Foz

Etiquetas:
23/09/2015
Foz acollerá o día da bicicleta este sábado, 26 de setembro, cun percorrido pola ruta das praias.
 
O vindeiro sábado, 26 de setembro, Foz celebrará a décima edición do Día da Bicicleta, partindo do Parque Infantil de Tráfico e facendo o percorrido pola ruta das praias, ata chegar á zona de avituallamento que estará sita no parque do río Ouro. Posteriormente realizarase o mesmo percorrido á inversa para chegar ao punto de inicio.
Os interesados en participar poderán anotarse ata o venres 25 na Casa da Xuventude e o sábado poderán facelo desde as 15 ata as 15:45 horas no Parque Infantil de Tráfico. Ás 16 horas será a saída. O percorrido estará controlado pola Policía Local en coche e moto, ademais de Protección Civil.
Haberá premios para o participante máis novo, o máis veterano, o mellor disfrace e a bicicleta mellor engalanada....
leer más
Etiquetas:
22/09/2015
As Escolas Deportivas Municipais de Foz darán comezo o vindeiro 28 de setembro. O prazo de inscrición está aberto.
 
As Escolas Deportivas Municipais de Foz presentan mañá, mércores, ás 18 horas na Casa da Cultura de Foz, coa presenza do alcalde, Javier Jorge Castiñeira, as súas actividades para a vindeira temporada, que comeza o vindeiro luns, 28 de setembro. As disciplinas, sete en total, van dirixidas a nenos e nenas nados a partir do 2000 ata o 2012. O prazo de inscrición está aberto.
 
Os nenos nados en 2011 e 2012 tamén teñen unha actividade específica para eles, os Pequexogos, que se desenvolverán na Sala Bahía, de 16:15 a 17:15 horas os mércores e os xoves de 18 horas a 19 horas. Con ela quere facilitarse a relación con outros nenos e a aprendizaxe de valores de xogos, así como a iniciación para a práctica de futuros deportes.
... leer más
Etiquetas:
22/09/2015
Os Sendeiros de Foz realizarán a ruta da Cubela, en Ribas de Sil, o vindeiro 4 de outubro.
 
A asociación de sendeirismo Os Sendeiros de Foz ten previsto desprazarse o próximo 4 de outubro á Ribeira Sacra para facer a ruta da Cubela, no municipio de Ribas do Sil. A saída está prevista ás 7:30 horas dende o Concello de Foz e o prazo para inscribirse na actividade pecha o 2 de outubro. Poderase facer nos teléfonos 696 23 60 20 (Luciano) ou 670 36 90 17 (Morís). Tamén é posible a inscrición no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es 
O prezo é de 15 euros para os socios e de 20 para os non socios. Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A ruta ten unha dificultade media. A actividade non inclúe seguro se accidentes, así que cada participante farase cargo dos danos que poda sufrir. A comida será por conta propia no San...
leer más
Etiquetas:
21/09/2015
O grupo de teatro Pico do Castro, de Foz, actuará este venres, 25 de setembro, na Casa da Cultura focense.
 
O grupo de teatro O Pico do Castro, de Foz, levará a escena a súa obra O consultorio este venres, 25 de setembro, na Casa da Cultura focense. A cita é as 21 horas e a entrada é gratuíta. 
Esta actividade conta coa colaboración da Delegación de Cultura do Concello de Foz.
 
 
Etiquetas:
17/09/2015
A Pomba do Arco, de Foz, organiza unha nova edición da "Festa da Palabra", que terá lugar do 23 ao 25 de setembro.
 
