Foz

Etiquetas:
19/04/2018

O Club Náutico de Foz organiza este fin de semana, días 21 e 22 de abril, a regata de windsurf 1º Premio Centro Comercial Aberto.

A proba é clasificatoria para o Campionato de España de Windsurf nas modalidades de Fórmula Windsurf, Raceboard e Techno 293, segundo o Regulamento de Regatas a Vela da ISAF 2013-2016 RRV).

As regatas terán lugar durante o sábado e domingo nas augas do golfo do Masma desde as 13:00 ata as 18:00 horas. O campo de regatas estará situado fronte á praia da Rapadoira ou na ría, dependendo das condicións meteorolóxicas. Están inscritos 25 regatistas e entre eles hai olímpicos consagrados.

Colaboran o Concello de Foz e o Centro Comercial Aberto-ACIA Foz.

Etiquetas:
16/04/2018

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 29 de abril unha ruta polo parque de Redes en Asturias.

A saída será ás 6:45 horas do Concello.

O prezo é de 30 euros para os socios federados, 35€ para os socios non federados e 40 euros para os non socios. Está incluído o xantar e o ingreso debe facerse en conta bancaria.

Para participar é obrigatorio anotarse e pode facerse, ata o mércores 25 de abril, nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

Colabora o Concello de Foz.

 

Etiquetas:
16/04/2018

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza do 23 ao 26 de abril a VI edición das Xornadas Sertirmos a Arte. O programa consta de catro conferencias que terán lugar no salón de actos do Cenima de Foz, ás 20:30 horas.

O luns, 23 de abril, Xaime Miranda Méndez falará de Os Vídeoclips no tempo dos vídeoclip.

O martes, 24 de abril, Silvia García abordará o tema da Arte, artesanía e deseño.

O mércores, 25 de abril, Soledad Penalta pronunciará a charla titulada De obxecto a suxeito.

O xoves, 26 de abril, Xiao Berlai e Ernesto González Torterolo presentarán Desconhecido, un proxecto de Berlai: música, poesía e banda deseñada.

 

Etiquetas:
16/04/2018

Este xoves, 19 de abril, terá lugar na Librería Bahía de Foz, unha charla-coloquio titulada "Luto en colores, repensar la muerte para celebrar la vida", e ao mesmo tempo presentarase o conto "La vida de Sira, 9 meses y 40 minutos", baseado nunha historia real.

Esta charla está organizada pola asociación Luto en colores que vai dar unha serie de charlas por Galicia para presentar o seu traballo e visibilizar o tema da morte e o luto, facendo especial fincapé nas mortes máis duras de asumir como poden ser os suicidios ou a morte de pequenos.

Librería Bahía organiza esta actividade ao entender que é un tema moi sensible, central dentro da vida das persoas, sobre todo das que sufriron unha perda especialmente dolorosa, e considera que é moi importante crear espazos nos que se poida falar, compartir e dar saída ás...

leer más
Etiquetas:
13/04/2018

A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza para mañá, sábado, unha función de teatro infantil na Casa da Cultura e outra representación do ciclo Teatro afeccionado nas parroquias, neste caso en Vilaronte.

Mañá ás 18:30 horas na Casa da Cultura de Foz terá lugar unha sesión de monicreques con Eme2 Emoción&arte, que presentará a obra Contacreques. É unha peza de creación propia con textos de Ricardo Combi baseados nos contos clásicos O Ruiseñor, Garavanciño e O Zapateiro e os trasnos. A duración é de 45 minutos e o prezo da entrada, 1,5 euros para o público infantil e 2,5 euros para os adultos.

Tamén mañá, sábado, no local da asociación cultural Os Castros de Vilaronte ás 19:00 horas, dentro do ciclo Teatro afeccionado nas parroquias, o grupo de teatro A Adala, de Fazouro, representará a obra Elixir de...

leer más
Etiquetas:
12/04/2018

Oito locais hostaleiros de Foz, socios do Centro Comercial Aberto, organizan a 2ª Ruta de Viños, que se desenvolverá os xoves, venres e sábados desde o 12 de abril ao 26 de maio. 

