Comercios

16/10/2020

A Concellaría de Desenvolvemento Local ven de presentar A túa tenda a punto. Trátase dun programa de formación e asesoramento individualizado dirixido ao pequeno comercio. Poderán participar, de xeito totalmente gratuíto, ata 20 establecementos que pertenzan ao sector do comercio polo miúdo e que teñan menos de doce empregados. O prazo de inscrición está aberto ata o 23 de outubro.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, anunciou que “o Concello de Ribadeo, desde a área de Desenvolvemento Local, lanza un programa dirixido a aumentar a competitividade do pequeno comercio da vila e que, a través dun asesoramento personalizado, procura mellorar a xestión de cada un deses negocios, a implantación de novas medidas que axuden a incrementar as vendas, a súa rentabilidade e que focalice tamén nunha maior presenza online”.

... leer más
Etiquetas:
04/09/2020

ACIAFozCCA anima á veciñanza a facer as súas compras para a volta ao cole e ao traballo no comercio local. Por este motivo ven de poñer en marcha a campaña Volver. 

Con esta iniciativa ACIAFozCCA invita a mercar en Foz e na Mariña para prepararse para a volta ás aulas e ao traballo. No comercio local a clientela poderá atopar todo o que precisa para o outono: moda, complementos, material escolar e deportivo, libros, etc. 

O presidente de ACIAFozCCA, José Carlos Paleo, subliñou que “os locais comerciais de Foz e da Mariña están listos para a nova tempada de outono-inverno. Están dispostos para ofrecernos todas as novidades chegadas ás tendas nas que contan con todas as medidas de seguridade necesarias e recomendadas polas autoridades sanitarias para previr o covid. Xa levamos uns meses de rodaxe nesta nova...

leer más
Etiquetas:
18/07/2020

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición da súa campaña Comercio na Rúa, que terá lugar do 22 ao 24 de xullo.

Establecementos da vila ofrecerán interesantes descontos durante esas tres xornadas nas que exporán os seus artigos nas rúas da vila. As ofertas abarcarán todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos distintos locais adheridos a esta iniciativa. 

O presidente de CCA/ACIA Foz, José Carlos Paleo, sinala que “pouco a pouco temos que ir recuperando as actividades na nosa vila, con precaución e seguindo todos os protocolos de seguridade. De aí que a vindeira semana contaremos cunha nova edición do noso Comercio na Rúa, unha cita clásica dos veráns en Foz”. 

Paleo engade que “será un bo momento para facerse con prendas e produtos de temporada a prezos moi...

leer más
Etiquetas:
26/05/2020

Acisa mantuvo en las últimas horas un encuentro telemático con sus asociados y asociadas de comercio y servicios, al igual que ya hizo el pasado viernes con los hosteleros. El objetivo fue analizar la actual situación por la atraviesan ambos sectores. 

Desde la gerencia de Acisa, Jesús Pérez, explica que “hablamos de las normativas puestas en marcha para hacer frente al Covid-19, nos referimos a la importancia de cumplir con todas ellas, haciendo hincapié en los aforos y en las distancias de seguridad, así como en las recomendaciones de higiene y desinfección”.

El presidente de la Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte, cuenta que “escuchamos todas las reflexiones que nos hicieron los asistentes. Este encuentro sirvió para hacer una puesta en común de ideas...

leer más
Etiquetas:
19/05/2020

O Concello de Burela iniciou unha campaña de apoio ao comercio local, que leva a cabo nos medios de comunicación e nas redes sociais co obxectivo de potenciar as compras nos negocios locais. O slogan desta campaña é Compra en Burela. O comercio que te guía, aberto.

O concelleiro de Comercio e Turismo, Ramiro Fernández Rey, comentou que “onte empezamos unha potente campaña para axudarlle á hostalería e ao comercio local e que estamos desenvolvendo en diferentes medios. É unha solicitude que nos fixo a asociación de comerciantes nas reunións que vimos mantendo semanalmente con eles, entre outras cousas, esta era unha das que solicitaban, e desde logo o Concello de Burela, en todo o que poida, vai estar aí axudando ao tecido comercial e hostaleiro do pobo”.

O edil burelés explicou que “comezou onte e é unha campaña...

leer más
11/05/2020

Acisa repartiu hoxe entre os seus socios e socias a cartelería precisa coas novas normas e recomendacións que hai que ter en conta á hora de entrar a comprar nun establecemento comercial. O xerente, Jesús Pérez, confirmou que “aínda que hoxe é o luns, e os luns en Ribadeo tradicionalmente o comercio está pechado, temos que confirmar que arredor do 90% dos nosos asociados e asociadas están abertos. É unha xornada na que están a recibir todo o material que lles estamos a entregar de xeito totalmente gratuíto e están a ver cómo se achegan os primeiros clientes, tras dous meses de peche desde que se decretou o estado de alarma”. 

Acisa estalles a entregar aos socios e tamén a aqueles outros que non son asociados, pero que si o demandaron, carteis para poñer o aforo dos locais, coas recomendacións de uso de mascarillas, de luvas, de manter a...

leer más
08/05/2020

A Federación de Comercio A Mariña lanza un mensaxe de apoio aos negocios locais que estes días abriron as súas portas con cita previa e aos que retomarán a súa actividade a partires do vindeiro luns, 11 de maio. 

Volvemos para ti, grazas a ti é o slogan do cartel no que se ve un treito de asfalto gris do que sae unha fermosa planta verde. 

O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, anima á xente “a que aposte, agora máis que nunca, polos negocios locais. Acabamos de estar dous meses pechados e precisamos moito da nosa fiel clientela. É o momento de que rememos todos xuntos na mesma dirección, na de apoiar ao comercio, á hostalería e ao sector servizos. Os pobos non teñen vida sen as tendas, sen os bares, sen os restaurantes…, temos que ser moi conscientes de todo isto e teremos que acostumarnos a volver pouco a...

leer más