Día
O Concello de Cervo celebrará a XXXVI edición do Día do Xubilado o 1 de maio.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, informou de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar neste encontro e a veciñanza ten ata o 26 de abril para anotarse na Casa do Concello, en Cervo, ou na Casa da Cultura, en San Ciprián; achegando unha fotocopia do DNI da persoa solicitante e do cónxuxe (se procede) e unha fotocopia da Cartilla de Pensionista.
Ese mesmo día entregaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes días na Casa do Mar de San Ciprián, no que participan unha vintena de parellas (12 xogan ao tute e 11 ao parchís).
Os Sendeiros de Foz participará no III Día do Senderista de Galicia que se celebrará o 7 de abril na comarca do Xurés.
A saída será o sábado, 6 de abril, ás 16:00 horas, do Colexio do Pilar de Foz, e ás 16:20 h. de Ferreira.
O prezo é 65 euros para os socios federados e 80 euros para os non socios federados. Inclúe aloxamento en réxime de media pensión en habitación dobre.
Para asistir é obrigatorio anotarse ata martes 2 de abril. As inscricións poden facerse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e comunica que a ruta ten un nivel medio de dificultade.
O Concello de Foz colabora na organización desta...
leer másO Concello de Barreiros organiza unha función especial para conmemorar o Día Mundial do Teatro. Será o vindeiro domingo, 31 de marzo, e correrá a cargo do grupo Ardora, que porá en escena a obra O silenzo do badal. Terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, ás 18:00 horas.
O evento está organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Barreiros, a través da Oficina de Información Xuvenil.
O Concello de Cervo conmemorará o Día Mundial Forestal o vindeiro xoves, 21 de marzo, con diferentes actividades.
Pola mañá, a Delegación de Medio Ambiente que dirixe Mali Méndez, achegará ao alumnado dos centros escolares da localidade o espectáculo musical "O galo quirico e os seus amigos", unha posta en escena con marionetas tradicionais e teatriño de cartón que busca interactuar co público, con música en directo do acordeonista Carlos Quintá.
Xa para pola tarde, e en colaboración coas Concellerías de Xuventude (oficina municipal de voluntariado) e Servizos Sociais, programouse unha actividade de voluntariado que se desenvolverá no Centro de Día Residencia, e que consistirá nunha plantación de árbores na zona axardinada do centro na que participarán tamén as persoas usuarias do servizo.
... leer másO Concello de Burela, a través da Delegación de Servizos Sociais e do CIM, organiza diversas actividades con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. Terán lugar este sábado, 9 de marzo.
O programa comezará cunha charla-coloquio, que se celebrará a partir das 12:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello. A actividade leva por título As mulleres movendo Burela a través do asociacionismo dende hai décadas e nela participarán as seguintes asociacións: Amas de Casa Praia da Marosa, que estará representada por Chicha Osés; Coral Polifónica de Burela con Toñita Baño; e Asociación de Redeiras Cabo Burela con María Jesús Alonso.
Ás 13:15 horas o alcalde de Burela, Alfredo Llano, dará lectura a un manifesto. E, ás 14:00 horas, dará comezo unha comida organizada pola asociación de amas de casa Praia da...
leer másO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Muller, Pilar Armada, e representantes das diferentes asociacións (Alborada, As Espalladoras, Mulleres en Igualdade, Mulleres de San Ciprián) presentaron os actos organizados para celebrar o Día da Muller.
O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, terá lugar a tradicional Cea no Restaurante Buenavista, ás 22:00 horas. As interesadas en asistir poden retirar as súas tarxetas na Casa da Cultura.
Ao remate entregaranse os trofeos ás parellas gañadoras do campionato de tute e parchís que se xogou durante este mes, no que participaron 10 parellas ao parchís e 9 ao tute; ademais tamén se sortearán distintos agasallos, cortesía das asociacións.
A continuación haberá baile con Trío Mar de Arousa, na Casa do Mar.
O 17 de...
leer másO Concello organiza a Semana da Muller do 11 ao 15 de marzo con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 deste mes. E convoca ademais o II Concurso de Fotografía A Muller Traballadora.
O 11 de marzo comezarán as actividades ás 17:00 horas no centro social de San Cosme, onde se desenvolverán os xogos Mulleres na Historia. Estes continuarán o xoves 14 no campo da festa de Vilamar ás 16:15 horas; e no CEIP de San Miguel de Reinante, ás 18:00 horas. Rematarán o venres 15 no centro social de San Cosme ás 18:30 horas. Os xogos están adaptados a todas as idades.
Tamén o venres 15 de marzo, terá lugar a entrega de premios do II Concurso de Fotografía A Muller Traballadora. O acto celebrarase no centro social de San Cosme a partir das 18:30 horas.
O tema do concurso fotográfico...
leer másA ACR Fervenza de Sargadelos celebrará o 24 de febreiro o Día de Rosalía cunha presentación de libros.
O vindeiro domingo 24 ás 12:00 horas no Caseto de Copa, en Cervo, a escritora burelesa Antía Yáñez presentará a súas obras: O misterio de Portomarín, Senlleiras e A Reconquista. Xunto a autora estarán Ramón González Rei, coordinador do Xornal da Mariña; e Iria Fernández Moscoso, colaboradora de ACR Fervenza de Sargadelos.
Esta asociación anima a todas as persoas a participar, como peche da xornada, na lectura pública e participativa do Manifesto feito pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para conmemorar este día.
Este ano co gallo do Día Internacional do Humidais o Concello de Ribadeo, en colaboración Enrique Sampedro Miranda administrador blog Ría de Ribadeo, celebra de novo esta efeméride.
O vindeiro sábado, 2 de febreiro, desde o Concello “invitámoste a redescubrir a Ría de Ribadeo, incluída na Rede Natura 2000 e no convenio Ramsar, declarada Zona Húmida de Importancia Internacional, e polos seus valores en diversidade biolóxica declarada Reserva da Biosfera. É na actualidade un dos humidais máis importantes de Galicia polos seus valores ecolóxicos e diversidade”.
O vindeiro sábado ás 11:30 horas na Casa da Xuventude haberá unha conferencia titulada Ría de Ribadeo, 25 anos de Humidal de Importancia Internacional. Evolución e estado actual, a cargo de Enrique Sampedro Miranda (blog Ría de Ribadeo).
... leer más












