Baile

Etiquetas:
04/09/2018

O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross.

A actividade foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés e polo presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas.

As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250 ou 620.817.300.

O vindeiro xoves, 13 de setembro, está prevista unha reunión ás 21:00 horas, na Casa da Cultura, para concretar horarios, a data de comezo das clases e a organización dos grupos.

As sesións, unha á semana, serán impartidas por profesores titulados en vals, pasodobre, tango, foxtrot,...

leer más
Etiquetas:
18/05/2018

O grupo tradicional Marbadás, pertencente á Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo e formado por preto de trinta persoas, actuará este vindeiro sábado, 19 de maio, na localidade berciana de Ponferrada. 

Esta agrupación, de recente creación, participará na Gandaina Urbana, organizada pola Asociación Cultural Abelladeira. Ao longo da mañá desfilarán polas rúas do casco antigo de Ponferrada e xa na tarde actuarán na Praza do Concello xunto á Banda de Gaitas anfitrioa. 

Unha vez rematada esta parte do evento, dará comezo o Baile do Candil, no que diferentes agrupacións realizarán pequenas intervencións para amenizar o baile. Nesta ocasión o tamén grupo ribadense Illa Pancha será o encargado de representar á nosa vila.

 

 

Etiquetas:
05/03/2018

A Pontenova acollerá un encontro de música e baile tradicional o día 24 de marzo, sábado. Está organizado pola Asociación Musical Eco das Minas e a Escola de Música local, que contan coa colaboración do Concello da Pontenova.

As actividades empezarán ás 11 da mañá cun obradoiro de baile tradicional a cargo de Ruth Pérez. Ás 16:30 horas haberá outro obradoiro, neste caso de canto e pandeireta, con Noemí Basanta. A participación nestas actividades é gratis para os socios de Eco das Minas e os non socios deberán pagar 5 euros. Para apuntarse hai que contactar con Feli no teléfono 610.94.77.38.

A partir das 19:30 horas actuarán as agrupacións musicais Corxa Airiños Galegos Doce Albor Santurtzi, de Santurce; O Feitizo, de Foz; e o grupo de gaitas A Chocolateira, da Escola de Música da Pontenova. Como invitados...

leer más
Etiquetas:
25/02/2018

O vindeiro luns, día 26, ábrese o prazo de inscrición nos cursos de baile de salón, que organiza a Concellería de Servizos Sociais. Patricia Otero explica que “todas as persoas interesadas en participar poden achegarse ata a Casa do Concello para anotarse, dado que a inscrición será presencial”. As prazas son limitadas. 

A actividade dará comezo o 6 de marzo e rematará o 26 de xuño. O martes é o día elixido para o desenvolvemento desta actividade. As quendas serán as seguintes: de 18:45 a 20:00 horas, de 20:00 a 21:15 horas e de 21:15 a 22:30 horas.

O baile de salón impartirase na Casa da Cultura. 

As persoas interesadas en obter máis información poden chamar ao seguinte número de teléfono: 982 58 06 09. 

 

Etiquetas:
11/02/2018

O Casino de Mondoñedo acollerá o vindeiro 17 de febreiro a Cea Baile do Sábado de Piñata. 

Será a partir das 22:30 horas e estará amenizada polo dúa Epo-K.

As tarxetas están á venda no Rincón de Mondoñedo ao prezo de 20 euros para os socios e socias y a 25 euros para os non socios. 

 

Etiquetas:
29/01/2018

O vindeiro sábado, 3 de febreiro, terá lugar en Barreiros a 1ª Cea Baile de Entroido, que organizan o CF Celta e as comparsas Habelas Hainas e Os Macanudos. Con eles colabora o Concello barreirense. 

A cea dará comezo ás 22:00 horas e celebrarase no polideportivo de San Cosme de Barreiros. O menú constará de sopa de cocido, cocido con morro, rabo, orella, lacón, botelo, costela salgada, carne fresca, patacas, garavanzos, chourizo e repolo. Ademais completarase con postre, viño tinto, auga e refresco, café e chupito. Será servida polo catering Chao dos Navais, e o prezo por persoa é de 20 euros.

Esta Cea Baile de Entroido estará amenizada por Discoteca móbil Eventec. Os asistentes poden ir disfrazados si o desexan. 

As persoas interesadas en participar nesta cea poden facer as súas...

leer más
Etiquetas:
24/01/2018

O Centro Social de Covas acolle o sábado, 3 de febreiro, un baile de entroido.

A festa dará comezo ás 17:00 horas e desenvolverase ata as 20:00 h.

Haberá una merenda e trofeos para os mellores disfraces, e o baile estará amenizado polo Dúo Suso. 

Etiquetas:
24/01/2018

A delegación de Cultura, Xuventude e Deporte do Concello de Ourol organiza un curso de baile tradicional galego.

Esta actividade está dirixida a todas as idades e dará comezo no mes de febreiro.

As persoas interesadas deben anotarse antes do 30 de xaneiro, na Casa da Cultura ou chamando ao número de teléfono 982 55 90 19. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición.

 

Etiquetas:
06/01/2018

O local das asociacións de A Pontenova acollerá unha cea guateque o día 13 de xaneiro de 2018, sábado, ás 21:30 horas. Este evento está organizado pola asociación local de mulleres rurais coa colaboración do Concello de A Pontenova.

Despois da cea, a partir das 23 horas, haberá baile con música dos anos 60 a cargo do dúo Karmín. Os organizadores animan aos participantes a asistir caracterizados dos anos 60.

O prezo das entradas é de 20 euros para os adultos e 10 para os nen@s. Os tiques poden recollerse ata o 11 de xaneiro en Teresa roupa para todos e O Lar de Balbina, establecemento que servirá a cea.

 

Etiquetas:
21/10/2017

O 29 de outubro terá lugar en Ourol un encontro da terceira idade cunha comida-baile.

Os destinatarios son persoas maiores de 55 anos, empadroados no concello de Ourol. 
Esta festa celebrarase no edificio multiusos a partires das 14:00 horas.

As anotacións poden facerse no departamento de Servicios Sociais do Concello, no número de teléfono 982 55 91 09, antes do xoves 26 de outubro.

O evento está organizado polo Concello de Ourol.