Mar

Etiquetas:
06/11/2015
O Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal levará a cabo durante o mes de novembro a segunda edición da campaña "Un mar de cultura: os nenos e o mar". Está destinada a escolares de 8 a 15 anos.
 
Neste mes de novembro o Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal, vai levar a cabo no seu ámbito de actuación, a segunda edición da campaña “Un Mar de Cultura: Os Nenos e o Mar”, que se presenta como unha iniciativa de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar entre os escolares, consolidándose como un complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes. 
 
Como na súa primeira edición, “o noso principal obxectivo é achegar a un elevado número de escolares de primaria e secundaria das zonas da Mariña e de Ortegal ao entorno litoral, para que descubran “in situ” a cultura mariñeira, os recursos naturais, as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal e...
leer más
Etiquetas:
13/07/2015
O 20 de xullo chegará a Barreiros "O sabor da aventura está no mar". A actividade está destinada a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
 
Barreiros acollerá a actividade O sabor da aventura está no mar. Será o 20 de xullo ás dez da mañá no pavillón polideportivo. As prazas son limitadas. A inscrición estará aberta ata o 15 de xullo na oficina de turismo da localidade. 
Desde o Concello explican que “esta actividade O sabor da aventura está no mar é unha campaña deseñada pola Consellería do Medio Rural e do Mar, que se centra en transmitir aos nenos e nenas a importancia dos produtos do mar na dieta e o fomento do seu consumo. Trátase dun obradoiro lúdico, que os motive no consumo de produtos do mar, que fomente o seu interese por este produto e polas posibilidades que ofrece”.
A actividade, que está destinada a nenos e nenas de 3 a 12 anos, levarase a cabo o 20 de...
leer más