Na cita participan de novo: Leyton, Mayros, Xoyma, Dandy, Happy, Express, Anduriña e Xoiña, establecementos situados nas rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña. Cada local ofrecerá unha tapa especial aos clientes os xoves, que venderán a 1,50 euros.  

Para incentivar que a xente acuda a esta 2ª Ruta de Viños os hostaleiros farán seis sorteos en Radio Foz, empregando o sistema de extracción de cartolinas. Cada semana haberá dous premios: 1 vale para cear 5 persoas por valor de 100 euros nun dos restaurantes que participan nesta iniciativa e 3 vales por valor de 20 euros cada un para consumir nas cafeterías Mayros, Express e Anduriña....

leer más
Etiquetas:
11/04/2018

Librería Bahía en Foz organiza a presentación e sesión de contacontos do conto Carlitos, el mago de la mente. Terá lugar este sábado, 14 de abril, ás 12:00 horas.

Estarán presentes a autora, Ana Isabel Fraga, e a ilustradora do libro, Olga María Fraga.
Ana Isabel Fraga, nacida en Asturias en 1974, é coach e educadora de padres e aula, e decidiu utilizar a súa paixón pola escritura para contar historias que axuden tanto a nenos como a adultos, a entenderse mellor.

En Carlitos, el mago de la mente a autora explica como enfrontarse ao medo aos monstruos.

 

Etiquetas:
09/04/2018

O Concello de Foz organiza unha comida gratuíta para os maiores de 60 anos empadroados no municipio. Será o día 21 deste mes, sábado, e o prazo para retirar as tarxetas no centro social empeza mañá, martes.

O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, manifestou hoxe: “desde o Concello de Foz queremos informar a todos os veciños, especialmente a aqueles que teñan máis de 60 anos e estean empadroados no noso concello, que o noso Concello fará a comida dos nosos maiores, como se fixo o ano pasado, cun resultado estupendo e a xente quedou moi contenta. Será o sábado 21 de abril na Sala Bahía a partir das 14:00 horas e o menú será de entremeses variados, carrilleiras con patacas, brazo de xitano, xeado, viño, auga, refrescos, café e chupito. Despois haberá un baile para que poidamos seguir a festa durante toda a tarde”.

... leer más
Etiquetas:
06/04/2018

O Concello de Foz colabora na celebración das segunda edición das Xornadas de Pesca con señuelos que, organizadas pola asociación A Ribeira, terán lugar os días 14 e 15 deste mes. O evento  foi  presentado no peirao focense.

O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anunciou: “estamos no porto de Foz colaborando coa asociación A Ribeira, que organiza as II Xornadas de Pesca con señuelos os próximos 14 e 15 de abril. Son as segundas xornadas e, despois do éxito das primeiras, entendo que a xente xa se preparara e xa fixera a súa reserva, pois son moitos os afeccionados á pesca deportiva nesta zona. É un dos primeiros eventos deste tipo que se fai na Mariña. Está ben organizado e con moita profesionalidade, polo que desde o Concello só nos queda felicitar por esa organización á asociación A Ribeira”.

O rexedor focego...

leer más
Etiquetas:
05/04/2018

A Delegación de Cultura e Educación do Concello de Foz organiza para mañá venres, 6 de abril, unha charla sobre cómo se fai unha previsión do tempo para a Televisión de Galicia. Correrá a cargo da xornalista de O Tempo da TVG Mabel Montes e será no Cenima a partir das 11:15 horas. Ten como destinatarios aos alumnos e alumnas de 1º da ESO dos colexios Martínez Otero, O Pilar e o IES de Foz. Ademais o vindeiro día 13 inaugurarase unha exposición en homenaxe a Pepe de Burón, artesán de Mañente, ás oito da tarde na Casa da Cultura.

O concelleiro de Cultura e Educación en Foz, Ánxel Paleo, anuncia: programamos para este venres, día 6 de abril, unhas charlas informativas sobre como se fai unha previsión do tempo. Están dirixidas aos alumnos de 1º da ESO do colexio Martínez Otero, do colexio do Pilar e do IES de Foz. A duración será de dúas horas...

leer más