Maxia
A Concellería de Cultura de Burela programa para este sábado, 12 de decembro, a actuación do Mago Rafa co seu novo espectáculo Shukran, que terá lugar na Casa da Cultura ás 20:30 horas.
É unha función para desfrutar en familia co obxectivo de que sexa unha festa, polo que priman a alegría, a diversión e as sorpresas.
Despois de máis de vinte anos percorrendo diferentes escenarios e prazas coas súas actuacións, o equipo do Mago Rafa quere agradecer a enorme felicidade que sinte cada vez que sube ao escenario. Así nace este novo espectáculo, adaptado aos novos tempos, coa paixón, elegancia e profesionalidade que de sempre caracterizan ao Mago Rafa.
As entradas estarán á venda na billeteira do auditorio a partires das 17:30 horas. A actividade conta coa colaboración da Rede de Teatros e...
leer másO Concello de Alfoz organiza a A Maxia da Igualdade a cargo de David Méndez. Será este sábado, 26 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura.
É un espectáculo didáctico no que, a través dunha escenificación máxica versátil e áxil, a maxia convértese nunha ferramenta de fomento da igualdade, ao facilitar o desenvolvemento de factores como a autoestima, a creatividade ou as habilidades sociais, que poden previr determinados comportamentos. Non se trata dunha fórmula máxica senón dunha ferramenta máis de prevención.
A actividade enmárcase na campaña Ler conta moito a través da Rede de Bibliotecas Públicas.
Os Xardíns Noriega Varela de Viveiro acollerán este domingo, 20 de setembro, o espectáculo do Mago Antón Micromaxias, dentro do programa Cultura no Camiño.
Haberá actuacións ás 12:00, ás 13:00, ás 14:00, ás 17:30, ás 18:30, ás 19:30 e ás 20:30 horas. A duración do espectáculo é de 45 minutos.
O Mago Antón emprendeu no 2018 unha nova aventura no magomóbil coa idea de achegar a maxia a todos os concellos de Galicia. O vehículo está deseñado para a presentación de espectáculos de maxia para un máximo de 30 espectadores por función.
A reserva anticipada de entradas pode facerse a través do teléfono do Teatro Pastor Díaz 982 560 162 ou en rbg.cultura@viveiro.es
O 26 de setembro ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz Baobad...
leer másEsta fin de semana remata o 8º Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. O evento chega os días 29 e 30 de novembro a Barreiros (A Yenka), a Viveiro (O Val do Naseiro), a Cervo (O Almacén) e a Ribadeo (O Cabazo).
O Mes da Maxia comezou o pasado 25 de outubro e remata xa o 30 de novembro. No evento participaron 17 establecementos hostaleiros: restaurantes, hoteis e casas de turismo rural de distintos concellos da Mariña Lucense e 4 Magos: Rafa, Teto, Kiko e Pi.
Desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense amósanse satisfeitos do discorrer desta cita, que estivo e está a reunir a moitos amantes da maxia e da boa gastronomía arredor dunha mesa cada fin de semana.
Os locais que acollen o Mes...
leer másEsta fin de semana segue o 8º Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. O evento chega os días 22 e 23 de novembro a Trabada (Mesón Camiño Norte), Foz (O Lar) e Mondoñedo (casa rural A Penela).
O Mes da Maxia comezou o pasado 25 de outubro e rematará o 30 de novembro. No evento participan 17 establecementos hostaleiros: restaurantes, hoteis e casas de turismo rural de distintos concellos da Mariña Lucense e 4 Magos: Rafa, Teto, Kiko e Pi.
A Mancomunidade xunto cos locais participantes que ofrecen unha coidada oferta gastronómica baseada en produto local, galego e de tempada, agardan que o Mes da Maxia sexa un motivo para que os mariñáns saian cear e pasen unha noite completa e agradable, se dean desprazamentos entre...
leer másEsta fin de semana segue o 8º Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. O evento chega os días 15 e 16 de novembro a Riotorto, Foz, O Vicedo e Ribadeo.
