Historia

Etiquetas:
20/07/2018

A asociación Nordés Faladora organiza este sábado, 21 de xullo, un roteiro desde Bares ata as Grañas do Sor, guiado por expertos e coñecedores do patrimonio da bisbarra, que achegará aos participantes os puntos máis significativos da arte sacra da zona.

O filólogo Bernardo Penabade, a graduada en Conservación e Restauración Clotilde Lemoine, o Arcipreste do Ortegal e párroco de Santa María de Ortigueira F. Javier Martínez, e o párroco do Concello de Mañón e do Vicedo Cristóbal Rivas, xunto veciñas e veciños, achegaranse, ás dez da mañá, á parroquia de Santa María de Vares. Alí falarán da intervención sobre o retablo do século XV presente na igrexa. Sobre ás 11:30 horas visitarán Santa María de Mañón onde contemplarán exemplos da pintura mural galega dos séculos XV e XVI.

O percorrido rematará cara ás 13:00 horas...

leer más
Etiquetas:
11/03/2018

No salón de plenos do Concello presentáronse esta mañá os folletos turísticos denominados Roteiro pola historia de Ribadeo, e nos que se recollen os debuxos e textos das máis de 30 placas de Sargadelos colocadas en rúas, prazas e lugares de Ribadeo. Están editados en catro idiomas: inglés, francés, español e galego e estarán á venda na Oficina de Turismo ao prezo de 1,50 euros. A primeira tirada é de 1.200 exemplares. No acto participaron o cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez, o arquitecto municipal Carlos Longarela, o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e o alcalde, Fernando Suárez. 

O rexedor dixo que “isto é algo moi importante para reafirmarnos como un pobo que leva aquí moitos séculos, que ten moita historia e que moitas veces o tempo vai pasando e as xeracións que van vindo non saben nada do que outras deixaron atrás....

leer más
Etiquetas:
21/02/2018

As segundas Xornadas de Historia Local Concello de Lourenzá celebraranse os días 2 e 3 de marzo, venres e sábado, no salón de actos municipal. O cartel do evento foi presentado pola alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango.

As xornadas darán comezo o venres 2 ás 19:30 horas coa inauguración a cargo do concelleiro de Cultura e a continuación terá lugar a conferencia titulada Lourenzá, orixe e evolución histórica, a cargo de Vidal Martínez-Sierra López.

O sábado 3 empezarán os actos ás 18:00 horas coa conferencia Lourenzá no Camiño Norte, a cargo de Manuel Díaz Sánchez, estudoso do Camiño de Santiago. Ás 20:00 horas terá lugar unha mesa redonda co título Lourenzá, emigración viva, na que intervirán varios veciños e veciñas do concello que viviron a emigración en diferentes países. Estará...

leer más
Etiquetas:
17/02/2018

A Concellería de Mar organiza unha conferencia sobre a vixilancia na franxa litoral durante o século XVIII, que terá lugar o vindeiro día 23 deste mes.

Esta charla, titulada Os postos de vixilancia na Galicia Cantábrica, Século XVIII, será ofrecida por José María Leal Bóveda e celebrarase no Salón de Conferencias (antiga Biblioteca) ás 18:00 horas.

José María Leal é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Oviedo, doutor en Xeografía pola USC, máster en Xestión do Patrimonio Cultural e membro de numerosos colectivos. Entre as moitas publicacións das que é autor figuran: Hórreos, molinos y fuentes de la tierra de Viveiro, As construcións do ciclo do pan na Mariña de Lugo e O hórreo na Mariña de Lugo. Proposta para a súa catalogación, restauración e posta en valor. O caso de Foz.

 

Etiquetas:
30/07/2017

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza as XXII Xornadas de Historia Local de Foz, que terán lugar do 31 de xullo ao 3 de agosto, na Casa da Cultura Poeta Manuel María ás 20:30 horas.

O programa comezará o luns, 31 de xullo, coa proxección do documental Riquezas lucenses e a conferencia titulada A salgazón e a conserva no Cantábrico galego, que ofrecerá Xosé María Leal Bóveda.

O martes, día 1 de agosto, intervirá Ramón Eiras Fernández con Así falan os focegos. O mércores 2, Xosé Ramón Veiga Alonso abordará o tema Mariñáns nas Cortes do século XIX.

As xornadas rematarán o xoves, día 3 de agosto, coa conferencia que ofrecerá André Pena Graña sobre Os bretóns no norte galego.

 

07/03/2017

O Goberno local exporá na entrada do Concello, durante todo o mes de marzo, un mural no que destacan a contribución que varias mulleres tiveron coa localidade. Trátase do recoñecemento público á traxectoria de varias mulleres que destacaron na cidade tanto a través da súa vida persoal como laboral, así como polas achegas que fixeron e están a facer ao resto da sociedade. 

Esta exposición inaugurase mañá, 8 de marzo, ás 12:00 horas, e permanecerá todo o mes de marzo, no Concello. 

Na mostra figuran mulleres como Emma Valcarce, a primeira alcaldesa da cidade de Mondoñedo entre 1987 e 1995; Ánxeles Vázquez, xornalista e escritora galega; Antonia X.Santos, unha das primeiras fotógrafas galegas e fotógrafa do Carlismo de Mondoñedo; Alicia Tezanos, mestra da primeira escola nacional mixta de párvulos de Mondoñedo; e...

leer más