Foz

Etiquetas:
07/04/2015
A Sala Bahía, de Foz, acollerá unha representación de teatro infantil este sábado, 11 de abril. Sarabela poñerá en escena "O último dragón".
 
Dentro do ciclo de teatro infantil organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz, a Sala Bahía acollerá unha nova representación este vindeiro sábado, día 11, ás 18.30 horas.
A compañía Sarabela porá en escena a obra titulada O último dragón, dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos de idade. Terá unha duración de 50 minutos e o prezo da entrada é de 2,5 euros, excepto para os menores de 12 anos, que deberán pagar 1,5 euros.
 
06/04/2015
En Foz presentouse a V Copa Deputación de Piragüismo, que se disputará entre o 26 de abril e o 23 de agosto.
 
O vicepresidente e responsable de Benestar e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou este serán en Foz a quinta edición da Copa Deputación de Piragüismo, que un ano máis disputarán os seis conxuntos da provincia e conta co respaldo da Vicepresidencia Primeira do organismo provincial, a través da súa Área de Benestar e Deporte. Acompañaron nesta presentación o Delegado en Lugo da Federación Galega de Piragüismo, Martín Carballo, e representantes dos clubs participantes.
Antonio Veiga explicou que esta quinta copa se disputará “entre os meses de abril e agosto, seguindo o formato de anteriores edicións, polo que cada club se encargará de organizar unha regata”, indicou. A primeira proba celebrarase o 26 de abril nas instalacións do Club Fluvial de Lugo, a segunda...
leer más
Etiquetas:
02/04/2015
Os Sendeiros de Foz viaxarán a Pol o 19 de abril para participar no encontro que organizan nesa localidade.
 
A saída desde as inmediacións do Concello de Foz está prevista para as 8 da mañá. O prezo da ruta, con xantar incluído, será de 20 euros. Os interesados en acudir poden anotarse ata o 10 de abril nos teléfonos 670 369 017 ou 696 236 020 e tamén na seguinte dirección de correo electrónico: ossendeiros@yahoo.es
Os Sendeiros de Foz recomendan leval equipo de sendeirismo e explican que a dificultade da ruta por Pol é media. 
 
26/03/2015
A XII Ruta das Tapas de Foz terá lugar do 2 ao 4 de abril en dezaoito locais hostaleiros.
 
Foz celebrará a décimo segunda edición da Ruta das Tapas os días 2, 3 e 4 abril. Dezaoito locais hostaleiros ofrecerán durante esas xornadas as súas creacións. Os que se acheguen a Foz eses días poderán saborear as tapas de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas, segundo explican desde ACIA/CCA Foz. 
O prezo das tapas será de 1,5 euros. A directiva de ACIA/CCA Foz, que presentou o evento nas últimas horas, anima a achegarse á localidade da Semana Santa “para disfrutar desta cita coas tapas que atoparán nos bares, mesóns e restaurantes, e para visitar o noso patrimonio histórico e a nosa riqueza paisaxística”.
A continuación achegamos o listados dos locais participantes e as súas tapas:
A Funcional:...
leer más
23/03/2015
A oficina de turismo de Foz amplía o seu horario na Semana Santa. E haberá visitas guiadas á basílica de San Martiño.
 
O Concello de Foz amplía o horario de apertura da oficina municipal de turismo, que está situada no edificio do Cenima,  durante a Semana Santa, concretamente do 30 deste mes de marzo ao 4 de abril, e haberá visitas guiadas á basílica de San Martiño.
A concelleira de Turismo, Maite López Rego, explicou hoxe que “como todos os anos por estas datas, dende a Concellería de Turismo queremos achegar aos nosos veciños e visitantes o horario da oficina de turismo dende o 30 de marzo ata o 4 abril. Durante eses días ampliamos o horario, que será polas mañás de 10 a 14 horas e polas tardes de 17 a 20 horas. Habitualmente está aberta só en horario de mañá”.
Maite López engadiu que “durante este último ano dende o Concello fixemos un esforzo...
leer más
Etiquetas:
23/03/2015
O xoves, 26 de marzo, preséntase na Librería Bahía, en Foz, o libro de Ramón Reimunde "O tesouro do monte".
 
