Maxia

Etiquetas:
20/10/2015
Vinte restaurantes da comarca participarán do 30 de outubro ao 28 de novembro na cuarta edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña.
 
Do 30 de outubro ao 28 de novembro terá lugar a cuarta edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña lucense en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, da Xunta. Son 20 os restaurantes participantes nesta iniciativa, que ano tras ano colleita máis éxitos e se consolida entre as propostas do outono na comarca. E tres son os magos: Teto, Rafa e Charly, que achegarán os seus trucos a aquelas persoas que acudan a gozar dos menús máxicos preparados polos locais que se suman ao Mes da Maxia. 
O 30 de outubro o Mes da Maxia dará comezo en Casa do Fidalgo, de A Pontenova, e Casa Damián, de Foz. O 31 de outubro haberá menú máxico e actuación en Casa Franco, de Alfoz, e no hotel Vila do Val, en Ferreira do Valadouro.
... leer más
28/05/2015
O Mago Rafa presentará este domingo, 31 de maio, en Barreiros o seu espectáculo "Historias dun ilusionista".
 
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, acollerá este domingo, día 31 de maio, ás sete da tarde unha actuación do Mago Rafa, que presentará o seu novo espectáculo titulado Historias dun ilusionista.
O Mago Rafa é un artista polifacético que no seu espectáculo mestura o humor, a maxia e as diferentes formas de comunicación.
Este acto está incluído no programa Cultura no Camiño 2015, da Xunta de Galicia, e conta coa colaboración da Concellería de Cultura de Barreiros e da Oficina Municipal de Información Xuvenil.
 
Etiquetas:
08/05/2015
Este sábado, 9 de maio, a música e a maxia invadirán o auditorio da Casa da Cultura de Burela. Será co espectáculo Maxicosons.
 
A Concellería de Cultura de Burela, continuando coa súa Programación Cultural de Primavera, presenta este sábado, 9 de maio ás 17:30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura, o espectáculo MaxicoSons. 
MaxicoSons, é unha proposta orixinal en canto á idea de promover a lectura coa presenza dun músico e dun ilusionista e os seus xogos máxicos e musicais. Un espectáculo de maxia con moita música en directo, para o desfrute dos asistentes, composto polo músico Álvaro Muras e o ilusionista Martín Camiña. O espectáculo está dirixido ao público familiar e a entrada ó mesmo será libre.