Foz

Etiquetas:
06/06/2018

A asociación cultual A Pomba do Arco organiza o mércores, 13 de xuño, ás 20:30 horas no salón de actos do Cenima, unha palestra sobre as formacións xeolóxicas da Mariña que correrá a cargo do xeólogo Xoán Ramón Vidal Romaní.

O conferenciante é un dos grandes coñecedores dos estudos xeolóxicos en Galicia e con diversos traballos sobre a realidade xeolóxica da comarca da Mariña. Destacan, entre os seus traballos recentes, as súas investigacións sobre  a formación da Praia das Catedrais, e é autor de diversos estudos encargados pola Xunta de Galicia para analizar a situación do conxunto natural.

Xoán Ramòn Vidal Romaní, profesor emérito de xeoloxía na Universidade da Coruña e membro numerario da Real Academia Galega das Ciencias, fará un repaso pola historia xeolóxica da Mariña, significando aquelas formacións...

leer más
Etiquetas:
06/06/2018

O vindeiro domingo, 10 de xuño, terá lugar a carreira A Mariña Mediolanum 15K entre Burela e Foz. A proba presentouse esta mañá en Burela nas inmediacións do areal do Cabaliño.

A saída será ás 11 da mañá desde as inmediacións do Activity Center, en Burela, e a chegada será na praza Conde Fontao, de Foz. A proba é a segunda do circuíto 15K series Banco Mediolanum. Esa xornada tamén terá lugar unha andaina popular con saída ás 10 da mañá. Desde a organización subliñan que haberá autobuses gratuítos desde o peirao de Foz, tanto antes como despois da devandita proba.

Haberá 3 premios para os primeiros clasificados absolutos nas categorías masculina e feminina. O primeiro será de 200 euros, o segundo de 150 euros e o terceiro de 100 euros. 

No acto de presentación Serafín Martínez, director...

leer más
Etiquetas:
02/06/2018

O Pico da Frouxeira acollerá unha recreación histórica o día 8 deste mes, venres. O acto, que é para todos os públicos con entrada gratuíta, comezará ás 21 horas, pero o público debe estar no lugar con media hora de antelación como mínimo porque o acceso ao escenario da representación pecharase 30 minutos antes do inicio do evento. Titúlase A historia cobra vida na Frouxeira e está organizado polos concellos de Alfoz e Foz.

Ese mesmo día, pero ás 11 e media da mañá, na Frouxeira haberá outra recreación histórica, pero neste caso dirixida aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria dos colexios de Alfoz e Foz.

Os organizadores explican que se trata dun acto dos concellos de Foz e Alfoz para a promoción da Frouxeira, iniciativa que se suma á sinalización dunha ruta e dun miradoiro nese lugar, actuación que conta...

leer más
Etiquetas:
31/05/2018

O Centro Comercial Aberto de Foz colabora cunha campaña solidaria a favor da AECC (Asociación Española de Loita Contra o Cancro) que se desenvolverá do 1 de xuño ao 31 de xullo. Denomínase Colabora dulcemente. As pastelerías Amarena, Anduriña e Xoyma porán á venda galletas solidarias ao prezo de 2 euros co fin de recadar fondos para a delegación local da AECC. 

A campaña foi presentada hoxe por Ángeles Piñeiro, de Xoyma; Ángeles Casas, de Amarena; Moncho Castro, de Anduriña; e Toñita García Fra, presidenta da AECC de Foz. 
Desde o Centro Comercial Aberto de Foz fan unha chamada á solidariedade e á colaboración doce con esta causa “mercando estas ricas galletas en calquera das pastelerías que participan na campaña. Calquera de nós pode precisar da axuda da AECC nalgún momento”. 

 

Etiquetas:
28/05/2018

Os Sendeiros de Foz, en colaboración coa Escola Galega de Alta Montaña, organiza un curso de montañismo estival durante o mes de xuño.

O obxectivo da actividade é iniciar aos participantes no montañismo para chegar a realizar con autonomía e seguridade itinerarios sinxelos por montaña, non balizada, en terreos non nevados. O lugar de celebración será na comarca de Foz, e o sitio e a data poderán variar en función das condicións meteorolóxicas.

