Foz
Este xoves, 7 de febreiro, a Librería Bahía de Foz acolle a presentación da obra de Randi Montero, titulada Yo siendo otra. O acto terá lugar a partires das 20:30 horas.
O lucense Randi Montero reivindica nesta novela, que é a súa primeira obra narrativa que escribiu en 2016, a liberdade persoal de cada quen para decidir quen quere ser dende a súa verdade máis íntima.
O vindeiro 15 de febreiro terá lugar en Foz un obradoiro de escrita e narrativas. A actividade será impartida por Lidia Luna, psicóloga de profesión e, como ela mesma di, escoitadora e contadora de historias.
Neste obradoiro os participantes explorarán a creación de historias a partir da súa experiencia cotiá, das súas lembranzas e da memoria dos lugares que habitan.
O taller terá lugar na Librería Bahía, de Foz, a partir das 20:30 horas.
O número de prazas é un máximo de 12 asistentes e as persoas interesadas poden anotarse en contacto@narrativasyotraslunas.com, no número de teléfono 633 218 124 ou en Librería Bahía, na Avenida da Mariña, 40 ou no teléfono: 982 140 434.
Lidia Luna explica que "todas as persoas temos historias...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz fará entrega este domingo, 3 de febreiro, dunha bandeira de grandes dimensións destinada á afección do equipo de fútbol local, o CD Foz. Será antes do encontro que os enfrontará no Martínez Otero ao Viveiro e que dará comezo ás 16:30 horas.
A bandeira mide 54 metros cadrados (9x6) e servirá para animar aínda máis ao CD Foz, desde as gradas do estadio Martínez Otero.
No acto do vindeiro domingo participarán entre outros, os presidente do CCA e do CD Foz, José Carlos Paleo e José Mª García Rivera, respectivamente, ademais de directivos do colectivo empresarial e do club de fútbol.
A Delegación de Cultura do Concello de Foz programa unha representación de teatro infantil para este sábado, 2 de febreiro. Será ás 18:30 horas na Sala Bahía.
A compañía Elefante Elegante representará Patapatúm, que é un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cun forte compoñente plástico e musical. Propón unha reflexión sobre a presenza de bens materiais nas relacións entre pais e fillos.
O prezo da entrada é de 2,5 euros, pero os menores de 12 anos terán que pagar só 1,5 euros.
A cea baile de coroación da raíña do Entroido de Foz, Sabela Pico Lombán, será o 16 de febreiro, sábado, a partir das dez da noite na Sala Bahía. As tarxetas para asistir hai que retiralas na Delegación de Cultura do Concello de Foz a partir do vindeiro martes, día 5, de 09:00 a 14:00 horas.
O menú da cea está composto por entrantes, sopa de Entroido, costela asada con guarnición, viños tinto e branco, sobremesa, café e chupito. Estará amenizada por Puzzle Animación e o prezo da tarxeta é de 25 euros por persoa.
A retirada de tarxetas farase o 5 de febreiro, martes, e días sucesivos ata o remate das prazas, de 09:00 a 14:00 horas de maneira presencial na Delegación de Cultura do Concello de Foz, que explica que “unha persoa responsable por mesa retirará as entradas, só para o seu grupo, previo pago das tarxetas e...
leer másO xoves, 31 de xaneiro, terá lugar no Cenima, en Foz, un acto sobre “O teatro de Manuel María”. O seu inicio está previsto para as 20:30 horas.
Está organizado pola Pomba do Arco e no mesmo participarán Pilar García Negro e Alberte Ansede.
O Centro Comercial Aberto de Foz fará mañá, sábado, entrega dunha bandeira de grandes dimensións destinada á afección do equipo de baloncesto local, o Celtas CCA de Foz. Será antes do encontro que os enfrontará en Marzán ao Allariz ás 18:00 horas.
A bandeira mide 54 metros cadrados (9x6) e servirá para animar aínda máis ao Celtas CCA de Foz, desde as bancadas do pavillón de Marzán. O equipo de baloncesto focense conta co patrocinio da ACIA/CCA focense. No acto de mañá, 19 de xaneiro, participarán o presidente, José Carlos Paleo, así coma o presidente do Celtas, Miguel Fraga, e directivos tanto de Acia como do club.
A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o 24 de xaneiro ás 20:30 na Libraría Bahía, de Foz, un concerto a cargo do grupo de musica tradicional Maraxe e un recital poético de Ricardo Seixo.
O acto alternará a lectura dos poemas recollidos no último libro de Ricardo Seixo, “Versos noctámbulos. Abracei a noite para bicar o amencer” con diferentes pezas musicas interpretadas polo grupo Maraxe, conxunto de musica tradicional galega e portuguesa da que tamén fai parte Seixo. “Versos noctámbulos” é un poemario composto por 47 textos que abranguen diversas temáticas: poesía cívico-social, costumistas, intimistas, de reivindicación feminina como recoñecemento da fortaleza das mulleres e da súa relevancia na sociedade galega
O repertorio do grupo Maraxe, integrado por diversos apaixoados do canto tradicional e por...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz organiza un ciclo de conferencias titulado Impulsa o teu negocio, que se celebrarán os días 21 e 28 deste mes de xaneiro. Están dirixidas a autónomos e empresarios. As charlas terán lugar na Casa da Cultura ás 20:30 horas e a entrada será libre.
O poñente será Alberto Ferreiro, empresario, conferenciante, mentor e formador de emprendedores, autónomos e empresarios con máis de quince anos de experiencia no mundo dos negocios.
A primeira charla, que leva por título ¿Es escravo ou dono do tu negocio?, celebrarase o vindeiro luns, 21 de xaneiro. Estará dirixida a todos aqueles autónomos e empresarios que ven como os seus negocios non avanzan e que se ven atrapados no día a día, non conseguindo os resultados esperados e que en moitos casos acaban pagando un alto prezo polo esforzo....
leer másA XVI edición da Festa do Chícaro ou Berberecho celebrarase en Foz os días 19 e 20 deste mes de xaneiro. O programa de actividades foi presentado este mediodía nun acto que se desenvolveu na Casa da Cultura. Participaron o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira; o concelleiro do Mar, Pedro Fernández Manín; e a deputada provincial Mayra García Bermúdez.
O día 17 haberá unha charla sobre Marisqueo e Acuicultura en Galicia e o 19, a partir das 12:00 horas, será a inauguración da festa e o pregón, que pronunciará Eduardo Fraga, ex secretario da Confraría de Pescadores de Foz. Ese día na carpa instalada no peirao poderanse degustar chícaros en empanada, á provenzal, ao vapor e tamén con fabas de Lourenzá. Esta festa gastronómica tamén se desenvolverá en varios locais hostaleiros da vila o sábado e o domingo.
O...
leer más












