegura no seu facebook que “a través da Federación XOC e cos nosos compañeiros de O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos, seguimos traballando para dar visibilidade ao folclore galego e pola recuperación do noso Patrimonio Inmaterial”. 

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima “a asistir e a disfrutar desta actuación de Xacarandaina, un grupo con máis de 40 anos de vida, que nos deleitará con baile e música tradicional galega. O espectáculo desenvolverase respectando o protocolo covid e as normativas sanitarias en vigor”.