Foz

Etiquetas:
14/08/2015
A 30ª Feira do Libro de Foz celebrarase do 20 ao 23 de agosto na praza Conde de Fontao. O horario de apertura será de 17:30 a 22 horas.
 
A Feira do Libro de Foz, a máis antiga da Mariña e unha das máis veteranas de Galicia, chega este ano á súa 30ª edición cun programa que se desenvolverá entre o 20 e o 23 de agosto na praza Conde de Fontao, o seu escenario habitual. Os horarios de apertura serán entre as 17:30 e as 22 horas, polas tardes. O pregón do escritor Diego Ameixeiras daralle inicio o día 20, abrindo un programa de actos que inclúe unha extensa actividade para os máis pequenos.
“Haberá sete casetas, contando tamén coa participación das librarías locais. Durante os catro días que vai durar a feira teremos en Foz escritores como Mónica Justo, Roberto Martínez, Uxío Diéguez, Paco Rivas ou  José de Cora, que presentarán os seus últimos libros ou dialogarán sobre os mesmos”, asegurou Nani Rodríguez,...
leer más
Etiquetas:
14/08/2015
A V Festa Normanda de Foz celebrarase do 28 ao 30 de agosto con xogos, representacións teatrais, o desembarco, campamento vikingo e funeral.
 
A quinta edición da Festa Normanda de Foz celebrarse os días 28, 29 e 30 de agosto con numerosas novidades, máis xogos para nenos, representacións teatrais, música e recreacións da vida normanda a través dun campamento e dun funeral, sen faltar o tradicional desembarco, punto álxido da celebración, o sábado 29.
Mercedes González Alonso, concelleira de Xuventude en Foz e membro da comisión organizadora da festa, avanzou algúns detalles da cita, que terá o programa totalmente detallado en breve. “La elección de la fecha viene dada por la marea,  puesto que necesitamos que en el momento del acto principal de la fiesta, que es el desembarco, tengamos un calado suficiente para que las naves puedan llegar hasta la playa. Así que, en base a la pleamar, a la marea llena, ponemos...
leer más
Etiquetas:
14/08/2015
No Cenima de Foz pódese ver unha exposición colectiva de cerámica contemporánea ata o 15 de setembro. A mostra abriu as súas portas a mediados do pasado mes de agosto.
 
Este domingo, día 16, ás 12 do mediodía na sala de exposicións do Cenima de Foz será inaugurada unha mostra colectiva de cerámica contemporánea titulada Ceramic Suite, que estará aberta ao público ata o día 15 de setembro.
O horario de visitas da sala é de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas de luns a sábado.
 
Etiquetas:
13/08/2015
Máis de 200 marcas estarán presentes la III Feira Multisectorial de Foz e da Mariña, que se celebrará do 20 ao 23 de agosto na explanada portuaria focense.
 
A III Feira Multisectorial de Foz celebrarase do 20 ao 23 de agosto na explanada portuaria, segundo anunciaron o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; o presidente de ACIA-CCA, José Carlos Paleo, e o responsable de Conoce Ferias, Ángel Rojo. O evento ten previsto reunir a máis de 200 marcas nunha superficie maior que noutras edicións, xa que este ano alcanza os 9.000 metros cadrados. 
O rexedor explicou que “o próximo xoves ás 12 da mañá iniciarase a actividade na propia feira e teremos a inauguración oficial, na que terán presenza representantes do Concello, da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, é dicir as administracións que colaboramos. Para o pobo é un evento importantísimo de fomento do comercio nun momento moi importante, de moita presenza e actividade no...
leer más
Etiquetas:
12/08/2015
A 3ª Feira de Gando de Cangas de Foz celebrarase este domingo, 16 de agosto. Haberá unha carpa para degustar polbo á feira e churrasco.
 
O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, presentou a 3ª edición da Feira de Gando de Cangas, que terá lugar o vindeiro domingo 16 de agosto na área recreativa dos Castros dende as 10 horas. No recinto feiral instalarase unha carpa para degustar polbo á feira e churrasco e, durante a mañá, os asistentes poderán participar en paseos gratuítos en cabalos, así como unha animación musical a cargo dunha discoteca móbil. Haberá até 4 premios, por categorías, para andadura chapeda cruzados, andadura de trotóns, andadura serrada cruzados e carreira de burros. 
Javier Castiñeira destacou que a Feira de Gando de Cangas “é unha alternativa máis para o próximo fin de semana, vinculada ao mundo rural e agrogandeiro. Haberá feira e exposición de maquinaria, ademais dos...
leer más
Etiquetas:
10/08/2015
Os sendeiros de Foz realizarán unha marcha nocturna pola vila o vindeiro 14 de agosto a partir das dez da noite.
 
