Marcha

Etiquetas:
18/01/2019

A VI Marcha da Merluza terá lugar en Burela o 3 de febreiro. O evento deportivo, que estará dedicado a Moncho de Cangas, foi presentado nas instalacións de Absa este mediodía. No acto participaron o presidente e o secretario do Club Ciclista Burela, Juan José Martínez e Antonio Barcia, organizadores da proba, así como o presidente e o xerente de Absa, Abelardo Basanta e Miguel Neira, patrocinador principal, e Ramiro Fernández Rey, concelleiro de Deportes.

Fernández Rey comentou que “é unha carreira que chega á súa sexta edición e que este ano ademais dedícanlle a proba a Moncho de Cangas, vicepresidente do Club Ciclista Burela, que era un gran afeccionado ao ciclismo, e que desgraciadamente finou hai unhas semanas”.

O edil subliñou que “como sempre o Concello de Burela, desde a Delegación de Deportes, estamos...

leer más
Etiquetas:
28/10/2017

Mañá, 29 de outubro, vaise celebrar a I Marcha de BTT en Xove, organizada polo Club Ciclista Komando Xoviético de Xove.

Dita marcha é a primeira gran ruta que fai dito clube, de reciente creación, e conta co patrocinio do Concello de Xove e varios locais comerciais da zona.

Agora mesmo conta cunha participación de uns 150 ciclistas inscritos, os cales farán unha ruta por varias parroquias do Concello de Xove. 

Ás 9:30 horas, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, dará a saída a tódolos participantes na Praza do Concello, que farán un percorrido duns 33 Kms, chegando outra vez á Praza do Concello sobre as 14:00 horas.

Unha vez rematada a proba, disfrutarán todos os participantes dunha comida no Pavillón de Deportes de Xove.

A organización...

leer más
Etiquetas:
06/09/2017

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, xunto ao Concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva Rivas, presentaron este mércores a 1ª Marcha Cicloturista deste municipio, que terá lugar este domingo, 10 de setembro. Trátase dunha pioneira cita neste Concello, que agarda consolidarse no calendario da Federación Galega de Ciclismo, ao tempo que promove os recursos naturais e turísticos deste enclave da Mariña. 

Consiste nun percorrido en bicicleta de 79 quilómetros entre as montañas que rodean o Val de Lourenzá. Poden participar todos os interesados a partires dos 15 anos de idade, pois tamén hai unha proba cronometrada no treito final, que é de case 4 quilómetros, con premios para os mellores de cada categoría (júnior, sénior, máster...).

Ata o momento, hai preto de...

leer más
Etiquetas:
25/08/2017

O vindeiro 10 de setembro ás 9:30 hora terá lugar a saída da 1º Marcha Cicloturista Concello de Lourenzá. Trátase dunha marcha ciclista de 79 km que recorrerá as montañas que rodean o Val de Lourenzá. A subida a Lindín, á Cadeira, ao Picato e o tramo final cronometrado dende Tovar e novamente á Cadeira farán as delicias dos amantes deste deporte que día a día ve medrar os seus adeptos na comarca Mariña.

O Clube Ciclista Viveiro e a Concellería de Deportes de Lourenzá, xuntan forzas para sacar adiante esta primeira edición dunha marcha que espera consolidarse no calendario da Federación Galega de Ciclismo.

O prezo é de 10 € para os ciclistas con licenza federativa, e de 26 € para os non federados que inclúe a licenza por un día. Ademais por 5 € mais en calquera dos dous casos, a inscrición inclúe un xantar ao final...

leer más
Etiquetas:
27/01/2016
O 14 de febreiro terá lugar a III Marcha BTT da Merluza que organizan o Concello e o Club Ciclista Burela. Cada inscrito doará un euro, que irá destinado á protectora de animais Bigotes.
 
En Burela presentouse a III Marcha BTT da Merluza, que organizan o Concello e o Club Ciclista Burela. Será o 14 de febreiro con saída ás 9:30 horas desde a praza do Concello e rematará no pavillón de institutos, despois de percorrer 37 quilómetros por distintos camiños do municipio.
O edil de Deportes, Ramiro Fernández Rey, subliñou que “o Concello participa na organización demostrando a implicación deste equipo de goberno coas asociacións e clubs”. O Concello limpará os camiños e porá os medios médicos, que estarán presentes na ruta para asistir aos participantes que o precisen. Policía Local e Protección Civil tamén colaborarán na III Marcha BTT da Merluza.
Absa dona a merluza do pincho que se servirá no xantar ao que acudirán...
leer más