Entrega

Etiquetas:
20/02/2021

O Concello de Viveiro anuncia os gañadores e gañadoras do I Desfile Dixital de Entroido. Unha iniciativa posta en marcha pola concellería de Cultura co obxectivo de manter viva a tradición do Entroido no municipio adaptándose ás limitacións polo contexto sanitario. 

O concurso consistía en enviar unha peza audiovisual na que os participantes mostrasen os seus disfraces. O xurado escolleu como gañadores nas diferentes categorías e subcategorías ós seguintes concursantes: 

Infantil Individual: 
1. Eva Gloria García
2. Mónica Martínez Ríos
3. Laura Vázquez Díaz

Infantil Parella: 
1. Blanca e Álvaro Insua Prieto
2. Martina e Tiago Blanco Fernández
3. Tania González Lage

Infantil Grupo: 
1. El Mágico Cuento
2. Silvia...

leer más
01/02/2021

A escritora, profesora da Universidade de Vigo e estudosa especialista na obra de Álvaro Cunqueiro, Rexina Rodríguez Vega (Rexina Vega), foi designada como Cunqueiriana de Honra de 2021. Así o decidiu este sábado 30 de xaneiro por maioría a comisión designada a tal efecto polo Concello de Mondoñedo e a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, entidades promotoras da distinción, durante unha reunión telemática na que os membros deliberaron despois de que cada un presentara unha candidatura e a promovera de forma argumentada.

Entre os sobresaíntes méritos intelectuais que Rexina Vega atesoura como estudosa e investigadora da obra de Álvaro Cunqueiro, a comisión quixo destacar o gran número de publicacións que desde fai30 años a ensaísta viguesa deu a coñecer en torno á vida e obra do autor mindoniense. Así, referiu títulos coma a súa guía de lectura...

leer más
Etiquetas:
10/12/2020

O salón de actos do Concello do Valadouro (Lugo), acollerá o este venres, 11 de decembro, ás 20.00 h, a entrega do premio e presentación do libro “Bica de Montouto” gañador do V Concurso “Balbino” de Relatos, da autoría de José Vázquez Peinó, coñecido como Pepe Peinó.

O acto, que estará aberto ao público ata completar aforo, contará coa presenza do profesor, escritor e membro do xurado do Concurso "Balbino" de Relatos, Xosé Manuel Lobato; o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo; o prologuista do libro, Bernardo Penabade; o ilustrador da portada, Antón Caxoto e o gañador do Concurso "Balbino" de Relatos, Pepe Peinó.

Para aquelas persoas que non poidan acudir á presentación, o autor estará desde as 18,00h asinando libros no propio salón de actos.

Durante o acto tamén...

leer más
Etiquetas:
09/07/2020

A gañadora do concurso Polos nosos negocios, convocado por Acisa, recolleu hoxe o seu premio. Carla García López, de 9 anos e natural de Ribadeo, levou 300 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados. Fíxolle a entrega do seu agasallo o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte Quintana. 

Acisa convocou o concurso Polos nosos negocios en pleno estado de alarma pola pandemia do Covid-19 co obxectivo de amosar o apoio dos ribadenses ao comercio e á hostalería locais. 

Desde a directiva de Acisa lembraron que “do que se trataba era de deseñar un cartel e un slogan que animasen á xente a facer as súas compras no comercio da vila e a consumir na hostalería local, despois de varios meses de peche obrigado ocasionado pola chegada da pandemia do...

leer más
Etiquetas:
28/12/2018

O Concello de Xove, a través do departamento de Investigación Social do Concello de Xove, elaborou o libro “Baleeira de Morás” dentro do proxecto Xove Mirando ao Mar.
 
Ata  o mes de agosto de 2015 atopábanse no noso concello os edificios que formaron parte da antiga factoría baleeira de Morás, que estivo en funcionamento entre os anos  1965 6 1977.
 
Este libro é unha  guía,  unha aproximación á historia da caza dos cetáceos, onde se  explica como rematou en Morás o último vestixio industrial baleeiro do Cantábrico e analiza o  seu impacto industrial na zona, as relacións laborais e as condicións das primeiras traballadoras asalariadas desta empresa no noso municipio.  Así como unha análise da biodiversidade e a conservación dos cetáceos. O libro recolle unha ampla reportaxe fotográfica de veciños e veciñas de Xove que traballaron na...

leer más
Etiquetas:
12/11/2018
A obra ‘Mapa de xeografía emocional’ do autor Martiño Maseda acada o primeiro premio no VII Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, que cada ano convoca o Concello de Mondoñedo, en colaboración coa Área de Cultura da Deputación de Lugo.
 
Martiño Maseda é natural de Vilalba, e recibirá un premio de 1.500 euros, placa e diploma. Mentres, o segundo premio, dotado con 600 euros, placa e diploma, recaeu na obra titulada ‘1(14)1’, do autor Alberte Momán de Ferrol. O terceiro premio foi para a obra ‘Documentos do escribente’ de Jorge Alonso García. O autor nado en Bos Aires e residente en Vilagarcía de Arousa recibe 300 euros, placa e diploma.
 
Dende o Concello de Mondoñedo destacan que esta edición do VII Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro...
leer más
Etiquetas:
15/11/2017
O Concello de Mondoñedo fixo público os gañadores do VI Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, concurso que vén de ser fallado. A obra Coleópteros, da autoraLorena Souto, natural de O Páramo, resultou gañadora deste certame. A galardoada obterá un premio de 1.500 euros, placa e diploma.
 
O segundo premio, dotado con 600 euros, placa e diploma, recaeu na obra Álbum da que é autorEmilio Salgado Freire de Betanzos. Pola súa banda, Xosé Ramón Sánchez Varela, de Carballo,  acadou o terceiro premio, dotado con 300 euros, placa e diploma, coa obra Queiroas.
 
A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de Mondoñedo, que se celebrará o sábado 25 de novembro, segundo o seguinte programa:
- 12....
leer más