Este xoves, 26 de marzo, ás oito e media da tarde, preséntase na Librería Bahía, en Foz,  o libro de Ramón Reimunde "O tesouro do monte". 
No acto, xunto co autor, intervirá o profesor Bernardo Penabade. Dí Bernardo Penabade na contraportada do libro:
“A un porto galego da costa cantábrica chegan a diario enormes trailers que depositan nas áreas de carga auténticas montañas de madeira procedente daquela mesma comarca. Son toneladas de troncos harmónicamente pelados e cortados a dous metros e medio. Todos estes toros das árbores foran fonte de vida para millares de familias silvicultoras, para empresas dedicadas á corta ou ao transporte, e serán materia prima para a industria ou para o comercio nacional e internacional da pasta de...
leer más
Etiquetas:
20/03/2015
A XII Semana de Música Xosé Alonso celebrarase na basílica de San Martiño, en Foz, do 28 de marzo ao 5 de abril.
 
O concelleiro de Cultura en Foz, Ánxel Paleo Soto, anuncio que “o día 28 de marzo, sábado, darán comezo os concertos da XII Semana da Música Xosé Alonso na basílica de San Martiño, sendo o pistoletazo de saída dos actos da Semana Santa que organiza a Confraría do Desencravo nesta parroquia. O primeiro concerto correrá a cargo da Coral Polifónica de Foz o sábado 28 ás oito da tarde; o domingo 29 ás 13 horas farao Son de Nós; o mércores 1 de abril ás oito da tarde haberá concerto da coral Aleceia; o Venres Santo o acto das Sete Palabras estará acompañado polo coro parroquial de Foz e Manuel Prada, da Escola de Música de Foz, e a continuación terá lugar o Desencravo e a procesión co acompañamento da Banda de Música de Foz; e para rematar o Domingo de Pascua haberá un concerto do grupo Lucus Esamble. Todos estes...
leer más
Etiquetas:
19/03/2015
Este mes comenzan varios cursos no Centro de Formación Ocupacional de Viveiro. Os asistentes a outros cinco recolleron hoxe os seus diplomas.
 
A delegada territorial, Raquel Arias, visitou hoxe o Centro de Formación Ocupacional de Viveiro e entregou os diplomas dos cursos incluídos no programa de Accións Formativas para Desempregados que se impartiron durante os últimos meses, nos que a Consellería de Traballo e Benestar investiu 283.000 euros.
Arias lembrou que xa está en marcha a programación de 2015, que de momento contempla para este centro tres cursos que comezan este mes: os de operacións de fontanería, calefacción e climatización doméstica; montaxe e reparación de sistemas microinformáticos, e mecanizado por arranque de labra. Tamén está adxudicado o curso de creación e xestión de microempresas, que se impartirá a partir de xullo. 
A programación para o centro de...
leer más
19/03/2015
Os Sendeiros de Foz realizarán dúas rutas polo concello durante a vindeira Semana Santa.
 
As dúas rutas terán lugar os días 3 e 4 de abril (venres e sábado), con saída ás 9 da mañá das inmediacións do Concello e con regreso ás 13:30 horas. A actividade é gratuíta. 
A organización recomenda levar roupa e calzado de sendeirismo. A dificultade das rutas é media. Desde Os Sendeiros sinalan que “esta actividade nos permitirá gozar camiñando pola contorna de Foz neses días de vacacións”. 
 
Etiquetas:
18/03/2015
Foz acollerá a IV Copa Deputación de Fútbol Base nas categorías xuvenil e cadete. Será os días 31 de marzo e 1 e 2 de abril.
 
O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou esta mañá en Monforte, xunto á concelleira Pilar López e a representantes do Calasancio, E.F. Monforte e Sarria C.F. a IV Copa Deputación de Fútbol Base, que se disputará do 31 de marzo ao 5 de abril, coincidindo, como ven sendo habitual nas anteriores edicións, coa Semana Santa. 
A competición comezará os días 31 de marzo e 1 e 2 de abril en Foz, no Campo Municipal, onde competirán as categorías xuvenil e cadete; continuará o 3 de abril en Monforte, nos campos Luís Bodegas e Escolapios, onde xogarán alevíns, benxamíns e prebenxamíns; para rematar os días 5 e 6 de abril en Sarria, no campo da Ribela, onde se disputarán os encontros da...
leer más