A asociación de sendeirismo Os Sendeiros, coa colaboración do Concello de Foz, organiza unha camiñata nocturna o 14 de agosto polas rúas de Foz, o porto e o paseo das praias entre A Rapadoira e Llas. Será a partir das 10 da noite, con saída da praza Conde de Fontao. 
É a 6ª marcha nocturna que organiza este colectivo. Ao acabar, os participantes estarán convidados a unha chocolatada con biscoitos. 
A actividade é voluntaria e non inclúe seguro de accidentes, sendo responsabilidade da persoa os danos que puideran sufrirse na ruta. Os organizadores recomendan levar lanterna ou farol.
Os interesados poden anotarse nos teléfonos 696236020 e 670369017, así como no correo electrónico...
leer más
Etiquetas:
07/08/2015
O XVII Torneo Vila de Foz de Tenis celebrarase do 14 ao 23 de agosto. O prazo de inscrición está aberto ata o día 12.
 
O Torneo Vila de Foz de Tenis está a piques  de iniciar unha nova edición, desta vez a número 17ª, organizada un ano máis polo Club de Tenis de Foz coa colaboración do Concello. Será entre os días 14 e 23 de agosto e o prazo de inscrición para os que desexen participar está aberto ata o día 12. Terá, como noutros anos, dúas modalidades: individual e dobre.
O presidente do Club de Tenis de Foz, Ramón Cajoto, deu algúns detalles sobre o desenvolvemento do torneo: “as inscricións pódense facer no bar Salado, que está enfronte da estación de servizo, ao lado das pistas de tenis, ou ben facer un ingreso nunha conta do Banco Sabadell que ten o Club. Simplemente con dicir que é para a inscrición é suficiente, non é necesario anotar a conta nin moito menos. Tamén poden chamarme a...
leer más
Etiquetas:
06/08/2015
A VII Carreira Popular de Foz celebrarase o 15 de agosto. O trazado para as categorías absolutas será de 7 quilómetros, un máis que o ano pasado.
 
A Carreira Popular de Foz, que este ano chega á súa 7ª edición, celebrarase o próximo 15 de agosto con algunhas novidades, como un percorrido máis longo -7 quilómetros en total- que aproveita mellor o casco urbano e o control do tempo dixitalizado por microchip.  
A carreira comezará ás 10:30 horas coas categorías infantís, unha para nenos menores de 8 anos, que correrán 150 metros “unha categoría non competitiva, todos levarán un agasallo”, indica Manuel Eiras, representante de Run Foz Run, colectivo organizador do evento xunto ao Concello. 
“Hai outra categoría de benxamín-alevín”, sinala Eiras, “cun circuíto de 800 metros pola zona do porto de Foz. Esta si que é competitiva, con trofeos para os tres primeiros clasificados. Logo...
leer más
Etiquetas:
06/08/2015
O XVII Trofeo de Fútbol Vila de Foz enfrontará ao Rácing Club Villalbés e ao Deportivo B o vindeiro sábado, 8 de agosto.
 
A XVII Edición do trofeo de fútbol Vila de Foz celebrarase este próximo sábado, día 8 de agosto, ás 19 horas no campo Martínez Otero en nel mediranse o Racing Club Villabés e o Deportivo B. Así o anunciou o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, durante a presentación do evento celebrada hoxe, na que estivo acompañado polo presidente do CD Foz, José María García Rivera; e por Conchi Blanco, que é a xerente da empresa patrocinadora do evento: a casa rural e restaurante El Rincón de Anita.
O rexedor municipal comentou que o trofeo Vila de Foz “este ano vano disputar dous equipos ben queridos aquí na Mariña lucense e concretamente en Foz. Un deles é o Racing Club Villabés, da Terra Cha,  e o outro é o filial do Deportivo da Coruña, o Deportivo B. É un cartel interesante...
leer más
Etiquetas:
05/08/2015
Nemesio Rodríguez, exdirector do IES de Foz, será o pregoeiro das festas de San Lourenzo 2015. O acto terá lugar este venres, 7 de agosto, na Casa da Cultura.
 
Nemesio Rodríguez, exdirector do IES de Foz, será o encargado de ler o pregón das festas de San Lourenzo, as patronais de Foz. Así o anunciou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, que destacou a contribución do profesor á historia do instituto focense e á vila. Rodríguez fará lectura do pregón o próximo venres ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Foz. 
 “A comisión de festas Sempre Foz xunto coa Concellería de Cultura decidiu nomear como pregoeiro do San Lourenzo 2015, festas patronais de Foz, a Nemesio Rodríguez, que durante case 35 anos foi director do IES de Foz e neste mesmo ano deixou esa labor de dirección por ver cerca a súa feliz xubilación. Polo tanto no nome de todos os focenses e da comisión de festas Sempre Foz facemos esa pequena homenaxe a unha persoa que...
leer más