Burela

Etiquetas:
01/09/2021

A Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela lanza a campaña de volta ao cole con dúas ramas: por unha banda, un concurso de fotografía e debuxo en liña para os máis cativos da casa, e por outro lado, o sorteo de seis vales de compra cun importe de 50 euros cada un entre os compradores das tendas asociadas a ACIA Burela que acumulen máis de 10 euros nas súas compras. 

O concurso en liña contará con tres categorías por idade: de 5 a 8 anos, de 9 a 12, e de 13 a 16 anos; en dúas modalidades: debuxo e fotografía. Os premios serán de 40, 20 e 15 euros, dependo do posto acadado. Os participantes teñen ata o 15 de setembro para poder participar e os gañadores serán aqueles debuxos ou fotos que máis like’s obteñan nas redes sociais de ACIA Burela (tanto Facebook como Instagram). 

Por outra banda, o...

leer más
Etiquetas:
26/08/2021

A alcaldesa en funcións, Carmela López, e os concelleiros de Igualdade e Cultura, Noelia Mª Ben e José Díaz, asistiron esta mañá á inauguración da exposición Tecendo rede, tecendo recordos, que se pode visitar na Casa da Cultura de Burela ata o 31 de agosto en horario de 8 a 14 horas.  

A mostra está organizada pola Federación de Alzheimer de Galicia (FAGAL) e AFAN Burela e conta coa colaboración do Concello burelés, a través da Delegación de Servizos Sociais.  

A exposición amosa o traballo diario e continuado que realizan as 15 asociacións de alzheimer de Galicia para o mantemento e mellora da calidade de vida das persoas usuarias e as súas familias.

Etiquetas:
26/08/2021

A Concellería de Cultura de Burela segue co seu ciclo Cine na Rúa coa proxección da película Detective Pikachu. Será o xoves, 2 de setembro, ás 22:00 horas na praza do Concello.

E o venres, 3 de setembro, a compañía Muu representará o espectáculo Crunch. Terá lugar tamén na praza do Concello ás 20:30 horas. Trátase dunha función de novo circo, clown, malabares, saltos mortais e caídas nun show todoterreo, a cargo dos superheroes Spunk e Scrunch.

Os eventos seguirán o protocolo covid, con máscara, hidroxel e distancia de seguridade entre o público asistente. A entrada é de balde.

 

Etiquetas:
25/08/2021

A Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela lanza unha campaña de Fin de Rebaixas para os días 26, 27 e 28 de agosto con grandes descontos nos comercios locais asociados. 

Unha magnífica oportunidade para facer as últimas compras da época estival a grandes prezos en produtos da anterior tempada. Esta iniciativa ten dúas vertentes: por un lado, os usuarios dos establecementos de proximidade atoparán prezos irresistibles para mercar os artigos de fin de verán; e, polo outro, os comercios asociados teñen así a oportunidade de darlle saída aos produtos da anterior tempada para así poder traer e expoñer xa os da nova. Polo tanto, esta acción beneficia tanto aos comerciantes como aos visitantes e á veciñanza que pase esta fin de semana pola vila. 

Logo deste ano marcado pola pandemia, na que os...

leer más
Etiquetas:
25/08/2021

Dous tobogáns acuáticos encherán de diversión a Praza do Concello de Burela do 26 ao 29 de agosto. Deste xeito especial quere pechar a Concellería de Deportes as escolas deportivas de verán e a ocioteca. Xoves e venres serán as rapazas e os rapaces destas actividades os que disfrutarán desta proposta. E sábado e domingo estarán abertos a todo o público. Só á preciso anotarse á chegada. 

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, contou que “desde a Concellería de Deportes de Burela imos pechar este verán dándolles un pequeno premio a todos estes nenos e nenas que estiveron participando nas escolas deportivas municipais e a aqueles que estiveron na ocioteca. Imos ter unha actividade onde imos compaxinar o deporte cos tobogáns acuáticos que son espectaculares e imos telos na praza do Concello desde mañá ata o día 29”.

