Foz

Etiquetas:
15/05/2015
Os días 25 e 28 de maio impartiranse os primeiros cursos na Mariña lucense da Escola de Turismo Itinerante do Centro Superior de Hostelería de Galicia.
 
Os días 25 e 28 de maio terán lugar no Cenima, en Foz, os cursos de atención ao cliente en hostalería e atención ao cliente con discapacidade, que impartirá a Escola de Turismo Itinerante do Centro Superior de Hostelería de Galicia para os restaurantes e bares da Mariña.
O curso de  atención ao cliente con discapacidade está destinado a persoal en contacto cos clientes e xerentes de establecementos hostaleiros. Estudaranse tipoloxías de discapacidades, consecuencias e pautas de atención a clientes con necesidades especiais no entorno dos negocios  hostaleiros. Este curso celebrarase o 25 de maio en horario de tarde de 16 a 20 horas. 
Pola súa banda o curso de atención ao cliente en hostalería está destinado a persoal de...
leer más
13/05/2015
A Biblioteca Municipal de Foz acollerá este venres, 15 de maio, un espectáculo de contacontos a cargo da actriz Raquel Queizás.
 
Dentro da Programación das Letras, a biblioteca pública municipal de Foz acollerá este venres, día 15, ás seis da tarde un espectáculo de contacontos con obxectos e monicreques para nenas e nenos a partir de 3 anos de idade. A actuación, titulada A maleta da avoa, correrá a cargo de Raquel Queizás.
A actriz Raquel Queizás, que ten unha frutífera e longa traxectoria profesional, cursou estudos de Artes Escénicas (interpretación, clown, improvisación, expresión corporal,  bufón, danza, teatro, mimo, voz e canto, acrobacia,  manipulación e fabricación de monicreques, etcétera.) en diferentes centros ou encontros de formación. É cofundadora e integrante da compañía Teatro da Semente. Forma parte do elenco das compañías Os Monicreques de Kukas e A Xanela do Maxín. Participou...
leer más
Etiquetas:
13/05/2015
Foz acollerá este xoves, 14 de maio, unha nova proxección de Cinema no Cenima e o 15 de maio comeza o 3º Festival de Voces Xóvenes A Capela.
 
Dentro da programación cultural organizada polo Concello, Foz acollerá mañá, xoves, unha nova proxección do ciclo Cinema no Cenima e o venres comeza a terceira edición do Festival de Voces Xóvenes A Capela.
O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, explicou hoxe que “mañá, xoves, día 14, haberá Cinema no Cenima ás oito e media da tarde coa película Os fenómenos. O despacho das entradas estará aberto a partir das oito e o prezo será de 3 euros”.
Ánxel Paleo engadiu que “o venres, día 15, dará comezo na Sala Bahía o terceiro Festival de Voces Xóvenes A Capela, que cada ano intentamos realizalo con novos grupos e coros e nesta ocasión contaremos con cinco concertos, todos eles na Sala Bahía a partir das 8 e media da tarde e con...
leer más
Etiquetas:
07/05/2015
Este sábado, 9 de maio, haberá en Foz teatro musical para @s pícar@s, que gozarán de "A nena e o grilo no país das apertas". Será na Sala Bahía pola tarde.

 

O concelleiro de Cultura de Foz, Ánxel Paleo, anunciou que “este sábado a partir das 6 e media da tarde na Sala Bahía teremos teatro infantil coa compañía A nena e o grilo representando a obra musical titulada A nena e o grilo no país das apertas”.

Etiquetas:
07/05/2015
En Foz celébrase a primeira edición do ciclo de teatro de primavera nas parroquias, que inclúe dúas representacións este domingo, día 10, en Cordido e San Acisclo.
 
O Concello de Foz organiza a primeira edición do Ciclo de Teatro de Primavera nas parroquias, que inclúe dúas representacións para este domingo, día 10 en Cordido e San Acisclo. E este sábado, día 9, haberá un musical para o público infantil na Sala Bahía.
O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, explicou que “o pasado xoves, día 30 de abril, deu comezo o primeiro Ciclo de Teatro de Primavera nas parroquias, que empezou na antiga escola de Marzán onde actuou a compañía A Adala, de Fazouro. Terá continuidade durante todo este mes de maio no resto das parroquias do concello. Este domingo, día 10, haberá dúas representacións: unha en Cordido, no centro cívico a partir das 18.30 horas coa compañía Pico do Castro; e en San Acisclo á mesma hora, nunha carpa instalada na...
leer más
Etiquetas:
07/05/2015
A Festa do Bígaro celebrarase en Foz os días 16 e 17 de maio. Esta nova cita gastronómica está organizada polo Centro Comercial Aberto.
 
