Foz

Etiquetas:
21/08/2015
Ata o domingo, 23 de agosto, está aberta na explanada portuaria de Foz a III Feira de Mostras Multisectorial. 80 expositores e 200 marcas se dan cita no evento.
 
A Feira de Mostras Multisectorial de Foz e da Mariña abriu onte as súas portas na explanada portuaria coa presenza de representantes políticos, que saudaron unha iniciativa que reunirá ata o próximo domingo a 80 expositores e 200 marcas. 
O alcalde de Foz, o popular Javier Castiñeira, gabou un evento que contribúe a completar a oferta de verán en Foz e inclúe actividades e sectores moi diversos: “é unha feira importante, unha feira do sector comercial, que engloba moitísimas actividades, dende o automóbil ao ocio ou a propia hostalaría, a artesanía… Como todos estes últimos anos a Feira Multisectorial vai ser unha referencia. Ademais, como ben podedes ver en Foz esta fin de semana compatibilizamos varios eventos como a Feira do Libro, que vén de ser inaugurada e sábado e...
leer más
Etiquetas:
17/08/2015
Exposición de fotos de Os Sendeiros de Foz no Cenima. Estará aberta ata o 31 de agosto.

Dende hoxe, día 17, ata o 31 de agosto estará aberta no Cenima de Foz a mostra "11 anos camiñando xuntos, 2004-2014", da asociación Os Sendeiros. Na mesma poderanse contemplar imaxes dos roteiros que organizou o colectivo en pouco máis dunha década.

Etiquetas:
16/08/2015
Os sendeiros de Foz rematan as súas rutas de verán o 22 de agosto cun percorrido polo municipio.
 
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza para o próximo sábado, 22 de agosto, o último dos seus “andareiros de verán”, que discorrerá polo entorno do municipio e acabará cunha pequena comida para celebrar a fin do verán. 
A cita é ás nove da mañá e o punto de encontro será a Casa do Concello e os participantes deberán pagar unha tarifa de 5 euros. Recoméndase levar equipo de sendeirismo, auga e algo de picar para o camiño. A dificultade da ruta é media. 
A actividade é voluntaria e non inclúe seguro de accidentes, polo que cada quen é responsable dos danos que puidera sufrir na ruta.
A inscrición é obrigatoria nos teléfonos 696236020 e 670369017 ou no correo electrónico...
leer más
Etiquetas:
14/08/2015
A 30ª Feira do Libro de Foz celebrarase do 20 ao 23 de agosto na praza Conde de Fontao. O horario de apertura será de 17:30 a 22 horas.
 
A Feira do Libro de Foz, a máis antiga da Mariña e unha das máis veteranas de Galicia, chega este ano á súa 30ª edición cun programa que se desenvolverá entre o 20 e o 23 de agosto na praza Conde de Fontao, o seu escenario habitual. Os horarios de apertura serán entre as 17:30 e as 22 horas, polas tardes. O pregón do escritor Diego Ameixeiras daralle inicio o día 20, abrindo un programa de actos que inclúe unha extensa actividade para os máis pequenos.
“Haberá sete casetas, contando tamén coa participación das librarías locais. Durante os catro días que vai durar a feira teremos en Foz escritores como Mónica Justo, Roberto Martínez, Uxío Diéguez, Paco Rivas ou  José de Cora, que presentarán os seus últimos libros ou dialogarán sobre os mesmos”, asegurou Nani Rodríguez,...
leer más
Etiquetas:
14/08/2015
A V Festa Normanda de Foz celebrarase do 28 ao 30 de agosto con xogos, representacións teatrais, o desembarco, campamento vikingo e funeral.
 
A quinta edición da Festa Normanda de Foz celebrarse os días 28, 29 e 30 de agosto con numerosas novidades, máis xogos para nenos, representacións teatrais, música e recreacións da vida normanda a través dun campamento e dun funeral, sen faltar o tradicional desembarco, punto álxido da celebración, o sábado 29.
Mercedes González Alonso, concelleira de Xuventude en Foz e membro da comisión organizadora da festa, avanzou algúns detalles da cita, que terá o programa totalmente detallado en breve. “La elección de la fecha viene dada por la marea,  puesto que necesitamos que en el momento del acto principal de la fiesta, que es el desembarco, tengamos un calado suficiente para que las naves puedan llegar hasta la playa. Así que, en base a la pleamar, a la marea llena, ponemos...
leer más
Etiquetas:
14/08/2015
No Cenima de Foz pódese ver unha exposición colectiva de cerámica contemporánea ata o 15 de setembro. A mostra abriu as súas portas a mediados do pasado mes de agosto.
 
