Burela

Etiquetas:
03/02/2016
O Entroido trae o vello oeste a Burela. O 8 de febreiro pola noite, organizada por Acia Burela, celebrarase a II Festa do Oeste.
 
O Entroido burelés celebra este luns, día 8, a II Festa do Oeste dentro dos actos programados por ACIA Burela. Comezará ás once e media da noite na Praza da Mariña co Bar-Saloon onde haberá un Gran-Rodeo con Toro Mecánico e premios infantil e adultos. Nesta festa haberá ademais premios para os mellores disfraces e o sorteo dunha cesta de Cocido valorada en 150 euros para o que poderán adquirirse as rifas nos locais da Ruta de Tapas. 
 
Durante os días 6, 7 e 8 haberá a ruta “Tapeo de Cocido” con tapas a 2 euros e o sábado, día 6, celebrarase unha Macrofesta na Praza da Mariña a partires das once e media da noite amenizada polo DJ Henry Méndez. As entradas son a 10 euros ou a 8 si se mercan por anticipado.
... leer más
Etiquetas:
01/02/2016
A Casa da Cultura de Burela acolle ata o 25 de febreiro unha exposición de fotos de Anna Katharina.

 

A Sala de Arte, da Casa da Cultura de Burela, acollerá do 2 ao 25 de febreiro unha exposición de fotos de Anna Katharina Koubek. A mostra poderá visitarse en horario de 9 a 13 horas e de 17 a 20 horas de luns a venres. 
 
Anna Katharina, nada en 1981 en Kaufbeuren, Alemania, é licenciada en arte na modalidade de pintura en cerámica e vidreiras polo Instituto Beruffachschule Für Glass Und Sxhmuck Neugablonz no ano 2000.
 
Segundo explican desde a Concellería de Cultura “ten feito cursos en Sargadelos e ten participado activamente en concursos e exposicións de pintura pola Mariña. É experta en pintura corporal, na que ten acadado distintos premios. É amante da música e estuda saxofón....
leer más
Etiquetas:
27/01/2016
O 14 de febreiro terá lugar a III Marcha BTT da Merluza que organizan o Concello e o Club Ciclista Burela. Cada inscrito doará un euro, que irá destinado á protectora de animais Bigotes.
 
En Burela presentouse a III Marcha BTT da Merluza, que organizan o Concello e o Club Ciclista Burela. Será o 14 de febreiro con saída ás 9:30 horas desde a praza do Concello e rematará no pavillón de institutos, despois de percorrer 37 quilómetros por distintos camiños do municipio.
O edil de Deportes, Ramiro Fernández Rey, subliñou que “o Concello participa na organización demostrando a implicación deste equipo de goberno coas asociacións e clubs”. O Concello limpará os camiños e porá os medios médicos, que estarán presentes na ruta para asistir aos participantes que o precisen. Policía Local e Protección Civil tamén colaborarán na III Marcha BTT da Merluza.
Absa dona a merluza do pincho que se servirá no xantar ao que acudirán...
leer más
Etiquetas:
26/01/2016
Os musicais: "El Mago de Oz" e "El libro de la selva", o concerto de María do Ceo e unha obra de teatro con David Amor, propostas da Concellería de Cultura de Burela para os vindeiros meses.
 
A Concellería de Cultura seguirá a apostar no primeiro trimestre deste 2016 polo cine os domingos e polo teatro afeccionado. José Díaz destaca como pratos fortes o concerto de María do Ceo do 14 de febreiro, un par de musicais (un en febreiro e outro en marzo): Mago de Oz e El libro de la Selva e tamén a presenza de David Amor coa obra Amigos ata a morte o 4 de marzo.
O edil socialista dixo: “seguimos apostando por el cine de los domingos, que está teniendo mucho éxito, y también por el teatro aficionado, para lo que seguiremos contando con grupos de A Mariña sobre todo las noches de los viernes. También habrá programación para los niños durante varios sábados, con magia, títeres y teatro infantil. Quiero destacar también la actuación de María do Ceo, que será el 14 de...
leer más
26/01/2016
A Escola Municipal de Música de Burela organiza varios obradoiros desde febreiro ata final de curso. Están destinados a rapaces de máis de 8 anos.
 
A Escola Municipal de Música de Burela organiza varios obradoiros que se levarán a cabo dende o mes de febreiro ata final de curso. As presentacións terán lugar mañá, 27 de xaneiro. 
Segundo explica Xan Carballal “estes obradoiros están dedicados a todos os nenos/as a partir de 8 anos, que estean interesados en coñecer os instrumentos de vento madeira, tales coma o saxo e o clarinete, ou calquera especialidade da familia de vento metal, como por exemplo trompeta, trompa, tuba, trombón, etc”.
O director da Escola indicou que “os asistentes terán a oportunidade de poder utilizar o instrumental do que dispón a Escola de Música, e participar dos obradoiros ofertados de balde”.
Para inscribirse en...
leer más
Etiquetas:
19/01/2016
Ata o 8 de febreiro está aberto o prazo para anotarse no desfile de Entroido de 2016 en Burela.
 