O prezo é 70 euros para as persoas federadas e 78€ para as non federadas, debendo aboarse na conta do Banco Sabadell. O aloxamento correrá a cargo de cada un, e a organización recomenda que a manutención sexa coa comida típica de monte e bebida que terá que levar á montaña cada día. Para o transporte os organizadores suxiren compartir coche co fin de facer un uso racional do...

leer más
Etiquetas:
23/05/2018

A Delegación de Cultura do Concello de Foz programa para os vindeiros días actividades de música e teatro.

Mañá, xoves, a compañía Ubú Teatro interpretará a obra Leonardo e os fontaneiros, de María Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. A actuación terá lugar na Sala Bahía ás 11:00 horas con entrada gratuíta e está dirixida a alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria.

Este venres, 25 de maio, dentro das actividades do Festival de Voces Xóvenes actuará o grupo vocal Entrelas de A Coruña. Terá lugar na igrexa parroquial de Foz ás 20:30 horas. A entrada é gratuíta.

E o sábado 2 de xuño na escola de música focense haberá unha masterclass impartida por Pablo Castaño, saxofonista, arranxista e compositor que exerce a docencia no Conservatorio de Grado Medio de...

leer más
Etiquetas:
23/05/2018

A asociación cultural A Pomba do Arco en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística organiza o sábado, 26 de maio, a partires das 12:00 h enfronte da Casa do Mar de Foz unha xornada lúdica artística dedicada ao público infantil que ten como obxecto divulgar, dar a coñecer  e achegar aos máis novos aos nosos escritores.

O acto, que no caso de choiva se trasladaría as instalacións da propia Casa do Mar, consistirá en colorear por parte dos cativos e das cativas presentes undepregábel onde aparecen rostros de diversos escritores galegos, personaxes da súa obra así como diferentes espazos singulares das súas localidades natais.

O despregábel, elaborado pola Mesa pola Normalización Lingüística baixo o título d´O país das letras. é un poster xigante de 100 x 70 cm realizado polo recoñecido ilustrador galego...

leer más
Etiquetas:
21/05/2018

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o xoves, 24 de maio, ás 20:30 horas, unha charla no Centro Social “A Saíra” de Nois, titulada “A propiedade da terra en Nois”, que correrá a cargo do estudoso local Antonio Sixto.

A palestra de Antonio Sixto, acompañada dunha introdución de Xoán Ramón Fernández Pacios, pretende achegarnos a unha etapa da historia de Nois, concretamente a aquela na que os veciños da localidade se fixeron donos da propiedade da terra.

 

Etiquetas:
15/05/2018

Todo está listo para a cea de conmemoración do 30 aniversario da creación de Acia Foz, que terá lugar mañá, mércores, a partir das 21:30 horas no hotel restaurante Leytón.

Ao acto asistirán a directora xeral de Comercio da Xunta, Sol Vázquez, o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, a responsable da Área de Economía da Deputación de Lugo, Mayra García, o presidente da Mancomunidade de Municipios de Mariña, Alfredo Llano, o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, así como edís dos diferentes partidos con representación no Concello focense. Exercerá como anfitrión o presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, xunto ao resto da directiva da asociación que acaba de renovar por outros catro anos. 

Na cita renderase homenaxe a Suso Fernández...

leer más
Etiquetas:
14/05/2018

Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta por Somiedo ao Pico Cornón. Será o 27 de maio, xunto á asociación Rebollín de Salas, que serán os seus guías. 

A saída será ás 6:30 horas, da Praza de Galicia.

O prezo é 30 euros para os socios federados, 35€ para os socios non federados e 40 euros para os non socios. Inclúese a merenda-cea ao remate e o ingreso debe facerse en conta bancaria. Para participar é obrigatorio anotarse e pode facerse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo límite para inscribirse é o mércores 23 de maio.

A organización informa que o nivel de dificultade da ruta é medio, e recomenda levar equipo de sendeirismo.

Colabora con esta actividade o Concello de Foz....

leer más