Burela

Etiquetas:
08/07/2017

O vindeiro domingo, 9 de xullo, terá lugar unha nova edición do Rastrillo Popular Solidario, que como é habitual se celebra o segundo domingo de cada mes. 

O concelleiro de Cultura, José Díaz, sinala que “estamos ya en verano y esperamos más afluencia tanto de participantes en el rastrillo como de visitantes”.

O Rastrillo Popular Solidario estará situado na praza da Mariña en horario de 10 a 15 horas. 

 

Etiquetas:
07/07/2017

Del 10 al 14 de julio tendrá lugar en Burela un campus de tecnificación de fútbol, que será impartido por el CD Lugo. Participarán medio centenar de deportistas.

En el acto, con el que se marca el pistoletazo de salida para esta actividad, que por primera vez sale de Lugo para acercarse a otras poblaciones vecinas, participaron el alcalde de Burela, Alfredo Llano, el concejal de Deportes, Ramiro Fernández Rey, el presidente de AFD Porto de Burela, José Manuel Ares, y Julián Castaño, responsable de Eventos del C Lugo.

 

Etiquetas:
06/07/2017

A Casa da Cultura acollerá unha exposición coa réplica do torques, de Burela. Será dos días 13 ao 16 de xullo, coincidindo coa celebración da festa castrexa. Aínda que o desexo do equipo de goberno sería contar co torques orixinal, iso non será posible por cuestións de seguridade. Xunto ao torques tamén haberá unha mostra de ourivería. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz, reuníanse onte coa directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro.

O concelleiro de Cultura explicou que “visitábamos el Museo Provincial de Lugo, el alcalde de Burela, Alfredo Llano, y yo mismo, estuvimos con la directora del Museo, Aurelia Balseiro, buscando líneas de colaboración entre el Concello y el Museo de la Diputación, para acercarle un poco a la gente de Burela lo que es el torques, cómo fue ese hallazgo y la...

leer más
Etiquetas:
05/07/2017

A Escola Municipal de Música de Burela organiza dous concertos como remate do VIII Curso Interdisciplinar de Música que se desenvolve desde o pasado luns e ata o venres, día 7.

O primeiro dos concertos celebrarase o xoves, 6 de xullo, ás 20:00 horas no Auditorio, e nel participarán o grupo de banda e o grupo de orquestra.

O segundo concerto terá lugar o venres, 7 de xullo, ás 20:00 no Auditorio, e será unha adaptación da ópera Os tres patacóns. Esta actuación correrá a cargo dos participantes no taller infantil, o grupo de coro, membros das seccións de corda e vento da Escola Municipal de Música de Burela, e do grupo de jazz.

No VIII Curso Interdisciplinar de Música participan arredor dun centenar de nen@s e xoves distribuídos nos diferentes talleres. No obradoiro infantil hai 30 nen@s...

leer más
Etiquetas:
05/07/2017

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llano, acompañados do Concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz García, e do Concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey,presentaron este mércores no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a I edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte e a II Carreira Nocturna Burela Bonita que se celebran durante os meses de xullo e agosto no municipio mariñán.O Goberno da Deputación colabora cun achega económica de16.000 euros para a celebración de actividades culturais e deportivas durante todo o ano no Concello de Burela.

Rivera Capón destacou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta dúas iniciativas culturais e deportivas co obxectivo, por un lado, de impulsar e promocionar o traballo dos artistas locais da Mariña, e por outro, fomentar hábitos de...

leer más
Etiquetas:
04/07/2017

Do 17 ao 30 de xullo terá lugar o III Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra, que foi presentado esta mañá. O evento está organizado polo Club de Tenis-Pádel A Marosa e conta coa colaboración de Concello burelés. 

O torneo disputarase nas modalidades individual masculino e feminino e dobres masculino. A inscrición estará aberta ata o vindeiro día 14. As persoas interesadas en participar poden anotarse en clubdetenispadelamarosa@outlook.com ou nos seguintes números de teléfono: 630 744 347 e 687 433 380. A cota en individual masculino será de 5 euros para os socios e de 10 euros para os non socios; en individual feminino 3 euros para socias e non socias; e en dobres masculino a cota será de 5 euros/parella socios e 10 euros/parella non socios. 

... leer más
Etiquetas:
04/07/2017

Xa están á venda desde o 1 de xullo as entradas para asistir ao concerto que Luar na Lubre ofrecerá o 25 de agosto en Burela. A actuación enmárcase dentro da programación deseñada pola Concellería de Cultura para a Feira do Libro.

O concerto 30 aniversario terá lugar ás 22 horas na Casa da Cultura. 

As entradas poden adquirirse desde 10 euros na Biblioteca Municipal, na Vinoteca O Traste e tamén en ataquilla.com. O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima a mariñáns e visitantes “a ir comprando las entradas para que nadie se quede sin ver este concierto aniversario de Luar na Lubre en Burela. Es una de las novedades de la Feira do Libro y una de nuestras apuestas para este verano”. 

 

Etiquetas:
28/06/2017

Mark Taeger será o artista invitado ao I Certame Internacional de Pintura Mural que se celebrará en Burela entre os días 3 e 6 de agosto coincidindo coa Feira do Bonito. Este deseñador gráfico, nado en Suiza e afincado en Galicia, deixará a súa pegada no muro portuario burelés.

O concelleiro de Cultura en Burela, José Díaz, explicou que “se trata de un diseñador gráfico afincado en Bueu, aquí en Galicia, nacido en Suiza, que se llama Mark Taeger. Al principio la idea era que fuera el artista invitado Luis Davila, pero por temas de agenda laboral nos informó de que sería imposible para él, y él mismo nos echó una mano para buscar a otro artista invitado”.

Para o edil burelés “la idea de este certamen de pintura es que cada año haya la intervención de un artista invitado que le dé el carácter también de exhibición,...

leer más
Etiquetas:
27/06/2017

O Armarinho da Fátima, de Burela, pon en marcha este verán un taller de labores para nen@s, que se desenvolverá no local da propia mercería sita na rúa do Ril número 4, en horario de apertura da tenda.

Algunhas das labores que se poderán aprender son calceta, bordado, bolillos, vainicas, punto de cruz, etc… Os horarios serán adaptados e en pequenos grupos.

As persoas interesadas poden anotarse no Armarinho da Fátima ou no número de teléfono 659 737 312. O prazo de inscrición remata o día 30 de xuño. 

 

Etiquetas:
26/06/2017

A Fundación Expomar, que preside Alfredo Llano, organiza os días 4, 5 e 6 de agosto en Burela, a XVI edición de Produart, feira dos produtos artesanais e ecolóxicos.

A feira abrirá as súas portas o venres 4 de agosto, ás 17:30 horas, con carácter totalmente gratuíto para @s visitantes. Como sempre coincide coa celebración da Festa degustación do Bonito do Norte, organizada pola AC Ledicia, que terá lugar o sábado 5 de agosto, na explanada portuaria.

Produart 17 informa a todas as empresas de produtos artesanais e ecolóxicos que estes días está coa campaña comercial de participación e captación de expositores/as. Calquera empresa relacionada cos sectores artesanais e ecolóxicos pode poñerse en contacto coa Fundación a través dos números de teléfono 982 586 232 e 610 574 188, ou no mail...

leer más