As inscricións do Desfile de Entroido de 2016 faranse directamente na Casa da Xuventude de Burela, de forma presencial, por teléfono ou por correo electrónico, segundo informa a Concellería de Cultura. 
 
As modalidades nas que se poden apuntar son: 
-Adulto individual
-Adulto parella
-Adulto grupos
-Adultos carrozas
-Infantil individual (menores de 12 anos)
-Infantil parella (menores de 12 anos)
-Infantil grupos (50% + 1 menores de 12 anos)
 ...
leer más
Etiquetas:
13/01/2016
María do Ceo presentará o seu novo traballo "De Portugal a Galicia Fado" en Burela o vindeiro 14 de febreiro. As entradas xa están á venda.
 
A cantante portuguesa Maria do Ceo actuará o próximo 14 de febreiro no Auditorio Municipal de Burela, ás 20 horas. A venta de entradas anticipadas está dispoñible na web www.ataquilla.es, na Biblioteca Municipal e na Casa da Cultura, desde 10 euros. Na billeteira venderanse no Auditorio o mesmo día do concerto.
 
De Portugal a Galicia Fado é o  novo disco de Maria do Ceo, co que pretende plasmar a fusión luso galega nun formato de dobre CD. No primeiro encontraremos cancións tradicionais do fado máis popular como Uma Casas Portuguesa ou Fado Minhoto, mentres que no segundo atopamos clásicos da música galega, entre eles Lela,  Quen puidera namorala o una excepcional versión de Negra Sombra,...
leer más
Etiquetas:
11/01/2016
Os domingos pola tarde haberá cine no Auditorio Municipal de Burela. En xaneiro e febreiro os máis pequen@s serán os destinatarios da iniciativa.
 
O Concello, a través da Delegación de Cultura que dirixe José Díaz, fíxose cunha licenza  que o habilita para proxectar películas no Auditorio Municipal. Segundo explican desde a Concellería de Cultura “a licenza parte dunha grande multinacional que fai convenios con decenas de produtoras nacionais e internacionais os dereitos de proxección desas películas e logo decide a qué entidades públicas ou privadas lles concede a devandita licenza”. O edil socialista subliña que “la solicitud del Concello de Burela fue atendida ya que cumplimos con las condiciones y requisitos para ello, tanto de la propia empresa como de la Ley del Cine”.
José Díaz sinala que “evidentemente no podremos proyectar las últimas novedades en cartelera que pueden disfrutarse en los cines de A Mariña, ni...
leer más
Etiquetas:
10/01/2016
Nova campaña de Acia Burela. "Compras de cine" sortea 2.000 euros. O gañador ou gañadora converterase nunha auténtica celebrity o 20 de febreiro.
 
Desde Acia Burela, explican a través das redes sociais que “deixamos atrás a maxia e o brillo do Nadal e xa estamos en plena campaña de COMPRAS DE CINE... Compra e sela a túa tarxeta nos 7 sectores de Acia Burela antes do 7 de febreiro e participa no SORTEO para vivir un auténtico día de COMPRAS DE CINE!”. Os sectores son alimentación; decoración, mercerías e paqueterías; hostalería; textil, complementos e calzado; e industria, ocio e servicios. 
O sorteo será non presencial e celebrarase o martes de Entroido na Praza do Concello.
“A persoa gañadora vai disfrutar do sábado 20 de febreiro como unha auténtica celebrity: viaxará nun coche de luxo acompañada dun paparazzi e disporá de 2.000 euros para facer compras nos establecementos da...
leer más
Etiquetas:
08/01/2016
El Burela FSF se enfrenta este sábado, 8 de enero, en la Bombonera al Móstoles FSF. El partido está previsto para las seis y media de la tarde.
 
El Burela FS Pescados Rubén estrena el año en la Bombonera, como cierre de un Fin de Semana Laranxa, en busca de buenas sensaciones para recuperar la senda de la victoria. Recibirá mañana al Móstoles FSF, a las 18.30 horas; la cita podrá seguirse en directo por streaming a través de www.burelafs.org. 
 
El cuadro de Lucas, que despidió 2015 con empate 3-3 en la pista del Roldán, quiere recibir 2016 con tres puntos para continuar pisando la estela del líder, Atlético de Madrid Navalcarnero, con ventaja de 4 puntos sobre las mariñanas. Mañana, en Vista Alegre, tendrá que hacer frente a un cuadro experimentado con una trayectoria un tanto irregular, en el que destaca Patri Chamorro como uno de sus...
leer más