A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza unha nova edición da “Festa da Palabra”, os días 23, 24 e 25 de setembro na Sala de Exposicións do CENIMA e na que contará coa participación de María Lado, Lucía Aldao, Laura Branco de la Barrera e Xavier Rodríguez Baixeras.
A programación prevista é a seguinte:
- O mércores, 23 de setembro, ás 20:30 na Sala de Exposicións do CENIMA arranca a actividade co espectáculo literario, musical e humorístico “Aldaolado”, a cargo de María Lado e Lucia Aldao.
- O xoves, 24 de  setembro, ás 20:30 na Sala de Exposicións do CENIMA a quenda  corresponderalle á  poeta focega Laura Branco de la Barrera, autora do poemario “Doenças dum espelho”.
... leer más
Etiquetas:
14/09/2015
O ciclo Cinema no Cenima de Foz volve este xoves, día 17, coa proxección da película "O ouro do tempo".
 
O ciclo Cinema no Cenima de Foz volve este xoves, 17 de setembro, ás 20:30 horas coa proxección da película O ouro do tempo (The value of time), de Xabier Bermúdez. O filme reúne a actores como Ernesto Chao, Nerea Barros, Manuel Cortés ou Marta Larralde. 
A apertura da taquilla efectuarase ás 20 horas e o prezo da entrada será de 3 euros. A proxección forma parte do programa Cinemas de Galicia, do Agadic. 
 
Etiquetas:
07/09/2015
Os Sendeiros de Foz organizan o 19 de setembro o noveno encontro "Río Ouro e Praias de Foz". A inscrición está aberta.

 

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 19 de setembro o seu noveno encontro de sendeirismo “Río Ouro e Praias de Foz”. O punto de encontro será a Praza de Conde de Fontao e a inscrición debe facerse antes do día 11 nos teléfonos 696 236 020 (Luciano) ou 670 369 017 (Morís) ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo por participante é de 2 euros. A organización informa que “non se inclúen seguros de accidente, sendo responsabilidade de cada un os danos que poidan sufrir”.

Etiquetas:
21/08/2015
Ata o domingo, 23 de agosto, está aberta na explanada portuaria de Foz a III Feira de Mostras Multisectorial. 80 expositores e 200 marcas se dan cita no evento.
 
A Feira de Mostras Multisectorial de Foz e da Mariña abriu onte as súas portas na explanada portuaria coa presenza de representantes políticos, que saudaron unha iniciativa que reunirá ata o próximo domingo a 80 expositores e 200 marcas. 
O alcalde de Foz, o popular Javier Castiñeira, gabou un evento que contribúe a completar a oferta de verán en Foz e inclúe actividades e sectores moi diversos: “é unha feira importante, unha feira do sector comercial, que engloba moitísimas actividades, dende o automóbil ao ocio ou a propia hostalaría, a artesanía… Como todos estes últimos anos a Feira Multisectorial vai ser unha referencia. Ademais, como ben podedes ver en Foz esta fin de semana compatibilizamos varios eventos como a Feira do Libro, que vén de ser inaugurada e sábado e...
leer más
Etiquetas:
17/08/2015
Exposición de fotos de Os Sendeiros de Foz no Cenima. Estará aberta ata o 31 de agosto.

Dende hoxe, día 17, ata o 31 de agosto estará aberta no Cenima de Foz a mostra "11 anos camiñando xuntos, 2004-2014", da asociación Os Sendeiros. Na mesma poderanse contemplar imaxes dos roteiros que organizou o colectivo en pouco máis dunha década.

Etiquetas:
16/08/2015
Os sendeiros de Foz rematan as súas rutas de verán o 22 de agosto cun percorrido polo municipio.
 
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza para o próximo sábado, 22 de agosto, o último dos seus “andareiros de verán”, que discorrerá polo entorno do municipio e acabará cunha pequena comida para celebrar a fin do verán. 
A cita é ás nove da mañá e o punto de encontro será a Casa do Concello e os participantes deberán pagar unha tarifa de 5 euros. Recoméndase levar equipo de sendeirismo, auga e algo de picar para o camiño. A dificultade da ruta é media. 
A actividade é voluntaria e non inclúe seguro de accidentes, polo que cada quen é responsable dos danos que puidera sufrir na ruta.
A inscrición é obrigatoria nos teléfonos 696236020 e 670369017 ou no correo electrónico...
leer más