Castelo

Etiquetas:
31/10/2017

Desde  o  2015  o  Castelo  do  Castrodouro  ten  unha  programación  cultural  continuada durante todo o ano, con actividades que van desde a celebración de eventos relacionados coas  artes (fotografía, pintura, teatro…)  ata a recuperación de oficios traicionáis en extinción tan propios da nosa cultura galega como o oficio de zoqueiro. O Castelo do Castrodouro conta probablemente coa colección de calzado tradicional  de madeira máis importante de todo Galicia e, durante todo o ano, realízanse demostracións deste oficio a través do zoqueiro alfocense Alberto Geada.

Ante a necesidade de realizar traballos de mantemento nas instalacións, a torre permanecerá pechada dunrante o vindeiro mes, “coincidindo coa época de menor número de visitantas no castelo” Tael e como apunta Xabier Pardiñas, responsable da área de Cultura e Turismo. 

... leer más
Etiquetas:
05/09/2017

O Castelo de Castrodouro poderase visitar a partir deste mes de setembro todas as fins de semana e festivos. O horario para esas xornadas será de 11:00 a 14:00 horas polas mañás, e de 16:00 a 20:00 horas polas tardes. A entrada é gratuíta.

A torre do Castelo acolle na actualidade unha exposición de traxes feitos a man en seda, liño e encaixe de Camariñas confeccionados pola deseñadora Remedios Espantoso. Ademais tamén se pode ver nesta instalación unha mostra de cadros do alfocense Hipólito Xeada titulada Vistas de Alfoz e típicos de Galicia, que se inaugurou o 2 de setembro.

Ambas exposicións poderanse visitar ata o vindeiro 1 de outubro, así como a mostra permanente do zoqueiro Alberto Geada. 

 

Etiquetas:
06/05/2017

Durante as fins de semana do mes de maio, en horario de 11 a 14 e de 16 a 20, poderase visitar no primeiro andar do Castelo do Castrodouro a exposición titulada "Galicia, Biodiversidade" cedida polo CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.

A través desta exposición poderase coñecer a diversidade de especies animais e vexetais que se poden atopar en Galicia, os ecosistemas que habitan, e as múltiples formas de ameaza que poden afectar ás súas poboacións.

Nela atoparanse as principais especies galegas de flora e fauna, as súas características, os factores que poñen en perigo a súa supervivencia e as ferramentas que existen hoxe en día para a súa protección. E tamén coñecer a importancia que ten a conservación das variedades xenéticas para a actividade humana.

Etiquetas:
09/04/2017

A oficina de turismo de Alfoz, ao igual que o Castelo de Castrodouro, terán un horario especial durante a Semana Santa. 

Estas instalacións permanecerán abertas dende o luns, 10 de abril, ata o domingo, día 16, en horario de 11:00 a 14:00 horas polas mañás, e de 16:00 a 19:00 horas ás tardes.

Na actualidade o Castelo de Castrodouro acolle tres exposicións. Unha delas é a recreación dunha antiga escola, e outra mostra refírese ao cambio climático, os seus efectos e as súas posibles solución. Ademais no Castelo tamén se pode visitar o Museo das Zocas, e o miradoiro ao aire libre no alto da torre. A entrada é gratuíta.

 

Etiquetas:
04/04/2017

Durante a Semana Santa e fins de semana do mes de abril, o Castelo do Castrodouro en Alfoz acolle a exposición titulada O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción.

Esta mostra sobre o cambio climático é cedida polo CEIDA – Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, e está baseada no proxecto Clarity –Acción Educativa por el Clima- que pretende contribuír ao coñecemento do fenómeno do cambio climático, as súas causas e as respostas que se están propoñendo para facerlle fronte.

A produción da exposición correu a cargo do CEIDA e INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvementol Sostible, o Ministerio de Medio Ambiente, a Alianza del clima e a...

leer más
Etiquetas:
12/12/2016
Do 24 de decembro ao 8 de xaneiro poderase visitar en Alfoz o Castelo de Castrodouro, que xa loce a súa estrela de Nadal, unha das máis grandes de Galicia.
 
Do 24 de decembro ao 8 de xaneiro poderase visitar en Alfoz o Castelo de Castrodouro, que xa loce a súa estrela de Nadal, unha das máis grandes de Galicia. 
 
O horario para poder visitar o Castelo de Castrodouro durante o Nadal, dende o 24 de decembro ata o 8 de xaneiro, é de luns a venres de 15:00 a 19:00 horas. Os festivos e fin de semana de 11:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 19:00 horas. Os días de Nadal e Ano Novo permanecerá pechado.
 
O horario de visita o resto do ano é en festivos e fins de semana de 11:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 19:00 horas. Para previa cita chamar ao teléfono 982 558 001.
 
Por outra banda, este ano en que se conmemora o 25 aniversario da colocación por...
leer más
Etiquetas:
26/08/2016
Volve o teatro ao castelo de Castrodouro, en Alfoz. Será o 27 de agosto na terceira edición desta cita teatral que organiza a Área Municipal de Cultura e Turismo.
 
Este sábado, 27 de agosto, ás 20 horas celébrase nas dependecias do Castelo de Castrodouro en Alfoz unha nova edición de Teatro no Castelo, que cumpre desta volta a súa terceira edición.
 
A interpretación será levada a cabo polo Clube Teatral Elsinor da Coruña repetirá por segundo ano consecutivo, despois da interpretación de "Medea" e "A técnica do Taratantaleo" o verán pasado. Nesta ocasión serán os encargados de presentarnos a obra "Xente de pálida pel", con actores tan coñecidos como Manuel Lourenzo, Cristina Fuentes, Xosé Martínez, Carme Martínez e Xulia Miguel. Polo escenario, a ras de público e sen telón, desfilarán persoas e imaxes do mundo máxico de Álbaro Cunqueiro, baixo a dirección de Manuel Lourenzo. 
... leer más
Etiquetas:
19/03/2016
Durante esta Semana Santa estará aberto en Alfoz o Castelo de Castro de Ouro polas mañás e polas tardes.
 
Desde este 19 de marzo reabren as dependencias do Castelo de Castro de Ouro, en Alfoz, en horario de mañás de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 polas tardes. As instalacións permanecerán abertas durante toda a Semana Santa e todos os fins de semana ata o mes de xullo, data na que volverá a abrir de luns a domingo. 
 
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Xavier Pardiñas, explica que “nas instalacións do Castelo estará aberta a Oficina de Información Turística, no horario anteriormente indicado, e poderase visitar unha exposición sobre materiais recollidos das antigas escolas unitarias de Alfoz, na planta baixa; unha exposición de obras do artista local Hipólito Xeada, na segunda primeira; e a Sala Museo das Zocas, coa...
leer más