Este domingo, día 16, ás 12 do mediodía na sala de exposicións do Cenima de Foz será inaugurada unha mostra colectiva de cerámica contemporánea titulada Ceramic Suite, que estará aberta ao público ata o día 15 de setembro.
O horario de visitas da sala é de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas de luns a sábado.
 
Etiquetas:
13/08/2015
Máis de 200 marcas estarán presentes la III Feira Multisectorial de Foz e da Mariña, que se celebrará do 20 ao 23 de agosto na explanada portuaria focense.
 
A III Feira Multisectorial de Foz celebrarase do 20 ao 23 de agosto na explanada portuaria, segundo anunciaron o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; o presidente de ACIA-CCA, José Carlos Paleo, e o responsable de Conoce Ferias, Ángel Rojo. O evento ten previsto reunir a máis de 200 marcas nunha superficie maior que noutras edicións, xa que este ano alcanza os 9.000 metros cadrados. 
O rexedor explicou que “o próximo xoves ás 12 da mañá iniciarase a actividade na propia feira e teremos a inauguración oficial, na que terán presenza representantes do Concello, da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, é dicir as administracións que colaboramos. Para o pobo é un evento importantísimo de fomento do comercio nun momento moi importante, de moita presenza e actividade no...
leer más
Etiquetas:
12/08/2015
A 3ª Feira de Gando de Cangas de Foz celebrarase este domingo, 16 de agosto. Haberá unha carpa para degustar polbo á feira e churrasco.
 
O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, presentou a 3ª edición da Feira de Gando de Cangas, que terá lugar o vindeiro domingo 16 de agosto na área recreativa dos Castros dende as 10 horas. No recinto feiral instalarase unha carpa para degustar polbo á feira e churrasco e, durante a mañá, os asistentes poderán participar en paseos gratuítos en cabalos, así como unha animación musical a cargo dunha discoteca móbil. Haberá até 4 premios, por categorías, para andadura chapeda cruzados, andadura de trotóns, andadura serrada cruzados e carreira de burros. 
Javier Castiñeira destacou que a Feira de Gando de Cangas “é unha alternativa máis para o próximo fin de semana, vinculada ao mundo rural e agrogandeiro. Haberá feira e exposición de maquinaria, ademais dos...
leer más
Etiquetas:
10/08/2015
Os sendeiros de Foz realizarán unha marcha nocturna pola vila o vindeiro 14 de agosto a partir das dez da noite.
 
A asociación de sendeirismo Os Sendeiros, coa colaboración do Concello de Foz, organiza unha camiñata nocturna o 14 de agosto polas rúas de Foz, o porto e o paseo das praias entre A Rapadoira e Llas. Será a partir das 10 da noite, con saída da praza Conde de Fontao. 
É a 6ª marcha nocturna que organiza este colectivo. Ao acabar, os participantes estarán convidados a unha chocolatada con biscoitos. 
A actividade é voluntaria e non inclúe seguro de accidentes, sendo responsabilidade da persoa os danos que puideran sufrirse na ruta. Os organizadores recomendan levar lanterna ou farol.
Os interesados poden anotarse nos teléfonos 696236020 e 670369017, así como no correo electrónico...
leer más
Etiquetas:
07/08/2015
O XVII Torneo Vila de Foz de Tenis celebrarase do 14 ao 23 de agosto. O prazo de inscrición está aberto ata o día 12.
 
O Torneo Vila de Foz de Tenis está a piques  de iniciar unha nova edición, desta vez a número 17ª, organizada un ano máis polo Club de Tenis de Foz coa colaboración do Concello. Será entre os días 14 e 23 de agosto e o prazo de inscrición para os que desexen participar está aberto ata o día 12. Terá, como noutros anos, dúas modalidades: individual e dobre.
O presidente do Club de Tenis de Foz, Ramón Cajoto, deu algúns detalles sobre o desenvolvemento do torneo: “as inscricións pódense facer no bar Salado, que está enfronte da estación de servizo, ao lado das pistas de tenis, ou ben facer un ingreso nunha conta do Banco Sabadell que ten o Club. Simplemente con dicir que é para a inscrición é suficiente, non é necesario anotar a conta nin moito menos. Tamén poden chamarme a...
leer más