O Mes da Maxia comezou o pasado 25 de outubro e rematará o 30 de novembro. No evento participan 17 establecementos hostaleiros: restaurantes, hoteis e casas de turismo rural de distintos concellos da Mariña Lucense e 4 Magos: Rafa, Teto, Kiko e Pi.
A Mancomunidade xunto cos locais participantes que ofrecen unha coidada oferta gastronómica baseada en produto local, galego e de tempada, agardan que o Mes da Maxia sexa un motivo para que os mariñáns saian cear e pasen unha noite completa e agradable, se dean desprazamentos entre concellos e que a xente de fóra da comarca...
leer másO hotel restaurante Vila do Val, de Ferreria do Valadouro, organiza unha cea máxica que se celebrará o vindeiro sábado, 9 de novembro, a partir das 21:30 horas, que contará coa actuación do Mago Teto.
O menú constará dun entrante, denominado Bocado Máxico, e que serán cristais de tomate do Valadouro; o primeiro prato, chamado Variña do Mago, estará composto de roliños de setas con panceta; o segundo prato, Fusión de Trucos, será carrilleiras con mazá; e a sobremesa, chamada O As da Manga, consistirá nun biscoito de castañas. Estes pratos estarán acompañados con viños tinto ou branco, auga mineral, café ou infusión.
Durante a cea actuará o Mago Teto, quen ofrecerá maxia de preto entre prato e prato e un espectáculo final, para un mínimo de vinte persoas, despois de servir os cafés.
O prezo...
leer másEsta fin de semana volve o 8º Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. O evento descansou durante a pasada Ponte de Todos os Santos e os días 8 e 9 de novembro chega a San Cibrao, Ribadeo e O Valadouro.
O Mes da Maxia comezou o pasado 25 de outubro e rematará o 30 de novembro. No evento participan 17 establecementos hostaleiros: restaurantes, hoteis e casas de turismo rural de distintos concellos da Mariña Lucense e 4 Magos: Rafa, Teto, Kiko e Pi.
A Mancomunidade xunto cos locais participantes que ofrecen unha coidada oferta gastronómica baseada en produto local, galego e de tempada, agardan que o Mes da Maxia sexa un motivo para que os mariñáns saian cear e pasen unha noite completa e agradable, se dean desprazamentos...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza a oitava edición do Mes da Maxia que se celebrará do 25 de outubro ao 30 de novembro, a excepción da fin de semana do 1 ao 3 de novembro. O evento, no que participan 17 establecementos hostaleiros coma restaurantes, hoteis e casas de turismo rural de distintos concellos da Mariña Lucense, presentouse hoxe no Cenima en Foz, onde interviñeron o presidente desta entidade, Alfredo Llano; a axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade, Tania Hermida; o Mago Rafa; Lucas Requejo, delegado da Fundación Ecotur; o alcalde de Foz, Fran Cajoto; a xefa territorial de Cultura e Turismo, Mª José Gómez; e o director do Parador de Turismo de Ribadeo, Antonio Graña.
Tania Hemida sinalou que “nesta oitava edición do Mes da Maxia, a Mancomunidade quixo reforzar algúns dos obxectivos cos que foi...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza a oitava edición do Mes da Maxia que se celebrará do 25 de outubro ao 30 de novembro, a excepción da fin de semana do 1 ao 3 de novembro. O evento, no que participan 17 establecementos hostaleiros coma restaurantes, hoteis e casas de turismo rural de distintos concellos da Mariña Lucense, presentouse hoxe na sede da Xunta en Lugo coas intervencións do presidente desta entidade, Alfredo Llano; do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro; da axente de Desenvolvemento Turístico, Tania Hermida; do mago Teto; de Lucas Requejo, delegado da Fundación Ecotur; e de Antonio Graña, director do Parador de Turismo de Ribadeo.
Tania Hemida sinalou que “nesta oitava edición do Mes da Maxia, a Mancomunidade quixo reforzar algúns dos obxectivos cos que foi posto en marcha aló polo 2012 este...
leer más