... leer más
Etiquetas:
21/08/2021

Isla LeTriska chegará a Burela o venres, 27 de agosto, para representar ás 20:30 horas na Praza da Mariña un espectáculo familiar de novo circo e humor. Un número delirante no que combina novas disciplinas circenses como o malabarismo, o pallaso ou o equilibrio xunto con excentricidades e xogos co público.

Un personaxe eléctrico e bastante tolo sorprenderá a todos realizando fazañas como malabares incribles, memorizando centos de nomes, dando novos usos a obxectos cotiáns ou convertendo a un neno nun gran artista de circo. Habilidade, perspicacia, velocidade mental e sobre todo tolemia, moita tolemia.

A entrada será de balde. O evento seguirá o protocolo covid: máscara, hidroxel e distancia de seguridade entre o público asistente.

 

Etiquetas:
16/08/2021

Cine e música son as propostas da axenda cultural de Burela para esta semana. 

Este mércores, 18 de agosto, volverá o cine ao aire libre. Ese día terá lugar unha nova sesión de Cine na Rúa coa proxección da película Abominable. Será na Praza da Mariña a partir das 22:00 horas.

O sábado, 21 de agosto, a Orquestra de Cámara do Festival Bal y Gay presentará O Amor Bruxo de Falla, baixo a dirección de Jaume Santonja e coa cantaora María Toledo. A actuación terá lugar no Auditorio de Burela e dará comezo ás 20:30 horas. A reserva de entradas pódese facer en www.festivalbalygay.com. 

Rastrillo Popular Solidario
E o 29 de agosto terá lugar unha nova edición do Rastrillo Popular Solidario, que organiza a Concellería de Cultura. Será na Praza da...

leer más
Etiquetas:
14/08/2021

O vindeiro mércores,18 de agosto, volverá a Burela o Cine ao Aire Libre coa proxección en pantalla xigante do filme infantil “Abominable” ás dez da noite na praza da Mariña. 

Yi é unha adolescente máis na enorme cidade de Shangai. Un día atópase a un pequeno yeti na azotea do seu edificio. A supostamente “abominable” criatura que se escapou do laboratorio onde estaba encerrada está a ser buscada por toda a cidade. Xunto cos seus enxeñosos amigos Jin e Peng Yi decide axudarlle a fuxir e os catro embárcanse nunha épica aventura para reunir á mítica criatura coa súa familia no pico máis alto do mundo: o Everest. 

A duración é de 97 minutos. A entrada será de balde. O evento seguirá o protocolo covid: máscara, hidroxel e distancia de seguridade entre o público asistente.

 

Etiquetas:
11/08/2021

Con máis ganas ca nunca. Por fin volve a Escola Laranxa para reunir a ilusión das pequenas Xoias en 7 categorías, entre Biberón e Xuvenil. Xa podes reservar a túa praza para o curso 2021-22 doadamente a través da seguinte ligazón: https://burelafs.org/gl/o-club/inscricion-base/

Categorías

-Biberón mixto (2016/17)
-Prebenxamín mixto(2014/15)
-Benxamín mixto (2012/13)
-Alevín masculino (2010/11)
-Alevín feminino (2010/11)
-Infantil masculino (2008/09)
-Infantil feminino (2008/09)
-Cadete masculino (2006/07)
-Cadete feminino (2006/07)
-Xuvenil masculino (2003/04/05)

Matrícula

O importe de cada categoría dividirase en catro cotas (trimestrais). No caso...

leer más
Etiquetas:
09/08/2021

O festival Osa do Mar, de Burela, que celebrará a edición deste ano 2021 os días 24 e 25 de setembro, ten xa cinco grupos musicais confirmados: Blanco Palamera, Delaporte, The Rapants, Veintiuno e Verto.

A pasada fin de semana empezou a venda de entradas para os dous días do festival. Os organizadores están pendentes da evolución da pandemia e das restricións sanitarias para decidir o lugar de celebración e outros detalles deste evento musical.