O Centro Comercial Aberto de Foz organiza a Festa do Bígaro, na que participarán vinte locais hostaleiros os días 16 e 17 de maio. 
Bares, mesóns e restaurantes servirán durante esas xornadas tapas e racións deste produto típico do Cantábrico. Os locais que participan nesta nova cita gastronómica son: A Bolera, As Torres, Tangarte Mariñeiro, Tangarte Mesón, Asoalta, Anduriña, A Funcional, O Muelle, Dandy, O Chícaro, Acuario, A Rula, Bar 78, O Lar, O Sera, As Brasas, Casa Damián, Pizzería Xoiña e Leytón. 
O Centro Comercial Aberto quere animar deste xeito á xente a achegarse a Foz a disfrutar destas xornadas gastronómicas destinadas a promocionar o bígaro, “un produto moi habitual na zona”. 
O...
leer más
Etiquetas:
29/04/2015
Os Sendeiros de Foz organiza unha saída ao “Encontro As Mariñas”, que se celebrará na Coruña o 17 de maio.
 
A hora de partida desde as inmediacións do Concello será ás 8 da mañá. Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo. O prezo da da viaxe, comida incluída, é de 15 euros. 
Os interesados en acudir poden inscribirse en ossendeiros@yahoo.es ata o 12 de maio ou nos teléfonos 670 369 017 – 696 236 020
 
Etiquetas:
28/04/2015
Este mércores, 29 de abril, preséntase na Librería Bahía, de Foz, o libro "Ás voltas coa diversidade cultural".
 
Este mércores, 29 de abril, ás oito e media da tarde, preséntase na Librería Bahía, de Foz, o libro “Ás voltas coa diversidade cultural”, tradución ao galego das conferencias do antropólogo Claude Levi-Strauss para a UNESCO, publicado por Edicións da Curuxa.
Participarán no acto o editor do libro e profesor da Universidade de Santiago de Compostela José M. Alvarez Castro e Mónica Pazos, profesora e vicepresidenta da Mesa pola a Normalización Lingüística.
 
Etiquetas:
28/04/2015
Volve o cinema no Cenima de Foz este xoves, 30 de abril. Tamén haberá proxeccións de películas o 14 de maio e o 18 de xuño.
 
A segunda parte da iniciativa Cinema no Cenima de Foz empeza este xoves, día 30, e continuará o 14 de maio e o 18 de xuño.
O concelleiro de Cultura focense, Ánxel Paleo Soto, explicou que “no Concello de Foz seguimos este trimestre co Cinema no Cenima, coa proxección de tres novas películas: a primeira será este xoves, 30 de abril, e titúlase 10.000 quilómetros, un filme que foi un dos máis votados cando se puxo a lista de películas na páxina web do Concello e é un drama que conta a historia dunha parella que fai plans para ter un fillo pero por cuestións dunha beca vense separados, un en Barcelona e o outro en Estados Unidos, e manteñen unha relación á distancia de 10.000 quilómetros durante un ano; este filme obtivo varios premios nacionais e internacionais e foi un dos...
leer más
27/04/2015
Librería Bahía, de Foz, acolle ata o 30 de maio unha exposición da ilustradora Minia Regos.
 
Ata o 30 de maio poderase ver na Librería Bahía, de Foz, a exposición da obra Tac, tac, tac, plof da ilustradora Minia Regos, que hai uns días impartiu un obradoiro nesas instalacións. 
Minia Regos naceu en Pontevedra e cursou Belas Artes na Universidade de Vigo. Ilustrou, ademais do álbum que poderemos ver na Librería Bahía, outros libros de éxito como Casas de Paula Carballeira ou Kafka e a boneca viaxeira de Jordi Serra i Fabra.