Cabalos

Etiquetas:
05/07/2016
O 10 de xullo celébrase a III Ruta Cabalar de Alfoz, que organizan Os Fandangueiros. Haberá xantar, sorteo de agasallos e discoteca móvil.
 
O  vindeiro domingo, 10 de xullo, terá lugar en Alfoz a III Ruta Cabalar.
 
Organizada pola Comparsa Os Fandangueiros de Alfoz dará comezo ás dez da mañá. A saída dos participantes será desde o pavillón municipal e terán uns pinchos a medio camiño e a comida está prevista para as 14:00 horas. Tamén haberá sorteos e agasallos para todos os participantes e unha discoteca móvil con Eventec.
 
O prezo para participar é de 20 euros e os interesad@s poden obter máis información nos teléfonos 646 242 813(Silvia), 627 735827(Nayara) e 676 931 051(Juanjo). Organiza a Comparsa Os Fandangueiros de Alfoz e colaboran o Concello...
leer más
Etiquetas:
11/05/2016
Arredor de 100 cabalos participarán na 2ª Ruta Cabalar Monte Castelo, que se celebrará o 21 de maio. Organizan: Concello e Cabaliño de Pao.
 
O vindeiro 21 de maio terá lugar a 2ª Ruta Cabalar Monte Castelo, que organiza o Concello coa colaboración da asociación Cabaliño de Pao. A novidade desta edición, segundo explicou o edil de Turismo, Ramiro Rey Fernández, é que os cabalos pasarán polo centro da vila. 
 
A ruta dará comezo ás 10 da mañá do pavillón dos Institutos e á metade do percorrido haberá unha parada no miradoiro do Monte Castelo con pinchos e amenizada por Arume, de Burela. O xantar está previsto para as 14:30 horas cun prezo de 20 euros “para todos os que se animen, acompañantes, amigos…”. Desde a organización sinalan que “é necesario confirmar a asistencia antes do 17 de maio”. Haberá trofeos para os xinetes e amazonas máis nov@s, de máis idade, de máis lonxe...
leer más
Etiquetas:
28/04/2016
O 7 de maio terá lugar en Remourelle a VI Ruta Cabalar. Haberá xantar, sorteos, agasallos e moitas sorpresas.
 
O 7 de maio celebrarase na parroquia ribadense de Remourelle a VI Ruta Cabalar. A inscrición está aberta. 
 
A saída será ás 10:30 horas e a comida está prevista para as 14:30 horas. Os tíckets poden adquirirse aos membros da directiva Xinetes de Remourelle e na Taberna de Lola ata o 2 de maio. Tamén poden facerse as inscricións nos teléfonos 659 629 417 ou 659 220 313. O prezo é de 23 euros. Haberá sorteos, agasallos e moitas sorpresas, e a xornada estará amenizada musicalmente por Discoteca Móbil. 
 
Etiquetas:
19/05/2015
A 1ª Ruta Cabalar Monte Castelo terá lugar este sábado, 23 de maio, en Burela.
 
O vindeiro sábado, 23 de maio, celebrarase a 1ª Ruta Cabalar Monte Castelo, en Burela. O evento está organizado pola asociación Cabaliño de Pao e conta coa colaboración do Concello e diversas firmas comerciais. 
A hora de inicio da ruta está prevista para as dez da mañá desde o pavillón dos institutos (ao lado do Hospital da Costa). Despois á metade da ruta haberá unha parada no mirador do Monte Castelo con pinchos. O xantar será ás 14:30 horas. O seu custe é de 20 euros para todos os que se animen: acompañantes, amigos, etc. A sobremesa estará amenizada por DJ Chente con sorteos e colchoneta gratis para os nenos. 
Haberá trofeos para o xinete ou amazona mais novo, para o de mais idade, para o de mais lonxe e para a asociación mais...
leer más